{"id":4942,"date":"2020-09-29T08:38:00","date_gmt":"2020-09-29T06:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:13","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:13","slug":"paradoxo-do-gatopardismo-jorge-sampedro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/29\/paradoxo-do-gatopardismo-jorge-sampedro\/","title":{"rendered":"PARADOXO DO GATOPARDISMO. Jorge Sampedro Reim\u00fandez"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgYruZ3zFDha2bfYLfMsjrRDIy4WimzGrE72CM3T5N_EzhVJzG20amFVAWSsK7-AP4yLHkjDULW3PGxDQDIrlxALTdbpKycnQLoBjpL8oktmS66c_aVdLKvVqtlDkTCsEkNABixLQ\/s2048\/Recriminacion_a_fraga_na_usc.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgYruZ3zFDha2bfYLfMsjrRDIy4WimzGrE72CM3T5N_EzhVJzG20amFVAWSsK7-AP4yLHkjDULW3PGxDQDIrlxALTdbpKycnQLoBjpL8oktmS66c_aVdLKvVqtlDkTCsEkNABixLQ\/s2048\/Recriminacion_a_fraga_na_usc.jpg\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Recriminaci\u00f3n a Fraga na USC. Imaxe libre, collida da Galipedia.<br \/>\n<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>PARADOXO DO GATOPARDISMO<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Sempre mantiven que o Partido Popular, antes Alianza Popular, ter\u00eda que terse chamado Partido Franquista esencialmente por ser un partido pol\u00edtico fundado, \u00e1 morte de &#8216;a carnada&#8217;, por sete dos seus ministros, ministros que estamparon as s\u00faas firmas, \u00e1 beira da del, en arbitrarias sentenzas de morte; pero tam\u00e9n por raz\u00f3n de que o seu caladeiro de votos atop\u00e1base entre os mill\u00f3ns de espa\u00f1ois que ti\u00f1an colaborado, defendido e sustentado unha ditadura que nos provocou unha enorme brecha socioecon\u00f3mica en relaci\u00f3n aos pa\u00edses da nosa contorna. Brecha que, corenta e cinco anos logo da s\u00faa morte, a\u00ednda non superamos.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Cando por fin a palmou &#8216;o enxendro&#8217;, f\u00edxoo convencido de que &#8216;todo quedaba atado e ben atado&#8217;, e non era unha elucubraci\u00f3n dun vello chocho, nin moito menos, era unha convicci\u00f3n baseada en irrefutables feitos. Toda a oligarqu\u00eda franquista xa ocupaba e seguir\u00eda ocupando as m\u00e1is altas responsabilidades empresariais (s\u00e9gueno facendo a d\u00eda de hoxe). O sistema financeiro quedaba en mans dos seus fieis colaboradores, alg\u00fan dos cales, os March e os Barri\u00e9 (branqueados agora con altru\u00edstas fundaci\u00f3ns), foran os financiadores do seu sanguento golpe de estado. Os membros do Poder Xudicial franquista pasaban en bloque a presidir os Tribunais Superiores, a Asemblea Nacional, o Constitucional, os xulgados de Primeira Instancia e todas as Fiscal\u00edas. Os medios de comunicaci\u00f3n (radio e televisi\u00f3n), quedaban en mans de entusiastas falanxistas, e a prensa escrita: ABC, El Alc\u00e1zar, YA, La Vanguardia Espa\u00f1ola, etc&#8230; presidida e controlada polos encargados de redactar os discursos franquistas, os fervorosos panex\u00edricos e ao final as sentidas necrol\u00f3xicas. O ex\u00e9rcito quedaba baixo o mando dos seus fascistas xerais e as forzas da orde p\u00fablica mandadas e constitu\u00eddas por aqueles que, a porrazos ou a tiros, persegu\u00edan aos demandantes de liberdades aos que, unha vez detidos, torturaban nas s\u00faas comisar\u00edas na procura de perigosos dem\u00f3cratas, sendo recompensados, por semellantes &#8216;faza\u00f1as&#8217;, con pensionadas medallas. Para rematar, a Igrexa Cat\u00f3lica, apaixoada colaboradora do xenocidio, segu\u00eda trasladando, desde os p\u00falpitos das s\u00faas cristi\u00e1s igrexas, as s\u00faas reaccionarias e rencorosas proclamas