{"id":4935,"date":"2020-10-12T16:24:00","date_gmt":"2020-10-12T14:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:56","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:56","slug":"de-traballar-como-chinos-o-traballo-vos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/12\/de-traballar-como-chinos-o-traballo-vos\/","title":{"rendered":"De \u2018traballar como chinos\u2019 a \u2018O traballo vos far\u00e1 libres\u2019"},"content":{"rendered":"<p>De \u2018traballar como chinos\u2019 a \u2018O traballo vos far\u00e1 libres\u2019<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Alcoa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alcoa<\/a>. Un nome que esta tempada est\u00e1 na boca de toda a Mari\u00f1a. Alg\u00fans a\u00ednda din, tentan lembrar, \u2018Aluminio Espa\u00f1ol\u2019, a empresa do INI que se estableceu en S. Cibrao, procurando a sa\u00edda na nacionalizaci\u00f3n. No fondo, o traballo como medio de subsistencia, case m\u00e1is ben como medio de ser, de vida, cun significado m\u00e1is amplo co da procura de cartos para vivir.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; En tempos, dic\u00edase \u2018traballar como chinos\u2019 por facer un traballo duro de xeito continuado e asumilo sen queixa, con naturalidade. Polo que parece, ti\u00f1a o seu sentido, pola necesidade de traballo continuado e minucioso, coidado, dos campos de arroz, ou pola organizaci\u00f3n  -anterior \u00e1 europea e continuada no tempo- do traballo dos s\u00fabditos imperiais. De feito, houbo un momento no que a confrontaci\u00f3n do traballo \u2018como chino\u2019 enfrontado \u00f3 traballo \u2018como occidental\u2019 quedou patente coa goleada a favor de oriente na construci\u00f3n do ferrocarril atravesando os EEUU. Avanzou m\u00e1is r\u00e1pido polo oeste cos chinos como man de obra&#8230; polo cami\u00f1o perdeuse o comentario das condici\u00f3ns de escravitude, a cantidade de xente ou a proximidade \u00e1s subministraci\u00f3ns para a construci\u00f3n, e as\u00ed quedou no imaxinario e se fortaleceu a\u00ednda m\u00e1is a idea. Hoxe, coa emerxencia china, non est\u00e1 claro que no futuro o dito se mante\u00f1a e non pasen a ser os occidentais os que necesitemos\/nos forcen a traballar m\u00e1is -de novo, obviando sistema sociopol\u00edtico, financiamento, etc.-<br \/>\n&nbsp;&nbsp; Outro dito sobre o traballo, \u2018O traballo vos far\u00e1 libres\u2019, \u00e9 unha frase que rematou como eufemismo sarc\u00e1stico \u00e1 entrada do campo de concentraci\u00f3n de Auschwitz: traballo arreo, do que a liberaci\u00f3n significaba a morte, \u00fanica sa\u00edda. A\u00ed chegou despois dun recorrido como t\u00edtulo de novela ou como lema nunha Rep\u00fablica de Weimar enxalzando os efectos da s\u00faa pol\u00edtica de impulso de grandes obras p\u00fablicas para combater o desemprego&#8230;<br \/>\n&nbsp;&nbsp; \u00d3 longo da historia, t\u00e9\u00f1ense sucedido ditos e refr\u00e1ns mantendo ideas diversas sobre o traballo, mesmo contraditorias en aparencia. Valla como exemplo m\u00e1is pr\u00f3ximo a n\u00f3s o \u2018Deus axuda a quen cedo madruga\u2019 contra \u2018Nin por moito madrugar amence m\u00e1is cedo\u2019. Pero non, non hai contradici\u00f3n entre estas d\u00faas sentencias: a primeira indica a axuda do factor disciplina e traballo no desenvolvemento e expectativas da propia vida, mentes a segunda indica que hai que traballar, si, pero con xu\u00edzo, no momento e xeito debidos. En calquera caso, en ambos, a\u00ednda que non aparece o traballo como tal, est\u00e1 presente no seu significado. E \u00e9 que o traballo hai moito tempo que no noso entorno se leva imbricando no desenvolver da propia vida.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Volvamos a Alcoa, como verba indicativa do problema de centeas de persoas na Mari\u00f1a. Deixemos aparte o que significa e significou non ter actuado a tempo fronte a un problema que se pod\u00eda ver hai anos -e que foi sinalado en moitos lugares como este-. Deixemos a unha beira o problema ambiental da balsa de lodos ou as enormes necesidade enerx\u00e9ticas subvencionadas -quizais menos que noutros lugares con menos imperio das el\u00e9ctricas-. Po\u00f1amos f\u00f3ra do campo de visi\u00f3n tam\u00e9n a venda dunha industria concibida en clave de desenvolvemento estatal guiado pola raz\u00f3n p\u00fablica a unha entidade de capital privado estranxeiro, ou a inexplicable ausencia de diversificaci\u00f3n industrial \u00f3 seu arredor. Si, e centr\u00e9monos nun detalle que moitos desbotar\u00e1n como accesorio ou irrelevante: \u2018traballadores\u2019 ou \u2018empregados\u2019, asalariados? Si, xa sei, ambos. Pero o sentido non \u00e9 o mesmo. E, \u00e1 fin, coido que tampouco irrelevante a\u00ednda que se trate con urxencia doutras cousas.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Co primeiro concepto, traballadores, p\u00f3dese discutir sobre o traballo e o seu sentido na vida. Co segundo, empregados, sobre a submisi\u00f3n (ou non), dependencia dun xeito de vida subordinado a un poder externo, sen interdependencia, como estamos tristemente a ver.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Co primeiro, p\u00f3dese falar de equilibrio do traballo dentro da vida, de compensaci\u00f3ns, de cousas como a prestaci\u00f3n por vivir ou mesmo da capitalista renda b\u00e1sica. Co segundo, s\u00f3 dun traballo a cambio de submisi\u00f3n e algo m\u00e1is que permita non tanto vivir como sobrevivir -a\u00ednda que se pretenda \u2018sobrevivir\u2019 moi ben-.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Co primeiro, p\u00f3dese continuar cunha variaci\u00f3n consensuada, acordada, colaborativa, do xeito de vida. Co segundo, o que se est\u00e1 \u00e9 a pedir -e polo tanto, de xeito asim\u00e9trico- alg\u00fan tipo de continuaci\u00f3n da dependencia. Do sistema. Dun sistema que est\u00e1 amosando a s\u00faa incapacidade para manternos con xeito sobre a Terra, despois de esquilmala e esmagarnos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De \u2018traballar como chinos\u2019 a \u2018O traballo vos far\u00e1 libres\u2019 &nbsp;&nbsp;&nbsp; Alcoa. Un nome que esta tempada est\u00e1 na boca de toda a Mari\u00f1a. Alg\u00fans a\u00ednda din, tentan lembrar, \u2018Aluminio Espa\u00f1ol\u2019, a empresa do INI que se estableceu en S. Cibrao, procurando a sa\u00edda na nacionalizaci\u00f3n. No fondo, o traballo como medio de subsistencia, case [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9],"class_list":["post-4935","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4935","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4935"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4935\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4935"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4935"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4935"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}