{"id":4929,"date":"2020-10-19T21:32:00","date_gmt":"2020-10-19T19:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:45","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:45","slug":"o-golfo-no-persico-jorge-sampedro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/19\/o-golfo-no-persico-jorge-sampedro\/","title":{"rendered":"O golfo no P\u00e9rsico. Jorge Sampedro Reim\u00fandez"},"content":{"rendered":"<p>O GOLFO NO PERSICO<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Fai uns d\u00edas sa\u00edu \u00e1 luz unha fotograf\u00eda que &#8216;Conina de ouro Larsen&#8217; lle sacou ao em\u00e9rito en gayumbos, coa gorra estilo snapback caps, a s\u00faa camisa long size&#8230;? ao estilo Skate Parcks, fronte a unha barbacoa, xunto co fillo da s\u00faa querida, supo\u00f1o que asando un pouco de caviar. Que cachondo. E isto fac\u00edao na &#8216;casi\u00f1a&#8217; que, dentro do complexo da Zarzuela, habilitara para fornicar pecaminosamente coa s\u00faa ben paga amante&#8230; \u00e9 dicir, moi preto de onde se atopaba a s\u00faa consentidora e cornamentada esposa. Ese portento de muller que logo de cincuenta e sete anos vivindo en Espa\u00f1a, segue sen falar correctamente o castel\u00e1n&#8230; xa non digamos o galego, catal\u00e1n ou eusquera. Toda unha bendici\u00f3n.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Mentres tanto, este Borb\u00f3n (que non me explico a quen sa\u00edu) segue exiliado nunha das ditaduras m\u00e1is abxectas do panorama mundial, nos Emiratos \u00c1rabes Unidos, e m\u00e1is concretamente en Abu Dabi, un pa\u00eds que condena a penas de 15 anos de c\u00e1rcere aos homosexuais, que castiga con latigazos, propinados polos seus esposos, \u00e1s mulleres que cometen adulterio (si o ad\u00faltero \u00e9 o esposo non pasa nada), que fai desaparecer tanto aos disidentes pol\u00edticos como aos xornalistas cr\u00edticos, que mete no c\u00e1rcere aos activistas en prol dos dereitos humanos&#8230; en fin: un para\u00edso&#8230; un para\u00edso fiscal que, curiosamente, non ten convenio de extradici\u00f3n con Suiza onde, casualmente, o &#8216;golfo&#8217; est\u00e1 sendo investigado.<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; Este inviolable, este irresponsable (dio a Constituci\u00f3n no seu art. 56.3) &#8220;pode cometer calquera feito sen ser xulgado porque est\u00e1 por encima da Lei e esta posici\u00f3n manteraa respecto de todos os actos que leve a cabo durante o seu mandado e ata despois de que cese na Xefatura do Estado&#8221;. Que sorte tivemos! A este deulle por deitarse con se\u00f1oras, por evadir impostos e por matar elefantes e ser\u00e1 lembrado, como el mesmo reco\u00f1ece, como un putero, como un defraudador, como un maltratador de animais. Menos mal! Que sorte tivemos!, poder\u00eda cometer a m\u00e1is abxecta das aberraci\u00f3ns que se nos ocorra e seguir\u00eda sendo inviolable, seguir\u00eda sendo irresponsable. Como dixo Fraga: Spain is different!<br \/>\n&nbsp;&nbsp;&nbsp; O indecente Casado fai uns d\u00edas, e en relaci\u00f3n coa prohibici\u00f3n que o Goberno da naci\u00f3n lle fixo ao rei &#8216;ao preparao&#8217;? de acudir a Barcelona a presidir a cerimonia de nomeamento dos novos xu\u00edces, nunha encerrona contra o goberno urdida e orquestada polo ultra dereitista Lesmes (presidente do CGPJ e conferenciante de FAES), manifestaba que ao rei &#8216;do cash&#8217; vot\u00e1rono os espa\u00f1ois. Inmediatamente e para corroborar tama\u00f1a afirmaci\u00f3n, p\u00faxose en circulaci\u00f3n un wasap que dic\u00eda: que levante a man o que elixiu esta monarqu\u00eda!? e v\u00edase ao sanguinario &#8216;xeneralete&#8217; co brazo estendido facendo o sa\u00fado fascista. Para Casado, o que diga o asqueroso xenocida, vai a misa.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; P.D. Postos a imaxinar, imaxinemos que tivera abdicado, como ser\u00eda normal e xusto, na s\u00faa primox\u00e9nita. Hoxe ser\u00eda ra\u00ed\u00f1a de Espa\u00f1a e Xefa de Estado a Elena, rei consorte o Marichalar (non ter\u00edan cesado temporalmente a s\u00faa convivencia) e pr\u00edncipe de Asturias o Froil\u00e1n. Viva a Rep\u00fablica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Asdo: Jorge Sampedro Reim\u00fandez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O GOLFO NO PERSICO &nbsp;&nbsp;&nbsp; Fai uns d\u00edas sa\u00edu \u00e1 luz unha fotograf\u00eda que &#8216;Conina de ouro Larsen&#8217; lle sacou ao em\u00e9rito en gayumbos, coa gorra estilo snapback caps, a s\u00faa camisa long size&#8230;? ao estilo Skate Parcks, fronte a unha barbacoa, xunto co fillo da s\u00faa querida, supo\u00f1o que asando un pouco de caviar. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[29,13,9],"class_list":["post-4929","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-jorge-sampedro","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4929","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4929"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4929\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4929"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4929"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4929"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}