que lles reportaban, iso si, xugosos concordatos. O odio que aquel golpe de estado inoculou na metade dos espa\u00f1ois (moi ben reflectido no libro &#8216;Uno de tantos. Cinco a\u00f1os a la sombra&#8217; -autobiograf\u00eda que reflicte o calvario polo que os fascistas ribadenses, alg\u00fans convertidos en asasinos, fixeron pasar a D. Gregorio Sanz-) non acabou, desgraciadamente, coa morte de &#8216;a sabandixa&#8217;. Hoxe, a pesar do perd\u00f3n das v\u00edtimas \u00f3s seus verdugos, os herdeiros daqueles fascistas, que gobernan, lexislan, xulgan e forman opini\u00f3n, seguen sementando o mesmo odio que os seus referentes sementaron naquelas terribles datas. Hoxe este partido, que fixo sobrados m\u00e9ritos para estar ilegalizado, segue neg\u00e1ndolles aos descendientes das v\u00edtimas, o dereito que te\u00f1en a recuperar os seus restos. Hoxe o mal chamado Partido Popular segue sen condenar de facto o golpe de estado e a t\u00e9trica ditadura franquista (simularon facelo o 20\/11\/2002). Hoxe este partido, corrupto ata as cachas, segue negando a lexitimidade dun goberno elixido pola maior\u00eda da C\u00e1mara. Hoxe esta carcundia, que se acubilla baixo as \u00e1s da carro\u00f1era gaivota, segue utilizando pol\u00edticamente os crimes de ETA, o atentado de Atocha, as armas de destruci\u00f3n masiva, os problemas territoriais&#8230; ata a terrible pandemia que nos asola. Non te\u00f1en escr\u00fapulos, non te\u00f1en amor, non ten compaix\u00f3n, non te\u00f1en vergo\u00f1a. Seguen corro\u00eddos polo odio. Nunca perdoaron aos que perderon a s\u00faa facenda, a s\u00faa familia, a s\u00faa vida, loitando contra o fascismo. Nunca perdoaron aos que abogaban por elixir democr\u00e1ticamente a m\u00e1is alta representaci\u00f3n do Estado. Nunca perdoaron aos que perderon a guerra intentando ga\u00f1ar a liberdade. Si a facci\u00f3n m\u00e1is dura desta dereita chegase ao poder volver\u00edan, sen dubidalo, a levarnos a aqueles terribles anos de purgas, de medo, de terror, de c\u00e1rcere.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A tan mod\u00e9lica e cacareada transici\u00f3n espa\u00f1ola (o paso da ditadura \u00e1 democracia) cuxo m\u00e1ximo exponente produciuse o 18 de novembro de 1976 coa aprobaci\u00f3n no Congreso da Lei para a Reforma Pol\u00edtica, data que pasou a ser co\u00f1ecida e conmemorada como &#8216;a noite do harakiri das cortes franquistas&#8217;, non foi m\u00e1is que a burda plasmaci\u00f3n do paradoxo do gatopardismo: &#8216;se queremos que todo siga como est\u00e1, necesitamos que todo cambie&#8217;. Meu dito, meu feito.<\/p>\n<p>Asdo: Jorge Sampedro Reim\u00fandez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recriminaci\u00f3n a Fraga na USC. Imaxe libre, collida da Galipedia. &nbsp; PARADOXO DO GATOPARDISMO &nbsp;&nbsp;&nbsp; Sempre mantiven que o Partido Popular, antes Alianza Popular, ter\u00eda que terse chamado Partido Franquista esencialmente por ser un partido pol\u00edtico fundado, \u00e1 morte de &#8216;a carnada&#8217;, por sete dos seus ministros, ministros que estamparon as s\u00faas firmas, \u00e1 beira [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,29,13,9],"class_list":["post-4942","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-jorge-sampedro","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4942","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4942"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4942\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4942"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4942"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4942"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}