{"id":4919,"date":"2020-10-30T08:24:00","date_gmt":"2020-10-30T07:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:24","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:24","slug":"toda-aldea-ten-atractivos-turisticos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/10\/30\/toda-aldea-ten-atractivos-turisticos\/","title":{"rendered":"Toda aldea ten atractivos tur\u00edsticos"},"content":{"rendered":"<p>Toda aldea ten atractivos tur\u00edsticos<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhe5Db2vheSLYdXWzeHL_Ry9msudupzrr7kCjahY-ZdigqK9b6m3ABde2RHAUiS0yoJpdL9QzG6C7XcPhr-KNOCDNKDsveYd7-JPBF6Y_GGWVF2INvAfowLntP5cyNgPZALsj6JmA\/s2048\/A+morte+viva.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhe5Db2vheSLYdXWzeHL_Ry9msudupzrr7kCjahY-ZdigqK9b6m3ABde2RHAUiS0yoJpdL9QzG6C7XcPhr-KNOCDNKDsveYd7-JPBF6Y_GGWVF2INvAfowLntP5cyNgPZALsj6JmA\/s2048\/A+morte+viva.png\" width=\"420\" \/><\/a><\/p>\n<p>Mural na capela de Nosa Sra. das Virtudes<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Toda aldea ten atractivos tur\u00edsticos. Sinxelos, pode ser. Non masificados, case seguro. Baratos, ou sen custe para o visitante&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O reenfoque tur\u00edstico pola pandemia leva a un turismo &#8216;sostible&#8217;. En realidade, a frase anterior o que fai \u00e9 perfilar m\u00e1is unha marcha cara a sostibilidade. Algo que leva tempo xest\u00e1ndose entre convulsi\u00f3ns e desgarros das vestiduras do sector tur\u00edstico mentres trata de manter a mesma li\u00f1a do pasado inmediato. \u00c9 algo que en diferentes lugares pode estar defin\u00edndose de xeitos diferentes, pois a\u00ednda non hai un acordo na &#8216;industria&#8217; para tentar aproveitar unha li\u00f1a con futuro. En calquera caso, as propostas tentan responder nos seus diversos matices a unha idea clara: o uso dun ben tur\u00edstico non debe desequilibrar o planeta (e claro, tampouco debe rematar afogando o mesmo ben, &#8216;matando a gali\u00f1a dos ovos de ouro&#8217;). A pandemia, coa s\u00faa incidencia sobre todo nas viaxes, o que fixo foi engadir presi\u00f3n en lugares onde a\u00ednda non se sent\u00eda, e aumentala noutros nos que xa se deixaba ver a necesidade dun cambio. Cambio, por outra parte, que tampouco ten por que estar deline\u00e1ndose en todos os lugares dun xeito converxente, \u00f3 seguir as sensaci\u00f3ns e as forzas en xogo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que si o turismo est\u00e1 \u00e1s veces a esgazar lugares paradis\u00edacos, que si nas cidades est\u00e1 a axudar \u00e1 xentrificaci\u00f3n, que si produce unha porcentaxe significativa de gases de efecto invernadoiro&#8230; Mentres, os cidad\u00e1ns arredor do &#8216;cidad\u00e1n tipo&#8217; na sociedade occidental temos sido grandes beneficiados do que se chama turismo low-cost, algo que remata repercutindo de xeito negativo en n\u00f3s mesmos, v\u00eda degradaci\u00f3n da natureza, contaminaci\u00f3n ou empurre para soldos tam\u00e9n low-cost. algo de dif\u00edcil soluci\u00f3n co sistema e mentalidade actuais.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mirando doutro xeito, te\u00f1o comprobado que unha porcentaxe grande da xente que vive no mesmo pobo ca min, en Ribadeo, non co\u00f1ece lugares fermosos, atractivos ou interesantes do mesmo concello ou pr\u00f3ximos. Si son co\u00f1ecidas As Catedrais (obviando \u00e1s veces moitos detalles), si a Torre dos Moreno (por f\u00f3ra, que por dentro \u00e9 perigosa na actualidade, a m\u00e1is de estar cerrada), si a Casa do Concello (en todo caso, a planta principal, pero non o sal\u00f3n de plenos, por distinguir unha dependencia salientable). Pero quedan despistados (mesmo non tendo claro situaci\u00f3n) se se fala da igrexa de Covelas, o Pozo Mouro, a vella ponte nas Anzas, o Mondigo (neste caso, si se co\u00f1ece a situaci\u00f3n, pero outra cousa \u00e9 ter subido), as pinturas na capela da virxe das Virtudes, o viaduto do Rego da Vi\u00f1a ou o t\u00fanel de Porto&#8230; lugares \u00e1s veces mesmo indicados nas gu\u00edas e rutas tur\u00edsticas, outras totalmente deixados da man de Deus, en calquera caso referencia hist\u00f3rica, ou xeogr\u00e1fica, ou art\u00edstica. Por non falar daqueles pr\u00f3ximos pero al\u00e9n do concello, como as vistas dende a beira do Comado, xa en Barreiros a\u00ednda que a poucos metros da fronteira administrativa con Ribadeo. Pode que ningunha destas cousas, enumeradas a nivel parroquial, poda competir coa Capela Sixtina ou coa Gran Muralla Chinesa, como non pode facer Ribadeo con Par\u00eds ou San Francisco, pero seguro que boa parte poden competir en m\u00e1is dun aspecto con m\u00e1is dunha das cousas que visitaches ex profeso a moita distancia. E forman parte da t\u00faa herdanza, da t\u00faa historia, fas menos impacto \u00f3 desfrutalas, animan a consumir local, a comprender&#8230;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00c9 necesario un cambio de mentalidade? Si, necesario e conveniente &#8230;E iso non ten por que levar a calcar a Fray Luis de Le\u00f3n na s\u00faa vida retirada:<\/p>\n<p>&#8220;<em>\u00a1Qu\u00e9 descansada vida<\/em><\/p>\n<p><em>la del que huye del mundanal ruido,<\/em><\/p>\n<p><em>y sigue la escondida<\/em><\/p>\n<p><em>senda, por donde han ido<\/em><\/p>\n<p><em>los pocos sabios que en el mundo han sido!<\/em>&#8220;<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Toda aldea ten atractivos tur\u00edsticos Mural na capela de Nosa Sra. das Virtudes &nbsp; &nbsp;&nbsp; Toda aldea ten atractivos tur\u00edsticos. Sinxelos, pode ser. Non masificados, case seguro. Baratos, ou sen custe para o visitante&#8230; &nbsp;&nbsp; O reenfoque tur\u00edstico pola pandemia leva a un turismo &#8216;sostible&#8217;. En realidade, a frase anterior o que fai \u00e9 perfilar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,21,9],"class_list":["post-4919","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-economia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4919","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4919"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4919\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4919"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4919"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4919"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}