{"id":4939,"date":"2020-10-06T11:02:00","date_gmt":"2020-10-06T09:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:09:03","modified_gmt":"2024-11-12T12:09:03","slug":"a-vida-segue-igual","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/06\/a-vida-segue-igual\/","title":{"rendered":"A vida segue igual?"},"content":{"rendered":"<p>A vida segue igual?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Iso dic\u00eda a canci\u00f3n: &#8216;la vida sigue igual&#8217;. Mais&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Esta ma\u00f1\u00e1, o tempo existe a duras penas, eclipsado polo vivir, que non<br \/>\n polo d\u00eda a d\u00eda dos tempos cambiantes, azarosos, que producen temor, dun<br \/>\n outono instalado no medio do horror fronte \u00f3 desaf\u00edo da enfermidade. Non, a vida non segue exactamente igual&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Madrugada. O<br \/>\n aeroporto comprime os voos do d\u00eda de xeito que sobra panel, nun espazo<br \/>\nafeito a variar moitas veces a s\u00faa li\u00f1a final \u00f3 longo das horas. Sen<br \/>\ncolas nos controis, o vest\u00edbulo baleiro, o aparcamento con ocos non<br \/>\nlonxe da porta m\u00e1is concorrida, as instalaci\u00f3ns sobredimensionadas non<br \/>\nchegan a ser un espectro, mais difuminan o seu uso parecendo m\u00e1is un<br \/>\nespazo de desfrute que de paso, de acollida que de sinxelo acubillo<br \/>\ntemporal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Espunta o d\u00eda. Lugar agradable, con certo sabor a vello ben conservado e honorable, almorzo tranquilo tomado en medio de m\u00fasica suave, r\u00faas de pedra con soportais do outro lado do ventanal acompasan coas chuvias e despexes sucesivos. Mesa de madeira e cadeiras con coiro, o chan estucado recibe a estas horas contadas visitas que se distrib\u00faen no espazo como por repulsi\u00f3n el\u00e9ctrica: m\u00e1xima distancias de separaci\u00f3n, inclu\u00edndo o centro despexado e m\u00e1is ocupaci\u00f3n cara \u00e1s esquinas. As m\u00e1scaras de quita e pon fan de elemento perturbador do medio ambiente, traendo \u00f3 interior a presenza constante desa ameaza que aqu\u00ed interrompemos por momentos no noso pensar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As r\u00faas, tam\u00e9n baleiras de xente neste comezo diario, non deixan de ser &#8216;as de sempre&#8217;, asentando o esp\u00edrito no seu mundo habitual, contra progn\u00f3stico, algo tam\u00e9n interrompido polas m\u00e1scaras que fan de proa a caras e persoas anonimizadas, por moitas adaptaci\u00f3ns decoradas que te\u00f1an.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E, mentres, \u00f3s poucos, adapt\u00e1monos e afac\u00e9monos a novas normas, mesmo cambiantes, e m\u00e1is, afac\u00e9monos \u00f3 feito do cambio continuo. Interioriz\u00e1molas e deixan de ser normas para pasar a costumes -a\u00ednda que podan reverterse, como dicimos, pensamos ou nos facemos ilusi\u00f3n-. Un proceso que acompa\u00f1a \u00f3 propio da Terra, que se afai dende sempre \u00f3s cambios que se lle impo\u00f1en, incluso cando afacerse non implica poder seguilos ou equilibralos, e menos en todo momento e en todo lugar. Igual que pasa connosco.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non, a vida segue, pero nunca igual. O medio conf\u00f3rmanos, c\u00e1mbianos, e n\u00f3s cambiamos o medio. De sempre. Dir\u00edamos que agora de xeito m\u00e1is dram\u00e1tico pola velocidade e potencia da mudanza. De sempre, o proceso produc\u00edase case en equilibrio, non \u00e9ramos capaces de cambiar moito o noso entorno. Iso variou. Hoxe, est\u00e1monos a afacer \u00f3 desequilibrio visualizado. Poderemos aproveitar para sentir que un desequilibrio longo nos desfai, fai que non sexamos n\u00f3s, mesmo pode chegar a facer que sinxelamente non podamos ser?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A vida segue igual? &nbsp;&nbsp; Iso dic\u00eda a canci\u00f3n: &#8216;la vida sigue igual&#8217;. Mais&#8230; &nbsp;&nbsp; Esta ma\u00f1\u00e1, o tempo existe a duras penas, eclipsado polo vivir, que non polo d\u00eda a d\u00eda dos tempos cambiantes, azarosos, que producen temor, dun outono instalado no medio do horror fronte \u00f3 desaf\u00edo da enfermidade. Non, a vida non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,9],"class_list":["post-4939","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4939","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4939"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4939\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4939"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4939"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4939"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}