{"id":4931,"date":"2020-10-15T21:46:00","date_gmt":"2020-10-15T19:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:49","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:49","slug":"da-lingua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/15\/da-lingua\/","title":{"rendered":"Da lingua"},"content":{"rendered":"<p>Da lingua<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Entre os comentarios que recibo polos artigos, de cando en vez chega un eloxio. Iso mesmo foi o que me pasou a semana pasada, cun desenvolvemento semellante a este:<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u201c-Antonio, por que non escribes en castel\u00e1n, a\u00ednda que sexa unha vez nunha lingua, outra noutra? Hai xente da nosa idade que quere lerte pero non se axeita co galego.\u201d<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A soluci\u00f3n dinlla \u00f3 meu interlocutor cun sorriso amable e sen iron\u00eda:<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u201c-Non pasa nada. Que falen comigo, que llo traduzo.\u201d<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; A cousa quedou a\u00ed, pero eu quedei matinando. Deixei aparte as dificultades pr\u00e1cticas que puidera levar a mi\u00f1a resposta, e os inconvenientes para min mesmo, e quedeime coa intervenci\u00f3n do interlocutor. O caso \u00e9 que para min, significa que hai xente que quere ler o que escribo (o que tomo como un eloxio), e que hai xente que non est\u00e1 afeita a ler en galego. O primeiro pode ou non sorprenderme, pero \u00e9 secundario ante o feito de que me guste crelo. O segundo \u00e9 algo co que convivimos de vello nesta terra nosa.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Coido que non son exclu\u00ednte, tento comunicarme no que podo, e de feito, como outra xente \u2018da mi\u00f1a xeraci\u00f3n\u2019 comecei a escribir en galego a\u00ednda despois de ter comezado a votar. E gustar\u00edame dominar mellor a mi\u00f1a lingua, e m\u00e1is linguas para usalas tam\u00e9n. Pero unha cousa \u00e9 que tente, primeiro, comunicarme, e outra que non te\u00f1a elixido, de xeito consciente e hai moito, unha lingua preferente para a comunicaci\u00f3n. E calquera que tivera que facer traduci\u00f3ns acot\u00edo sabe que \u00e9 traballoso a\u00ednda cos tradutores autom\u00e1ticos de hoxe en d\u00eda. A m\u00e1is de que publicar de xeito peri\u00f3dico varias versi\u00f3ns dun mesmo escrito tampouco \u00e9 o com\u00fan por varias raz\u00f3ns.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Sei que en determinados momentos, coido que en m\u00e1is dos que ser\u00eda l\u00f3xico nunha situaci\u00f3n normal do uso do galego, o seu uso como lingua preferente pode ser un obst\u00e1culo. Mais distingamos: o expresarse nunha lingua sempre ten as s\u00faas limitaci\u00f3ns na comunicaci\u00f3n, menores ou meirandes (mesmo exclu\u00edndo limitaci\u00f3ns artificiais). E sexa o galego, o castel\u00e1n, o portugu\u00e9s, o ingl\u00e9s ou o chin\u00e9s, e a\u00ednda na era dos tradutores autom\u00e1ticos. Limitaci\u00f3ns, m\u00e1is en xeral non \u00e9 un impedimento inevitable. E en caso necesario, tento o uso doutra lingua, a\u00ednda que a controle abondo peor.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; \u00c9 de comprender, pois somos humanos, que cada quen pretenda facer o menor esforzo posible nas s\u00faas actividades, lectura inclu\u00edda. E que o escribir pretendendo ser lido implique, sempre, facer concesi\u00f3ns de xeito consciente ou inconsciente. Pero o mesmo que hai que po\u00f1er un l\u00edmite para evitar o abandono das actividades e o decaemento como persoa, tam\u00e9n quen escribe \u00e9 o escritor, e non o lector, e un dos feitos b\u00e1sicos da lectura \u00e9 a necesidade do lector de facer sempre un esforzo de comprensi\u00f3n&#8230;<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non, non vou chamar \u00e1 nostalxia sentimental no meu apoio. Non \u00e9 necesario, a m\u00e1is de consideralo contraproducente. Cada un ten os seus sentimentos e a s\u00faa nostalxia, pero hai cousas que poden transcendelos e transcendela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Da lingua &nbsp;&nbsp;&nbsp; Entre os comentarios que recibo polos artigos, de cando en vez chega un eloxio. Iso mesmo foi o que me pasou a semana pasada, cun desenvolvemento semellante a este: &nbsp;&nbsp;&nbsp; \u201c-Antonio, por que non escribes en castel\u00e1n, a\u00ednda que sexa unha vez nunha lingua, outra noutra? Hai xente da nosa idade que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[8,16],"class_list":["post-4931","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-blog","tag-lingua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4931","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4931"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4931\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4931"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4931"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4931"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}