{"id":4950,"date":"2020-09-22T08:28:00","date_gmt":"2020-09-22T06:28:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:25","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:25","slug":"o-henge-de-roda-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/22\/o-henge-de-roda-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"O HENGE DE A RODA. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O xacemento arqueol\u00f3xico de A Roda situado na parroquia de Santiago de Reinante no Concello de Barreiros, \u00e9 un anel l\u00edtico con certas irregularidades, isto \u00e9, un anel composto de dous c\u00edrculos case conc\u00e9ntricos paredados cunha mestura de pedras grandes (cicl\u00f3peas ou meg\u00e1litos) nos cimentos e outras de tama\u00f1o mediano nos cachos de paramento que quedan. O di\u00e1metro medio do c\u00edrculo interior ven a ser de 34 metros, cun muro perimetral de m\u00e1is menos un metro e medio de ancho, polo que o c\u00edrculo externo acada os 37 metros. O muro formado entre as paredes de ambos c\u00edrculos est\u00e1 recheo con area marela propia da zona e est\u00e1 rodeado dun foxo duns tres e medio metros de ancho, tam\u00e9n recheo de area e pedras diversas.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Este tipo de construci\u00f3ns prehist\u00f3ricas son co\u00f1ecidas polo nome ingl\u00e9s \u201chenge\u201d que significa \u201cc\u00edrculo de pedra\u201d. Cando son monumentos megal\u00edticos formados por menhires (do bret\u00f3n men: pedra hir: alongada) cravados no chan reciben o nome propio de \u201ccr\u00f3mlech\u201d que proven do gal\u00e9s \u201ccrowm\u201d: curvado e \u201clech\u201d: laxe; lousa. Posiblemente o cr\u00f3mlech m\u00e1is famoso sexa Stonehenge, un monumento neol\u00edtico da idade do bronce situado en Wiltshire, Reino Unido, formado por unha sucesi\u00f3n de grandes pedras de secci\u00f3n rectangular chantados no chan e alg\u00fans deles cubertos con pedras (linteis) que conforman unha serie de aberturas en forma de portas abertas de diversa interpretaci\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; O xacemento de A Roda pres\u00e9ntase ante o visitante que o ve por primeira vez, cun aspecto similar a unha escombreira no medio do monte con pedras espalladas por aqu\u00ed e por acol\u00e1 como si algunha vez sufrira as consecuencias dunha explosi\u00f3n de cartuchos de dinamita e non pequena.<br \/>\nTodo este pandemonio de pedras grandes e pequenas, pedrolos e ca\u00f1\u00f3s desordenados, son resultado da desfeita que fixeron as manobras das m\u00e1quinas forestais na s\u00faa labor de deforestaci\u00f3n de eucaliptos e pinos que hab\u00eda na finca de monte cando se vendeu ao Ministerio de Fomento pois entraba na traza da autopista A8. Menos mal que no ano 2006 cando pasaron facendo os desmontes da estrada se deron conta de que al\u00ed hab\u00eda algo m\u00e1is que pedras soltas e revoltas e o propio persoal do Ministerio de Fomento respectou o lugar e desviouse do trazado inicial, e hoxe mant\u00e9n o xacemento perfectamente rozado, ou polo menos as\u00ed o atopamos limpo a mediados de agosto e primeiros de setembro, cando o fomos a visitar de novo; o que nos leva a dicir que realmente non est\u00e1 tan sumamente mal coidado e abandonado como o resto dos xacementos que temos na zona e que dependen dise ente burocr\u00e1tico chamado a Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A n\u00f3s, os veci\u00f1os da comarca, parece ser que non nos queda m\u00e1is remedio que po\u00f1er en valor toda esta riqueza patrimonial que posiblemente sexa o noso mellor motor industrial nos vindeiros anos. Non nos cabe d\u00fabida que hai que po\u00f1er en valor algo dos nove castros do Concello de Ribadeo, m\u00e1is a Punta do Castro de San Miguel de Reinante, o castro de Merille en San Cosme de Barreiros, o castro da Rilleira ou da Maradona en san