{"id":4928,"date":"2020-10-20T08:45:00","date_gmt":"2020-10-20T06:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:43","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:43","slug":"responsabilidade-por-deber-e-dereito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/20\/responsabilidade-por-deber-e-dereito\/","title":{"rendered":"Responsabilidade, por deber e dereito"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A ra\u00edz dun <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/o-golfo-no-persico-jorge-sampedro.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">artigo de Jorge Sampedro sobre o rei em\u00e9rito<\/a> deume por furgar na Constituci\u00f3n en relaci\u00f3n \u00e1 responsabilidade do rei (con min\u00fascula, como aparece no dicionario da RAG). Sempre tiven claro que non son un especialista xurista nin nada parecido, polo que ter\u00eda (te\u00f1o) que &#8216;contentarme&#8217; cunha apreciaci\u00f3n persoal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Comecemos. Os artigos da <a href=\"https:\/\/boe.es\/legislacion\/documentos\/ConstitucionGALLEGO.pdf\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola de 1978<\/a> (punto importante este, as constituci\u00f3ns te\u00f1en data, e cambian dunha a outra non s\u00f3 polo estado, sen\u00f3n tam\u00e9n no tempo) que atinxen \u00f3 Rei como instituci\u00f3n (agora con mai\u00fascula, como aparece na Constituci\u00f3n) e familia, van dende o art. 56 \u00f3 art. 65. Pero a maior\u00eda ref\u00edrense a cousas de funcionamento interno e relaci\u00f3ns con outras instituci\u00f3ns, polo que s\u00f3 vou usar aqu\u00ed unha parte pequena. Parte pequena dunha Constituci\u00f3n aprobada polas Cortes (do &#8216;r\u00e9xime&#8217; anterior), ratificada polo pobo (con dereito a voto no 1978) e sancionada ante as cortes polo actual rei em\u00e9rito.<\/p>\n<p><em>&#8220;Artigo 65.3. <strong>A persoa do Rei \u00e9 inviolable e non est\u00e1 suxeita a responsabilidade. Os seus actos estar\u00e1n sempre referendados<\/strong> na forma establecida no artigo 64, carecendo de validez sen ese referendo, ag\u00e1s o disposto no artigo 65.2.<\/em><\/p>\n<p><em>Artigo 64.1. Os actos do Rei ser\u00e1n referendados polo presidente do Goberno e, se c\u00f3mpre, polos ministros competentes<strong>.<\/strong> A proposta e o nomeamento do presidente do Goberno, e a disoluci\u00f3n prevista no artigo 99, ser\u00e1n referendados polo presidente do Congreso.<br \/>\n<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>2. <strong>Dos actos do Rei ser\u00e1n responsables as persoas que os referenden.<\/strong>&#8220;<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Como notas aclaratorias, primeiro, dicir que o Art. 65.2 ref\u00edrese \u00f3 nomeamento de xente da &#8216;Casa Real&#8217;, polo que pode deixarse a unha beira dentro deste texto. Segundo, cito do dicionario da RAE: &#8220;<em>irresponsable<\/p>\n<p>1. adj. Dicho de una persona: A quien no se puede exigir responsabilidad. (&#8230;)<\/p>\n<p>2. adj. Dicho de una persona: Que adopta decisiones importantes sin la debida meditaci\u00f3n.<\/em> (&#8230;)&#8221;. No dicionario da RAG a primeira acepci\u00f3n ten un sentido lixeiramente diferente: &#8220;<span class=\"Lemma\" data-idlemma=\"30057\" data-lemma=\"irresponsable\" data-shareurl=\"https:\/\/academia.gal\/dicionario\/-\/termo\/irresponsable\" id=\"aui_3_2_0_1175\"><span class=\"Subentry\" id=\"aui_3_2_0_1174\"><span class=\"Sense\" id=\"aui_3_2_0_1173\"><span class=\"Definition\" id=\"aui_3_2_0_1172\"><span class=\"Definition__Definition\" id=\"aui_3_2_0_1171\"><em>Que non pode responder dos seus actos<\/em>.<\/span><\/span><\/span><\/span><\/span>&#8220;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E un comentario marxinal previo: Causoume sorpresa que o artigo anterior \u00f3s adicados \u00e1 Coroa trate precisamente &#8220;<em>Da suspensi\u00f3n dos dereitos e liberdades<\/em>&#8221; (do pobo, claro).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A partir do Constituci\u00f3n, coido que empregar a primeira acepci\u00f3n da RAG de irresponsable non \u00e9 adecuado: significar\u00eda m\u00e1is ou menos que estar\u00edamos a chamarlle tolo \u00f3 rei, cousa que non \u00e9. Ademais, a Constituci\u00f3n redactouse de xeito orixinal en castel\u00e1n, polo que deberamos referirnos \u00f3 dicionario da RAE. As\u00ed, segundo a constituci\u00f3n o Rei \u00e9 inviolable e irresponsable (segundo a primeira asignaci\u00f3n de significado da entrada do dicionario da RAE, sexa ou non aplicable o segundo significado da entrada) a condici\u00f3n de que os seus actos sexan sempre referendados polo Presidente do Goberno e ministros competentes se c\u00f3mpre, que ser\u00e1n responsables do que referendan. Ded\u00facese que se os actos non foron referendados, non implican a irresponsabilidade real, a m\u00e1is de non ser v\u00e1lidos. Se son referendados, os responsables tam\u00e9n est\u00e1n claros. \u00c9 dicir, os actos reais, segundo a constituci\u00f3n, implican unha responsabilidade, a\u00ednda que poda non ser responsabilidade real. \u00c9 evidente que os artigos est\u00e1n referidos a actos &#8216;de estado&#8217;, e non &#8216;persoais&#8217;, pero a\u00ednda no caso de que a interpretaci\u00f3n non fora esa, sempre haber\u00eda algu\u00e9n responsable. Sexa quen sexa. Logo, se os actos son punibles, corresponde o castigo \u00f3s responsables. Repito, sexa quen sexa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed pois, por que non se ten posto en marcha xa  dende hai moito tempo a maquinaria xudicial? Sexa quen sexa o suxeito da responsabilidade&#8230; E coido que a xente que m\u00e1is valora a Constituci\u00f3n m\u00e1is debera perseguir eses actos irresponsables (no segundo sentido da RAE) do Xefe do Estado, est\u00e9n cubertos ou non pola irresponsabilidade real (irresponsabilidade no primeiro sentido da RAE, e real tanto en canto mente \u00f3 rei como \u00e1 realidade&#8230;)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Como conclusi\u00f3n, coido que haber\u00eda que esixir responsabilidade, se non \u00f3 rei (ao menos mentres non haxa m\u00e1is modificaci\u00f3ns da constituci\u00f3n, express ou non, ou derogaci\u00f3n da mesma) ou a quen referendou os actos, \u00e1 xente que \u00e9 responsable de perseguir e xulgar eses actos irresponsables dos que estamos a falar&#8230; E \u00e9 que tal parece que a xente que non sabemos de leis temos a necesidade de demostrar que ao menos sabemos ler.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A ra\u00edz dun artigo de Jorge Sampedro sobre o rei em\u00e9rito deume por furgar na Constituci\u00f3n en relaci\u00f3n \u00e1 responsabilidade do rei (con min\u00fascula, como aparece no dicionario da RAG). Sempre tiven claro que non son un especialista xurista nin nada parecido, polo que ter\u00eda (te\u00f1o) que &#8216;contentarme&#8217; cunha apreciaci\u00f3n persoal. &nbsp;&nbsp; Comecemos. Os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-4928","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4928","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4928"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4928\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}