{"id":4915,"date":"2020-11-03T13:34:00","date_gmt":"2020-11-03T12:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:17","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:17","slug":"estatisticas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/03\/estatisticas\/","title":{"rendered":"Estat\u00edsticas"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikZrBFoDwKhh8mpr2SXdnuGXuuBn4Y5xpuyYKkcV7XxToO1SmsizuCBhtoeFaY8CsVsGjChfl_30cgooDa2xDA7xa9j2XWybvQJL-GqYHR_o3rULzEGZYr2Xb0o6cnC2q0O-Hunw\/s2048\/current+world+population.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"542\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEikZrBFoDwKhh8mpr2SXdnuGXuuBn4Y5xpuyYKkcV7XxToO1SmsizuCBhtoeFaY8CsVsGjChfl_30cgooDa2xDA7xa9j2XWybvQJL-GqYHR_o3rULzEGZYr2Xb0o6cnC2q0O-Hunw\/s2048\/current+world+population.png\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Remato de ver a estat\u00edstica. Un pouco antes das oito da ma\u00f1\u00e1 somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os n\u00fameros son moi diferentes, mesmo inclu\u00edda a unidade de mill\u00f3n. Os datos son, naturalmente, aproximados (obtidos de <a href=\"https:\/\/www.worldometers.info\/\">https:\/\/www.worldometers.info\/<\/a>). Impactan pola velocidade de cambio. Este ano achegar\u00e9monos \u00f3s 140 000 000 nacementos e 60 000 000 mortos. Entre outras cousas, iso indica que tanto duns como doutros, cada segundo se producen varios a nivel mundial. Ou que este ano de pandemia, a poboaci\u00f3n mundial aumentar\u00e1 uns oitenta mill\u00f3ns de persoas. Cousas da demograf\u00eda, si, pero con consecuencias de vida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Noutro momento podemos comentar outras cousas, que da para moito, mais quedome con isto: a nivel mundial, est\u00e1 claro que por moita primac\u00eda que a pandemia te\u00f1a nas novas e nas cabezas neste momento, hai que considerala un tema de segundo orde. Non \u00e9 capaz, nin moito menos, de dobregar o medre en n\u00famero da humanidade. E mentres, m\u00e1is do 10% das persoas est\u00e1n desnutridas e a estas horas da ma\u00f1\u00e1 xa ten morto de fame m\u00e1s xente que a que hai en Ribadeo. Cousa dun quinto do total de mortes a nivel global. Abondo m\u00e1is que as mortes por coronavirus. E segue aumentando a terra desertificada: no que vai de ano, unha superficie maior que tres veces Galicia, co que iso implica de m\u00e1is fame para a xente do lugar e m\u00e1is vulnerable. Mentres, os milleiros de toneladas de di\u00f3xido de carbono verquidas a atmosfera aumenta m\u00e1is r\u00e1pido que os segundos que pasan (atenci\u00f3n, un milleiro de toneladas equivale a un mill\u00f3n de kg!). E con eles, o medrar da temperatura, a desaparici\u00f3n do entorno polar, o aumento da seca ou do nivel do mar&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non esquezamos tampouco que se hai moita xente desnutrida no mundo, a cifra de xente con sobrepeso \u00e9 m\u00e1is ou menos o dobre: s\u00f3 o n\u00famero de obesos, o estadio superior en canto \u00f3 peso, iguala \u00f3 de xente desnutrida. Iso da unha idea da desigualdade. Desigualdade que se manifesta en casos concretos, en persoas, e nas s\u00faas posibilidades de afrontar unha enfermidade (covid ou outra, non importa) ou os efectos do cambio clim\u00e1tico, sobrelevar a calor ou a seca&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Si, certo, temos que loitar contra o coronavirus, convertido en pandemia por acci\u00f3n e deixaci\u00f3n humana. E temos que loitar xuntos e cada un. \u00c9 un problema de todos e de vida ou morte. Mais \u00e9 sabido que a loita polo momento \u00e9 paliativa e preventiva. Nos mesmos termos que a loita contra o cambio clim\u00e1tico, ou a desigualdade, pero a nivel moito mis pequeno a\u00ednda que queden eclipsadas na portada e mesmo cun trato desigual a desigualdade. Coido que qu\u00e9danos como materia pendente o aprender a loitar xuntos e aprender a vivir. Tam\u00e9n, a vivir xuntos, non s\u00f3 cadaqu\u00e9n a s\u00faa vida.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>Nota: unha versi\u00f3n lixeiramente diferente est\u00e1 a sa\u00edr en <a href=\"http:\/\/www.cronica3.com\/2020\/11\/estatisticas-por-antonio-gregorio-montes\/\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Cr\u00f3nica3<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.galiciadigital.com\/opinion\/autor.189.php\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Galicia Dixital<\/a> ou <a href=\"https:\/\/praza.gal\/xornalista\/antonio-gregorio\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Praza<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Remato de ver a estat\u00edstica. Un pouco antes das oito da ma\u00f1\u00e1 somos no mundo 7 822 868 455 persoas. Volvo mirar. Xa non, o contador xa vai en 7 822 868 570 persoas. Cando vexas isto, seguro que os n\u00fameros son moi diferentes, mesmo inclu\u00edda a unidade de mill\u00f3n. Os datos son, naturalmente, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[101,67,32,86,9],"class_list":["post-4915","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-demografia","tag-estatisticas","tag-filosofia","tag-poboacion","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4915","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4915"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4915\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4915"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4915"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4915"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}