{"id":4932,"date":"2020-10-15T20:43:00","date_gmt":"2020-10-15T18:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:50","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:50","slug":"grazas-ti-que-das-para-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/15\/grazas-ti-que-das-para-todos\/","title":{"rendered":"Grazas a ti, que das  para todos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiIWAdgyeEQTBZWAbfeTtHQkdNgsTfy0so4wuBl9IFphpYnkLofx1c-eQAph-rvXbfez5sEDgN2GvfrtdEiROfT6hKsBgIvATlBBtwyILuevWPe_6vuNGB7_4j5fv8TeIksST-TeQ\/s2048\/infrastrutura.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"305\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiIWAdgyeEQTBZWAbfeTtHQkdNgsTfy0so4wuBl9IFphpYnkLofx1c-eQAph-rvXbfez5sEDgN2GvfrtdEiROfT6hKsBgIvATlBBtwyILuevWPe_6vuNGB7_4j5fv8TeIksST-TeQ\/s2048\/infrastrutura.png\" width=\"653\" \/><\/a><\/p>\n<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A anterior \u00e9 unha versi\u00f3n propia dunha imaxe que se pode ver no sitio <a href=\"https:\/\/xkcd.com\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XKCD<\/a>, (ben feiti\u00f1a e con licenza <a href=\"http:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by-nc\/2.5\/\">Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License<\/a>, ou sexa, que poder\u00eda usala en troques desta) que me deu que pensar despois de prestarlle o meu reco\u00f1ecemento autom\u00e1tico. Reco\u00f1ecemento \u00e1 idea, como usuario dunha tecnolox\u00eda e infraestutura que depende, dependeu e depender\u00e1 de xente an\u00f3nima, e reco\u00f1ecemento a esa mesma xente que existe a\u00ednda que non o pareza.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c1 idea que recoll\u00edn engadinlle un pouco de creatividade: a mi\u00f1a imaxe ten unha base irregular, as pezas que se van incrementando na estrutura non son perfectas, var\u00edan de forma, tama\u00f1o, presenza&#8230; e o &#8216;sistema actual&#8217;, esa \u00faltima capa que vemos e que reloce cando a usamos, que parece &#8216;case&#8217; perfecta, na imaxe iso, reloce, destaca como se fose a \u00fanica, obviando todo o que hai debaixo e que fai posible que est\u00e9 onde est\u00e1 e como est\u00e1. Mais ese mesmo estado &#8216;actual&#8217; \u00e9 imperfecto, est\u00e1 en cambio, en evoluci\u00f3n cont\u00ednua.,Ademais de ter unhas bases que, coa mirada de hoxe, non parecen tan perfectas, sen\u00f3n diversas, bizarras, case incomprensibles no seu significado ou incomprensible que podan estar a\u00ed como soporte da sofistificaci\u00f3n actual. Mais est\u00e1n, E, \u00e1s veces, algunha desas pezas m\u00ednimas segue a depender dunha \u00fanica persoa, que coida dela de xeito an\u00f3nimo, sen reco\u00f1ecemento, Unha peza que como outras moitas comezou as\u00ed, pero \u00f3 contrario doutras, que lograron un equipo, unha entidade, unha empresa que as continuara, que foron financiadas&#8230; segue as\u00ed. Pode remprazarse, mellorarse&#8230;? Si, seguro, pero non o fai ningu\u00e9n, e desenvolve unha labor que s\u00f3 destacar\u00eda se nalg\u00fan momento fallara.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe por hoxe pode verse que a grande construci\u00f3n da sociedade humana foi complic\u00e1ndose pouco a pouco e ten n\u00f3s cruciais en n\u00famero insospeitado e en &#8216;lugares&#8217; m\u00e1is insospeitados a\u00ednda. N\u00f3s \u00e1s veces moi pequenos, ou case ocultos, que non parecen cruciais, pero que o son, porque todo na complexa estrutura da nosa sociedade tecnol\u00f3xica o \u00e9. Mantidos por xente an\u00f3nima, que pon o seu traballo, o seu tempo, o seu facer, \u00f3 servizo de todos. Grazas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp;&nbsp; A anterior \u00e9 unha versi\u00f3n propia dunha imaxe que se pode ver no sitio XKCD, (ben feiti\u00f1a e con licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial 2.5 License, ou sexa, que poder\u00eda usala en troques desta) que me deu que pensar despois de prestarlle o meu reco\u00f1ecemento autom\u00e1tico. Reco\u00f1ecemento \u00e1 idea, como usuario dunha tecnolox\u00eda e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,9,40],"class_list":["post-4932","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-sociedade","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4932","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4932"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4932\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4932"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4932"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4932"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}