{"id":4916,"date":"2020-11-01T11:21:00","date_gmt":"2020-11-01T10:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:19","slug":"un-caso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/01\/un-caso\/","title":{"rendered":"Un caso"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjwoE-vtDu5sXo3Q9NC8KsyBbcekkedpsC6KCokbkBuczyuJfJaohS2rsu_F1gBYdc-Urf8FJXnXyW0yfSJuloF1bpBili3V0B-cn0teYEqZTfvtgeytZR2hLHYQJEf6Hl6AHSRsg\/s2048\/Terceira_idade._Fiestra_viva._Galicia_%2528Spain%2529.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjwoE-vtDu5sXo3Q9NC8KsyBbcekkedpsC6KCokbkBuczyuJfJaohS2rsu_F1gBYdc-Urf8FJXnXyW0yfSJuloF1bpBili3V0B-cn0teYEqZTfvtgeytZR2hLHYQJEf6Hl6AHSRsg\/s2048\/Terceira_idade._Fiestra_viva._Galicia_%2528Spain%2529.jpg\" width=\"336\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Terceira idade. Fiestra viva. Galicia (Spain) Lic CCBYSA 2.0 Edward Morgan, Galipedia.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha persoa maior, muller, unha presunta estafa&#8230; est\u00e1 ben da cabeza? Son os elementos do caso. Vaiamos \u00f3s pormenores.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Vaia por diante que escribo a partir dunha conversa cazada \u00f3 azar e posterior consulta a un dos contertulios, sen tomar nota de xeito directo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O d\u00eda anterior, a se\u00f1ora, xa a non faltando moito para o toque de queda, recibe unha visita na s\u00faa casa. Tr\u00e1tase dun matrimonio duns 55 anos el, algo m\u00e1is nova ela, e un rapaz, de vintetantos. Non os co\u00f1ece, pero abriu, e unha vez aberto, o que lle din \u00e9 que ten hipotecada a casa e que o banco vailla embargar. No aturullamento do momento, pres\u00e9ntanlle uns papeis para asinar. Papeis que asina pensando en que non pode ofrecer resistencia, que a poden zurrar. Querer\u00eda lelos, pero s\u00e1canllos de diante, e vanse. Queda en estado de choque e non reacciona ata o d\u00eda seguinte. Dillo a unha veci\u00f1a e a veci\u00f1a l\u00e9vaa \u00e1 cafeter\u00eda do seu fillo, onde oio a conversa. Tam\u00e9n chamadas telef\u00f3nicas. Antes de ir al\u00f3, a Guardia Civil ter\u00edalle dito que para denunciar ten que trasladarse \u00f3 cuartel, a Burela (int\u00fao que vive nalg\u00fana lugar entre Foz e Burela, e estamos en Foz, pero non me cadran totalmente as cousas porque non ten coche, est\u00e1 falando de ir en taxi). Coa intervenci\u00f3n da familia do fillo da amiga, volven chamar \u00e1 Guardia Civil, e a resposta que se percibe a trav\u00e9s das verbas da persoa que chama, \u00e9 que se non sabe que asinou, non lle roubaron nada, non a atacaron, non sabe quenes son&#8230; mellor deixe estar as\u00ed a cousa e ev\u00edtase as molestias. De calquera xeito -e iso xa o penso eu- non lle van quitar o medo do corpo dunha persoa maior (80+) soa e que se ve indefensa. Mais, antes do consello, preguntas sobre a situaci\u00f3n, claro, e sobre a &#8216;situaci\u00f3n da se\u00f1ora&#8217;: est\u00e1 ben da cabeza? A resposta \u00e9 taxante (e corresponde coa realidade polo que podo observar da escea): da cabeza est\u00e1 perfectamente. Mais a pregunta non deixa de ser un elemento perturbados m\u00e1is na situaci\u00f3n actual, por moito que sexa un dato necesario (innecesario se se considera que est\u00e1 chamando outra terceira persoa, despois de intervir a s\u00faa nai, etc).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Poder\u00e1 dicirse que coa situaci\u00f3n actual aumenta a &#8216;picaresca&#8217;. Pero \u00e9 que &#8216;situaci\u00f3n actual&#8217; \u00e9 tanto a pandemia e os seus efectos como a despoboaci\u00f3n de xente nova da nosa terra. E a situaci\u00f3n tam\u00e9n \u00e9 a dela: polo momento non hai m\u00e1is, pero s\u00e1bese marcada, no punto de mira de intrusos, e marcada tam\u00e9n para ela mesma, co medo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os nosos maiores suman a indefensi\u00f3n, non s\u00f3 contra o virus, sen\u00f3n tam\u00e9n da idade ou dunhas redes sociais m\u00e1is tenues. Necesitan -necesitamos- un aumento de solidariedade, pero non de sentemento, solidariedade sentimental, ou non s\u00f3, sen\u00f3n de interacci\u00f3n: solidariedade interactiva. Implicada e imbricada nas nosas relaci\u00f3ns, na nosa vida diaria, no que somos como individuos e como sociedade. Algo que implique os nosos maiores -en realidade, todos n\u00f3s- est\u00e9n menos s\u00f3s, m\u00e1is integrados socialmente de xeito normal. Non tanto unha rede de protecci\u00f3n, que tam\u00e9n, como unha rede de vida. Mentres, \u00f3 escoitar case como se dun conto se tratase un episodio as\u00ed sucedido a outra persoa, un sente a indefensi\u00f3n allea.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Terceira idade. Fiestra viva. Galicia (Spain) Lic CCBYSA 2.0 Edward Morgan, Galipedia. &nbsp;&nbsp; Unha persoa maior, muller, unha presunta estafa&#8230; est\u00e1 ben da cabeza? Son os elementos do caso. Vaiamos \u00f3s pormenores. &nbsp;&nbsp; Vaia por diante que escribo a partir dunha conversa cazada \u00f3 azar e posterior consulta a un dos contertulios, sen tomar nota [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[101,9],"class_list":["post-4916","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-demografia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4916","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4916"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4916\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4916"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4916"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4916"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}