{"id":4955,"date":"2020-09-14T12:59:00","date_gmt":"2020-09-14T10:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:34","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:34","slug":"volta-o-cole-sen-programacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/14\/volta-o-cole-sen-programacion\/","title":{"rendered":"Volta \u00f3 cole sen programaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiOnHN6o6eXP3xSDyyqHsxlPyaE9MhPCzK0zd_E09t9x8git8QJ9OedZC17AC6XAdXOsLop1J44vnizGhHkopqFkDx9cviwJIdrlLVwWT0E5mu5_rmk0YFJ5Zd5rybyo7hgbLs3jg\/s2048\/IES+de+R+DG.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"438\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiOnHN6o6eXP3xSDyyqHsxlPyaE9MhPCzK0zd_E09t9x8git8QJ9OedZC17AC6XAdXOsLop1J44vnizGhHkopqFkDx9cviwJIdrlLVwWT0E5mu5_rmk0YFJ5Zd5rybyo7hgbLs3jg\/s2048\/IES+de+R+DG.jpg\" width=\"625\" \/><\/a><\/p>\n<p>Volta \u00f3 cole sen programaci\u00f3n<\/p>\n<p>As programaci\u00f3ns son a expresi\u00f3n dun sistema que na actualidade constit\u00fae a base e a estrutura do ensino regulado. Xeneralizando -e deixando para outro momento a discusi\u00f3n educaci\u00f3n \/ ensino, necesaria pola confusi\u00f3n de hai moitos anos entre ambos termos na regulaci\u00f3n e nas cabezas de moita xente- na estrutura educativa funci\u00f3nase en base a papeis onde est\u00e1 escrito que, como e cando facer, a m\u00e1is dos obxectivos (e s\u00f3 esbozado \u2018daquela maneira\u2019 o por que).<\/p>\n<p>A estrutura desas programaci\u00f3ns \u00e9 piramidal, no sentido de que hai definidas unhas normas estatais afinadas autonomicamente e precisadas centro a centro. E non sempre se logra chegar \u00e1 precisi\u00f3n sen contradici\u00f3ns diversas e \/ ou sen perder a l\u00f3xica educativa \/ de ensino polo cami\u00f1o. Ese feito vese agravado nestas datas non s\u00f3 pola incidencia directa da pandemia na organizaci\u00f3n do comezo deste curso, sen\u00f3n porque os obxectivos e organizaci\u00f3n do curso pasado v\u00edronse trastocados asemade pola pandemia. E, para redirixir o curso da historia, tense liberado polas administraci\u00f3ns documentos r\u00e1pidos, moi discutibles, variables dunha a outra comunidade pero sobre todo, dentro da comunidade, no tempo, e m\u00e1is a\u00ednda, tard\u00edos. Os centros vense incapacitados para asumir os cambios por falta de recursos financieiros, materiais e humanos, e por falta de tempo&#8230; De feito, o que motiva que escriba isto non son as noticias xerais que est\u00e1n aparecendo nos medios, sen\u00f3n unha visita que fixen a pasada semana \u00f3 meu antigo instituto, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Al\u00ed puiden comprobar o alivio que supuxo rematar de co\u00f1ecer ese mesmo d\u00eda, mesmo de xeito non oficial (en principio, pola prensa), unha ampliaci\u00f3n dunha semana para o comezo do curso. \u00c9 dicir, dende outro punto de vista, unha semana menos de clases. Ampliaci\u00f3n necesaria non tanto para rematar de adecuar espazos (que tam\u00e9n, a\u00ednda que neste caso en moitos aspectos non se esperou \u00e1 Conseller\u00eda, a\u00ednda a risco de ter que rectificar) como para estruturar distribuci\u00f3ns, horarios, normas&#8230; As horas metidas para a reorganizaci\u00f3n e rereorganizaci\u00f3n de espazos, sinalizaci\u00f3n, adecuaci\u00f3n a usos diferentes, etc, as cousas m\u00e1is visibles, eran evidentes. \u2018Polo centro non vai quedar\u2019 era o pensamento que animaba a direcci\u00f3n e imprim\u00eda a mec\u00e1nica \u00f3 profesorado e persoal non docente&#8230; pero o centro chega onde chega, e se xa antes os espazos estaban ocupados, agora, con necesidade dun c\u00edrculo de 4,5 m2 para cada persoa, alumno ou profesor, a\u00ednda que estean ben quieti\u00f1os, significa unha reduci\u00f3n de espazo substancial, e con ilo a necesidade de novos espazos e aumento de persoal para poder usalos. Bibliotecas que cunha provisionalidade indeterminada pasar\u00e1n a facer de aula despois dunha reorganizaci\u00f3n de mesado, e sen perder a posibilidade de que en parte sigan a cumprir a s\u00faa misi\u00f3n, son unha parte doada das actuaci\u00f3ns. E non, non \u00e9 que non sexan necesarias as bibliotecas&#8230;<\/p>\n<p>Medo, desinformaci\u00f3n, interrogantes, substit\u00faen en toda a rede educativa a a previsi\u00f3n, programaci\u00f3n, preparaci\u00f3n. A xente, nos propios centros, preg\u00fantase que fixeron as instituci\u00f3ns dende maio, cando xa se supo\u00f1\u00eda que o retorno \u00e1s clases \u00eda ter outras premisas diferentes a cursos anteriores. Rectificar, como fixo a Conseller\u00eda xa nalg\u00fan aspecto, \u00e9 de sabios, a\u00ednda que sexa baixo presi\u00f3n. Crear situaci\u00f3ns rectificables de sa\u00edda&#8230; iso, polo contrario, \u00e9 de burros. E que non se nos esqueza: a\u00ednda que pareza que duns m\u00e1is que doutros, a administraci\u00f3n \u00e9 de todos. E cabe preguntarnos se n\u00f3s puxemos e po\u00f1emos a nosa parte, sexa en voto, sexa en presi\u00f3n, sexa en colaboraci\u00f3n, ou no que sexa. Porque nunca \u00e9 tarde para todo, sempre hai algo no que po\u00f1er o gran de area na reconstruci\u00f3n cont\u00ednua da sociedade.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n a 23 de setembro, d\u00faa semanas despois da publicaci\u00f3n inicial: novo protocolo&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Volta \u00f3 cole sen programaci\u00f3n As programaci\u00f3ns son a expresi\u00f3n dun sistema que na actualidade constit\u00fae a base e a estrutura do ensino regulado. Xeneralizando -e deixando para outro momento a discusi\u00f3n educaci\u00f3n \/ ensino, necesaria pola confusi\u00f3n de hai moitos anos entre ambos termos na regulaci\u00f3n e nas cabezas de moita xente- na estrutura [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,18,13,9],"class_list":["post-4955","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-educacion","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4955","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4955"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4955\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4955"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4955"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4955"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}