Xusto de Cabarcos, o castro dos Calix\u00f3ns en Vilamart\u00edn Pequeno, e moitos outros xacementos arqueol\u00f3xicos milenarios que tam\u00e9n pos\u00fae o Concello de Trabada. A\u00ednda que non se poida traballar en todos a vez, pois non haber\u00e1 recursos nin persoal para tanto, polo menos haber\u00e1 que empezar a facer algo en alg\u00fans deles, ao menos rozalos para delimitar as zonas e facerse coa propiedade onde est\u00e1n afincados para que pasen a ser de dominio p\u00fablico e non poidan seguir sendo arruinados pola explotaci\u00f3n forestal. Todos eles ser\u00e1n fonte de riqueza para moitos, moitos anos, pois temos que ter en conta que ademais de estar a beira de magn\u00edficas praias, at\u00f3panse todos eles a apenas un ou dous quil\u00f3metros, monte a trav\u00e9s, do Cami\u00f1o de Santiago.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero hoxe fixar\u00e9monos no xacemento de A Roda de Santiago de Reinante, dunha \u00e9poca m\u00e1is antiga que os asentamentos da Cultura Castrexa. Estamos ante un magn\u00edfico templo-calendario de un valor prehist\u00f3rico e tur\u00edstico incalculable.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Si, A Roda \u00e9 un templo calendario, un recinto cerimonial que nos marca efem\u00e9rides astron\u00f3micas, semellante nas caracter\u00edsticas entre a monumentalidade de Stonehenge (3200\/2300 a.C.) e as do simple c\u00edrculo de Swinside, ambos no Reino Unido. Por que dicimos que \u00e9 un templo calendario sen d\u00fabida algunha? Pois ben. Xunt\u00e1monos de principio dous amigos, Emilio Pi\u00f1eiroa (historiador) e m\u00e1is eu, pois g\u00fastanos demasiado a Nosa Terra e estamos v\u00e9ndoa cada d\u00eda m\u00e1is apedrada pola desidia da Administraci\u00f3n da Xunta, dos Concellos e de todo bicho vivinte que ti\u00f1a que ocuparse obrigatoriamente destes asuntos. Chegados o asentamento e cos nosos co\u00f1ecementos b\u00e1sicos calculamos os puntos equinocciais e solsticiais do c\u00edrculo. Quedamos sorprendidos e encantados de comprobar que a\u00ednda alg\u00fans destes puntos principais que nos \u00edan aparecendo, estaban perfectamente sinalizados por pedras grandes, a\u00ednda despois das enormes desfeitas que fixeron as m\u00e1quinas, e que deixaron pedras de todo tipo, soltas e removidas do seu sitio e tiradas de calquera maneira no chan e redores e que ter\u00e1n que ser devoltas ao seu lugar de orixe alg\u00fan d\u00eda, cando se faga un estudo m\u00e1is profundo e exacto de todo o conxunto que, por suposto, te\u00f1en que facer expertos arque\u00f3logos.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Aos quince d\u00edas volvemos comprobar con maior precisi\u00f3n os nosos c\u00e1lculos, axudados por Antonio Gregorio (f\u00edsico) e por Eugenio Ni\u00f1e (top\u00f3grafo). Antonio cos seus magn\u00edficos co\u00f1ecementos astron\u00f3micos da s\u00faa c\u00e1tedra, f\u00edxonos unha correcci\u00f3n matem\u00e1tica de 8\u00ba 15\u2019 debido a redondez da Terra (\u00e1 latitude), co cal as nosas estimaci\u00f3ns non estaban tan mal para o caso que nos ocupa, a\u00ednda que t\u00ed\u00f1amos unha burrada de error para tirar un foguete a L\u00faa. Logo coa axuda de Eugenio Ni\u00f1e o top\u00f3grafo xa quedamos m\u00e1is conformes coas marcaci\u00f3ns estimadas.<\/p>\n<p>Podemos dicir que o orto do solsticio de ver\u00e1n est\u00e1 a\u00ednda perfectamente marcado desde fai m\u00e1is de tres mil setecentos anos, ou sexa desde antes do ano 1700 a.C. que acreditan de antig\u00fcidade as probas de C14 (carbono 14), cun marxe que incluso se poden remontar a 2000 anos a.C. Ou sexa o xacemento data da transici\u00f3n final do neol\u00edtico-calcol\u00edtico (metalurxia do cobre) e da idade bronce Proto-Atl\u00e1ntico da Galiza (1800-1700\/1200-1100 a.C.) que corresponde coa cultura Arg\u00e1rica, varios s\u00e9culos antes das invasi\u00f3ns celtas.