{"id":4949,"date":"2020-09-22T12:56:00","date_gmt":"2020-09-22T10:56:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:23","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:23","slug":"dende-un-pobo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/22\/dende-un-pobo\/","title":{"rendered":"Dende un pobo"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgVlQ5fGsbxdS35ayBLxpOVJE_cyxaxFHWHUIaDoUjZEA_bne8ip1NhIIyKXao1Z6sFsHE6mCtfOfJP7pfgdHdIe7k-W9dfnpka6Aafil1GzH45_m8ZeucKFlAiwwUrUc1OagblLQ\/s2048\/Nube+sobre+a+vila.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgVlQ5fGsbxdS35ayBLxpOVJE_cyxaxFHWHUIaDoUjZEA_bne8ip1NhIIyKXao1Z6sFsHE6mCtfOfJP7pfgdHdIe7k-W9dfnpka6Aafil1GzH45_m8ZeucKFlAiwwUrUc1OagblLQ\/s2048\/Nube+sobre+a+vila.jpg\" width=\"305\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Nube sobre a vila<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Dende un pobo<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Son de pobo. Si, nese sentido que \u00e1s veces empregan os \u2018de cidade\u2019 de xeito pexorativo (\u2018ese \u00e9 de pobo\u2019). Son de pobo porque nac\u00edn e vivo nun pobo. Pero tam\u00e9n porque son do mundo. Dunha aldea global, onde por moitos habitantes que te\u00f1a, se non nos co\u00f1ecemos \u2018todos\u2019, si temos a oportunidade de co\u00f1ecernos: cousas da tecnolox\u00eda actual.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por iso, non deixan de chamarme a atenci\u00f3n pequenas cousas que manifestan ese comportamento \u2018como de cidade\u2019 (s\u00e9xase\/v\u00edvase ou non nunha vila grande), e que en realidade pon negro sobre branco que as persoas que o te\u00f1en son \u2018de pobo\u2019 nun sentido que non lle agradar\u00eda \u00e1 persoa aplicarse a si mesma.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Lembro unha vez que lle dixen a un desco\u00f1ecido que me increpou porque -segundo el, non estando eu de acordo- estaba a pasar por diante del: \u2018non se preocupe, aqu\u00ed todos nos co\u00f1ecemos\u2019, ofrec\u00e9ndolle o paso. Contestoume \u2018yo no lo conozco a usted de nada\u2019, algo certo, \u00f3 tempo que cerraba a posibilidade dese co\u00f1ecemento. Eu non ti\u00f1a pr\u00e9sa, pasou diante e a cousa quedou a\u00ed. Non creo que lle significara moito o par de minutos que \u2018ganou\u2019. E eu aproveitei para estudar algo do que plasmo aqu\u00ed.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A percepci\u00f3n dos feitos var\u00eda en funci\u00f3n de moitas cousas, claro. Tam\u00e9n neste campo. As\u00ed, xa hai moitos anos, \u00f3 comezar a dar clase en Ribadeo, nunha conversa cun grupo de educandos xurdiu a pregunta de cal era a s\u00faa diferencia cun grupo de cidade, destino anterior meu. Non o pensei moito. Para facer un resume, simplifiquei: \u2018non te\u00f1en que levar botas a\u00ednda que sexa inverno\u2019, lles dixen, en relaci\u00f3n \u00e1 chuvia e os moitos lugares pr\u00f3ximos \u00e1s s\u00faas casas que necesitaban de botas -ou zocas- para ser transitados. Si, xa sei, hai\/hab\u00eda outras diferencias que desembocaban en comportamentos accesorios que quizais poder\u00edan ser m\u00e1is significativos dende a s\u00faa perspectiva. Non dende a mi\u00f1a.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; E existe desco\u00f1ecemento. Desco\u00f1ecemento que me lembra a\u00ednda unha an\u00e9cdota cun grupo de primeiro de ESO rec\u00e9n chegado. Dille un alumno a outro, na primeira fila, de xeito que chegou o meu ouvido: \u2018cres que sabe inform\u00e1tica?\u2019. A resposta foi categ\u00f3rica: \u2018non, non ves que \u00e9 vello?\u2019. Refer\u00edanse a min, o profesor, que daquela rondaba os 50 anos e cando eles naceran xa ti\u00f1a manexado m\u00e1is de media ducia de ordenadores. Natural que esbozara un sorriso para min mesmo. O desco\u00f1ecemento \u00e9 atrevido, e ese \u00e9 o desco\u00f1ecemento que aplican con certa frecuencia xentes \u2018de cidade\u2019 en relaci\u00f3n coa xente \u2018de pobo\u2019.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe tiven que viaxar a unha vila grande, con tempo para fixarme nalg\u00fan detalle. Nuns grandes almac\u00e9ns, a librer\u00eda anunciaba unha secci\u00f3n de ciencias aplicadas.  Achegueime a curiosear s\u00f3 para observar que \u2018F\u00edsica para dummies\u2019 era vici\u00f1o de \u2018Astrof\u00edsica\u2019, pero tam\u00e9n de \u2018C\u00f3mo invertir en fondos de inversi\u00f3n con sentido com\u00fan\u2019 ou \u2018Inteligencia c\u00f3smica\u2019. Coido que na librer\u00eda \u2018do meu pobo\u2019 non pasa nin pasar\u00e1 iso. Os pobos non te\u00f1en por que ofrecer servizos inferiores \u00e1s das cidades&#8230;<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Polas cousas que observo, como as citadas a modo de an\u00e9cdota pero tam\u00e9n moitas outras m\u00e1is sut\u00eds -ou abondo menos-, non me asombro a min mesmo pensando en etiquetarme un chanzo m\u00e1is al\u00f3, por se acaso, como \u2018eu son de aldea\u2019. Se non o fago \u00e9 por respecto \u00e1 xente que sabe vivir nas aldeas. E \u00e9 que para quen non est\u00e1 afeito, a cidade pode ser complicada, pero tam\u00e9n, e m\u00e1is dif\u00edcil, \u00e9 vivir en moitos lugares apartados da nosa xeograf\u00eda.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Agora que o confinamento fai m\u00e1is apetecibles os espazos abertos, ou nas vacaci\u00f3ns, que tam\u00e9n, algo para lembrar&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nube sobre a vila &nbsp; Dende un pobo &nbsp;&nbsp;&nbsp; Son de pobo. Si, nese sentido que \u00e1s veces empregan os \u2018de cidade\u2019 de xeito pexorativo (\u2018ese \u00e9 de pobo\u2019). Son de pobo porque nac\u00edn e vivo nun pobo. Pero tam\u00e9n porque son do mundo. Dunha aldea global, onde por moitos habitantes que te\u00f1a, se non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-4949","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4949","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4949"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4949\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4949"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4949"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4949"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}