{"id":4941,"date":"2020-09-29T08:58:00","date_gmt":"2020-09-29T06:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:06","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:06","slug":"demografia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/09\/29\/demografia\/","title":{"rendered":"Demograf\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Demograf\u00eda<\/p>\n<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esta tempada pasada te\u00f1en xurdido comentarios na bisbarra da Mari\u00f1a de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboaci\u00f3n, con movementos que vir\u00edan afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmaci\u00f3n das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e m\u00e1is seguro? A resposta argumentativa, por parte dos locais, \u00e9 clara: aqu\u00ed. Natureza, pureza de aire, auga e terra, tranquilidade, falta de distancias&#8230; ou \u00e9 que non se est\u00e1 a converter nun destino tur\u00edstico por excelencia? As\u00ed, a atracci\u00f3n de xente \u00e1 zona estar\u00eda cantada unha vez que foxen da aglomeraci\u00f3n contaxiativa das cidades.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Coido que no par\u00e1grafo anterior haber\u00eda ao menos tres cousas a obxectar. Ser\u00edan os n\u00fameros, as bondades e a contradici\u00f3n. Expl\u00edcome.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; En canto \u00f3s n\u00fameros, botando man dos datos dispo\u00f1ibles de xeito p\u00fablico, os m\u00e1is actualizados son os co censo de electores, liberados con datos de comezos de cada mes, e dos que os \u00faltimos dispo\u00f1ibles agora mesmo son os de agosto. Certo que non \u00e9 o de residentes, que ser\u00eda o propio, pero si unha indicaci\u00f3n abondo fiable pola s\u00faa relaci\u00f3n. Pois entre abril e agosto, nos concellos supostamente afectados, as variaci\u00f3ns son comparables \u00e1s doutros anos. Hai tan s\u00f3 un par de d\u00edas alg\u00fan medio citou de xeito textual a alg\u00fan alcalde falando de novas inscrici\u00f3ns que supor\u00edan o 2,5 % da poboaci\u00f3n, pero con aumentos de residentes de s\u00f3 o 0,3 %. As contas non casan moi ben sen moito esforzo, e \u00f3 final, o que conta, v\u00f3ltase \u00f3 aumento do 0,3 %, normal nestes anos en \u00e9poca de ver\u00e1n. Polo momento, unha cousa \u00e9 que se te\u00f1a notado que chegou xente mesmo cando non estaba permitido, e outra que se afinque de xeito permanente.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; En canto \u00e1s bondades, cando se expo\u00f1en pola nosa parte, polos que queremos \u00e1 nosa terra, tendemos a sobreponderalas, esquecendo de xeito correlativo as maldades, que tam\u00e9n contan. Entre elas, o paulatino illamento da zona en transporte p\u00fablico ou a calidade mellorable de internet, que haber\u00eda que contrapo\u00f1er na balanza \u00f3s pequenos recorridos necesarios para a vida diaria, considerados avantaxe se vives nun pobo e non nunha aldea, e non tes necesidade de usar os servizos asociados a unha poboaci\u00f3n grande. Sen ir m\u00e1is lonxe, estes d\u00edas est\u00e1 en marcha unha campa\u00f1a de sinaturas para tentar que se restableza o servizo de ferrocarril, na actualidade s\u00f3 un tren de ida e outro de volta no que \u00e9 m\u00e1is ben unha falta de servizo. E ben, a\u00ednda que no resto dos temas tam\u00e9n se poder\u00edan contrapo\u00f1er pegas, coido que todos -locais e forasteiros- estamos de acordo en que a calidade de vida tende a ser mellor por estes lares. Pero en calquera caso, hai que lembrar que se a xente non se ten vido para aqu\u00ed en masa xa antes da pandemia \u00e9 por algo, sexa o sitio onde est\u00e1n os empregos (a\u00ednda coa posibilidade de teletraballo en aumento), a diferencia de soldo, ou mesmo en m\u00e1is dun caso, non verse afogado por unha vida considerada demasiado tranquila.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; En canto \u00f3 \u00faltimo punto, a contradici\u00f3n, \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil de acoller, pois \u00e9 moito m\u00e1is difuso que os anteriores. Res\u00famese en algo as\u00ed como querer nada e gardar a roupa. En xeral, estamos encantados de ser lugar de acollida, de que aumente a poboaci\u00f3n, esquecendo que iso significa&#8230; que a poboaci\u00f3n aumenta! \u00c9 dicir, que aumenta o n\u00famero de xente e con iso, tenden a diminu\u00edr as bondades \u00e1s que se alude precisamente por ter baixa poboaci\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; E un aparte. Que significa demogr\u00e1ficamente? Coido que est\u00e1 por ver a influenza posible dun movemento as\u00ed na pir\u00e1mide demogr\u00e1fica dunha comarca (tres comarcas, segundo a Xunta) que leva perdido o 10 % da s\u00faa poboaci\u00f3n nos \u00faltimos corenta anos, a\u00ednda sen a crise provocada pola evoluci\u00f3n de Alcoa, motor industrial da zona.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Demograf\u00eda &nbsp;&nbsp;&nbsp; Esta tempada pasada te\u00f1en xurdido comentarios na bisbarra da Mari\u00f1a de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboaci\u00f3n, con movementos que vir\u00edan afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmaci\u00f3n das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e m\u00e1is [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[101,67,9],"class_list":["post-4941","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-demografia","tag-estatisticas","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4941","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4941"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4941\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4941"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4941"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4941"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}