<br \/>\n&nbsp;&nbsp; Para que serv\u00eda este calendario astron\u00f3mico?. Est\u00e1 situado nunha zona elevada, un outeiro estrat\u00e9xico para ver at\u00e9 un horizonte moi lonxe do mar e desde onde se pod\u00edan controlar os campos agr\u00edcolas, e todo aquel que quixera consultar os momentos m\u00e1is propicios para a sementeira pod\u00eda aproximarse ao sitio para consultarlle o gardi\u00e1n ou o adivi\u00f1o\/a do templo que posiblemente nel resid\u00eda.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A xente por tanto, que por esta bisbarra viv\u00eda, era xente moi civilizada, pois unha obra como esta nona fac\u00eda calquera, de feito no continente europeo hai moi pouqui\u00f1os xacementos destas caracter\u00edsticas, pois neces\u00edtase unha proped\u00e9utica, ou ensinanza de saberes e co\u00f1ecementos previos e amplos de astronom\u00eda para realizar tama\u00f1a construci\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A\u00ednda na nosa ignorancia de todo o que pode representar A Roda, pois os xacementos prehist\u00f3ricos son estudados por interpretaci\u00f3ns especulativas sen certezas escritas, como ocorre na Historia, pero ser\u00eda extraordinario que a poboaci\u00f3n aut\u00f3ctona fixera este templo. Por isto, podemos crer que tales co\u00f1ecementos astron\u00f3micos chegaron aqu\u00ed da man dos comerciantes fenicios e gregos que navegaban polo Atl\u00e1ntico en busca de esta\u00f1o e da p\u00farpura. Hab\u00eda minas de esta\u00f1o na Galiza (Casit\u00e9rides, nome que na Grecia Antiga se daba aos centros produtores de esta\u00f1o) e hab\u00eda os caracois mari\u00f1os chamados p\u00farpuras ou mures, stramonita haemastoma, dos que temos moitas mostras nos concheiros dos castros desta bisbarra, particularmente na Punta do Castro de San Miguel de Reinante; os cales case vinte s\u00e9culos m\u00e1is tarde, servir\u00edan para tinguir de p\u00farpura as t\u00fanicas dos emperadores romanos, e a s\u00faa destruci\u00f3n ou roubo representaba para o infractor a pena de morte.<\/p>\n<p>Os fenicios e gregos segundo os datos prehist\u00f3ricos chegaron a estas alturas da Galiza polo ano 1200 a.C. \u00e9poca da Idade do Bronce III e IV (Prehistoria e Arqueolox\u00eda de Galicia, Instituto de Estudos Galegos P. Sarmiento, 1979, Idade do Bronce en Galicia, p.52-53).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero aqu\u00ed temos gran discrepancia coa dataci\u00f3n de A Roda, pois si a proba do carbono 14 indica que data do 2000-1700 a.C. teremos que A Roda \u00e9 un punto clave e referencial para situar a sa\u00edda do Mediterr\u00e1neo dos comerciantes fenicios e gregos uns cincocentos ou oitocentos anos antes do que se pensaba, polo que este xacemento parece ser do final do Calcol\u00edtico, da Idade do Bronce Inicial, data a nivel da Prehistoria europea moi importante, pois \u00e9 un punto dunha idade comprobable e de que as rutas mar\u00edtimas comerciais sa\u00edndo do Mediterr\u00e1neo sub\u00edan polo Oeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica at\u00e9 acadar as Illas Brit\u00e1nicas, igual\u00e1ndose a idade do xacemento de A Roda coa idade do Bronce Europeo, entre o III e I milenio a.C.<br \/>\nOs mari\u00f1os comerciantes, fenicios e gregos, sab\u00edan dos co\u00f1ecementos solares e da situaci\u00f3n das estrelas importantes polas ensinanzas dos sumerios e dos exipcios e eran eles quen espallaban os co\u00f1ecementos polo mundo en que se mov\u00edan desde as cidades estado de Tiro (ao rei Hiram I, H\u00e9rcules de Tiro m\u00f3stralle as primeiras telas tinguidas de p\u00farpura o que o deixa marabillado); de Sid\u00f3n, Biblos e de Ugarit que a trav\u00e9s de Emar e Ebla chegaban as ensinanzas dos mari\u00f1os de Mesopotamia (3000 a.C.).