{"id":4921,"date":"2020-10-27T21:35:00","date_gmt":"2020-10-27T20:35:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:27","slug":"anuncios-lonxe-efectos-preto-e-nos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/27\/anuncios-lonxe-efectos-preto-e-nos\/","title":{"rendered":"Anuncios lonxe, efectos preto. E n\u00f3s, chupando o dedo."},"content":{"rendered":"<p>Anuncios lonxe, efectos preto. E n\u00f3s, chupando o dedo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coinciden na prensa novas sucedidas lonxe, pero con efectos aqu\u00ed, con efectos que nos afectan. O mundo \u00e9 un pano. \u00c1s veces, demasiadas, un pequeno pano de l\u00e1grimas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Parece que por fin vai estend\u00e9ndose a idea de que hai que coidar o noso planeta, e pouco a pouco trad\u00facese en declaraci\u00f3ns. Declaraci\u00f3ns que estamos afeitos a que sexan papel mollado en foros internacionais que se organizan para iso, para que as elites podan figurar dicindo o que lles parece que queremos escoitar. Semella que as verbas &#8216;m\u00f3llanse menos&#8217; en t\u00f3dolos sentidos, tanto os l\u00edderes para emitilas como na resistencia \u00f3 paso de palabra a obra, cando as di un &#8216;l\u00edder&#8217; (con todo o malo e se cabe, bo que pode ter a palabra) f\u00f3ra dunha xuntanza internacional e sen ser interpelado para que faga unha declaraci\u00f3n tal. Pasou hai uns d\u00edas cando o m\u00e1is alto mandatario chin\u00e9s anunciou que o seu pa\u00eds, principal contaminante mundial na actualidade, ter\u00eda unha pegada de carbono neutra para o 2050. Seguro que na declaraci\u00f3n quedan alg\u00fans bordos que poden permitir sa\u00edrse pola tanxente a quen fixo a declaraci\u00f3n e \u00f3 pa\u00eds que deber\u00eda levala a cabo, pero algo \u00e9 algo, e m\u00e1is a\u00ednda polo efecto tractor que pode ter cando quen a fai \u00e9 o presidente dun estado como o chin\u00e9s. Efecto tractor que pode ter arrastrado xa a outro pa\u00eds por boca do seu primeiro mandatario: onte fixo o mesmo tipo de declaraci\u00f3n) o novo l\u00edder xapon\u00e9s, outra naci\u00f3n que depende do petr\u00f3leo en grande medida, confrontada con China en m\u00faltiples campos, e veci\u00f1a, como dicimos en Ribadeo, &#8216;mar por medio&#8217;. Como estados individuais ser\u00edan o segundo e terceiro en potencia econ\u00f3mica a nivel mundial, se a China non \u00e9 xa de xeito efectivo o n\u00famero un. E en que nos afecta? Pois a grandes trazos, de cumprirse, reducir\u00eda o aumento do di\u00f3xido de carbono na atmosfera \u00e1 metade do ritmo actual, coas implicaci\u00f3ns no quecemento global que iso ten. Naturalmente, &#8216;a cousa&#8217;, o aumento da temperatura global, \u00e9 m\u00e1is complicada como para tentar despachala dun plumazo, e entre outras moitas variables, o resultado depender\u00e1 do ritmo co que se comece a traballar paras cumprir coa declaraci\u00f3n feita&#8230; pero repito unha cousa que xa dixen: algo \u00e9 algo. E o reco\u00f1ecemento p\u00fablico voluntario leva consigo un impulso para o cambio de mentalidade global, tam\u00e9n teu e meu, nun feito que xa est\u00e1 a ter graves implicaci\u00f3ns no xeito de vida da poboaci\u00f3n mundial.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No mesmo xornal que vexo o anterior, un titular anuncia que a campa\u00f1a presidencial de Trump vai vento en popa, cun discurso onte de hora e media do que comenta que o &#8220;President Trump made 131 false or inaccurate statements&#8221;. P\u00f3dese dicir algo como &#8216;\u00e9 Trump, que esperas, que non diga mentiras?&#8217; Pero o caso \u00e9 que o presidente norteamericano ser\u00eda algo as\u00ed como o buque insignia: \u00f3 longo do mundo parece ser m\u00e1is e m\u00e1is com\u00fan que a xente, &#8216;o pobo&#8217;, pase das mentiras dos pol\u00edticos, que se toman ben como verdades divulgadas a base de propaganda, ben como paso \u2018necesario\u2019 para a consecuci\u00f3n do mandato, ou como algo natural para desprestixiar \u00f3 contrario e prestixiarse un. Iso, por m\u00e1is de que se poda dicir dalg\u00fan pol\u00edtico que \u00e9 honrado e consecuente no seu dicir e facer.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed pois, neste tempos, e enfrontado o dito no segundo par\u00e1grafo co reflectido no terceiro, con que nos quedamos? Coa esperanza? Coa esperanza, en que?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Anuncios lonxe, efectos preto. E n\u00f3s, chupando o dedo. &nbsp;&nbsp; Coinciden na prensa novas sucedidas lonxe, pero con efectos aqu\u00ed, con efectos que nos afectan. O mundo \u00e9 un pano. \u00c1s veces, demasiadas, un pequeno pano de l\u00e1grimas. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Parece que por fin vai estend\u00e9ndose a idea de que hai que coidar o noso planeta, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-4921","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4921","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4921"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4921\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4921"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4921"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4921"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}