<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Para os pobos agr\u00edcolas e gandeiros todas estas efem\u00e9rides, fases do ano ou cambios de estaci\u00f3n eran esenciais para as rutinas laborais do campo, tanto das sementeiras como das colleitas e cr\u00eda de gando. Os fenicios ensinaron o manexo do arado, a xunguir aos animais para tiro, o sachar os campos con sachos de madeira e pedra, e moitas e diversas ensinanzas tanto para a s\u00faa vida privada como para as crenzas espirituais, e probablemente desde A Roda mirando cara a ese espl\u00e9ndido horizonte de 180\u00ba de mar inmenso, celebraran festas, con fachos na noite, larpeiradas&#8230; pero iso \u00e9 outra parte a contar da nosa pre-historia.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Estamos vivindo situados no medio de magn\u00edficos xacementos arqueol\u00f3xicos que merecen toda a nosa atenci\u00f3n veci\u00f1al pois sen\u00f3n v\u00e1molos perder a pasos axigantados, e non hai dereito que isto ocorra. Necesitamos facerlles falar dos nosos ancestros a todas estas pedras antes de que desaparezan, como fan en calquera naci\u00f3n culta e para iso hai que estudialas a fondo. A Roda \u00e9 un top\u00f3nimo da zona, precisamente por este xacemento, e ningu\u00e9n sab\u00eda o que era at\u00e9 hoxe??? Gustar\u00edame desde aqu\u00ed poder dicir que intentaremos formar unha asociaci\u00f3n veci\u00f1al ou asociarnos as xa existentes, onde se abrangue a membros educados en todas as disciplinas do co\u00f1ecemento necesarios para desenrolar os estudos dos xacementos destes nosos concellos, Ribadeo-Barreiros-Trabada, e calquera persoa que se sinta interesada no tema pode po\u00f1erse en comunicaci\u00f3n con calquera de n\u00f3s. Non cabe d\u00fabida de que necesitaremos a colaboraci\u00f3n de todos e cada un dos partidos pol\u00edticos da Nosa Terra.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikc7WAgOnHl8918tEFG34C6nllCGw7ihEHFwE2TgyQejCveA6Sh55Smj2OSLnR9VndU-pZmtQb7IKzUc8xqYxvqTE1KH1CHP_ikMbIG_UDXDb8KKyf-NDIoJIsIClVGrAzXpcvBA\/s2048\/A+Roda+2008.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"476\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikc7WAgOnHl8918tEFG34C6nllCGw7ihEHFwE2TgyQejCveA6Sh55Smj2OSLnR9VndU-pZmtQb7IKzUc8xqYxvqTE1KH1CHP_ikMbIG_UDXDb8KKyf-NDIoJIsIClVGrAzXpcvBA\/s2048\/A+Roda+2008.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\">Xacemento arqueol\u00f3xico de A RODA no ano 2008, desv\u00edo feito na traza da autopista A8.<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh5vL0vCX1A9mAhP534dNxc23d6CBS2LuwDRL2Fblxc3-Du-EQWWeUmHk-JsTIYpcHICrRYxoMcrvEZjCbYVCxATmehO4bIjWvsMDjDN2ZduTONpNuz7ExSaxSXYQgH318sdLkZaA\/s2048\/A+Roda+2019.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"388\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh5vL0vCX1A9mAhP534dNxc23d6CBS2LuwDRL2Fblxc3-Du-EQWWeUmHk-JsTIYpcHICrRYxoMcrvEZjCbYVCxATmehO4bIjWvsMDjDN2ZduTONpNuz7ExSaxSXYQgH318sdLkZaA\/s2048\/A+Roda+2019.jpg\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\">A Roda ano 2019 \/\/ Foto xentileza de: 60 R\u00c1FAGAS<br \/>\n<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O xacemento arqueol\u00f3xico de A Roda situado na parroquia de Santiago de Reinante no Concello de Barreiros, \u00e9 un anel l\u00edtico con certas irregularidades, isto \u00e9, un anel composto de dous c\u00edrculos case conc\u00e9ntricos paredados cunha mestura de pedras grandes (cicl\u00f3peas ou meg\u00e1litos) nos cimentos e outras de tama\u00f1o mediano nos cachos de paramento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-4950","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4950","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4950"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4950\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4950"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4950"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4950"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}