{"id":4914,"date":"2020-11-05T19:51:00","date_gmt":"2020-11-05T18:51:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:08:15","modified_gmt":"2024-11-12T12:08:15","slug":"os-envellecementos-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/05\/os-envellecementos-galicia\/","title":{"rendered":"Os envellecementos, Galicia"},"content":{"rendered":"<p>Si, Galicia est\u00e1 a envellecer. Iso din os n\u00fameros das estat\u00edsticas. E o envellecemento mesmo parece acelerarse a medida que se mant\u00e9n a taxa reprodutiva \u00e1 baixa no longo prazo.<\/p>\n<p>Pode discutirse se o envellecemento poboacional \u00e9 bo ou malo, pero non ten sentido facelo de xeito absoluto, pois \u00e9 algo relativo. Si, moita xente, \u00f3 ler o comezo deste par\u00e1grafo ter\u00e1n levado as mans \u00e1 cabeza, pero, con todas as circunstancias que se lle podan meter -e poden ser moitas- non \u00e9 o mesmo elevar a media de idade de 18 a 20 anos, ou sexa, dous anos nunha sociedade constitu\u00edda por xente nova, que de 48 a 50 anos, \u00e9 dicir, dous anos nunha sociedade de xente moi maior. No primeiro caso, significa sobre todo unha sociedade dous anos m\u00e1is madura, mentres que no segundo \u00e9 m\u00e1is ben unha falta de renovaci\u00f3n social. Dubida algu\u00e9n que o despegue econ\u00f3mico e tecnol\u00f3xico de China ten algo que ver co aumento da idade media da s\u00faa poboaci\u00f3n (19 anos en 1970, 38 anos na actualidade), relacionado cun castigo gobernamental da natalidade? E que o estancamento do Xap\u00f3n ten unha compo\u00f1ente no aumento da idade media da s\u00faa poboaci\u00f3n (37 anos en 1990, 48 anos na actualidade), encami\u00f1ada \u00e1 vellez como idade media?<\/p>\n<p>O envellecemento individual \u00e9 algo natural. O envellecemento social, non: \u00e9 s\u00f3 unha simple posibilidade. E \u00e9 que nunha sociedade, o envellecer social \u00e9 algo m\u00e1is que o envellecer en idade a media da s\u00faa poboaci\u00f3n. \u00c9 resultado de varios factores, entre o que se atopa o aumento da idade media da poboaci\u00f3n como un m\u00e1is deles, pero dentro de certos l\u00edmites, pode que nin moito menos o m\u00e1is importante.<\/p>\n<p>Volvamos a Galicia. Poderiamos ter unha sociedade de vellos, pero non moi envellecida como sociedade. Vellos din\u00e1micos, con capacidade de desenvolver novas ideas&#8230; Coido que non \u00e9 as\u00ed, a\u00ednda que nos \u00faltimos anos o ritmo de envellecemento social tense freado \u00f3 acceder a idades elevadas unha xeraci\u00f3n m\u00e1is aberta \u00f3 mundo, con maior n\u00famero dos seus compo\u00f1entes interactivos m\u00e1is al\u00f3 da partida despois de comer ou do mantemento da terra \u00e1 que levan adicada a s\u00faa vida, e cunha certa ansia de seguir activos en labores elixidas de xeito voluntario m\u00e1is que por costume. Pode que non sexa o movemento de maiores que se observa noutros lugares, pero si se deixa notar a diferencia.<\/p>\n<p>Mais estamos desviados se, variando o rumbo, nos centramos e illamos s\u00f3 o envellecemento social, e nos esquecemos de que a sa\u00fade da sociedade enteira pasa tam\u00e9n pola procura de non amputar partes do seu corpo, sen ir m\u00e1is lonxe, a xuventude abocada a emigrar. Ou por procurar unha renovaci\u00f3n, non s\u00f3 de co\u00f1ecementos e m\u00e9todos no desenvolvemento social, sen\u00f3n tam\u00e9n das persoas que a integran, v\u00eda nacementos. Ou pola integraci\u00f3n doutras persoas que ve\u00f1en de f\u00f3ra.<\/p>\n<p>Na nosa sociedade, vello segue a ser unha verba de connotaci\u00f3ns negativas&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Si, Galicia est\u00e1 a envellecer. Iso din os n\u00fameros das estat\u00edsticas. E o envellecemento mesmo parece acelerarse a medida que se mant\u00e9n a taxa reprodutiva \u00e1 baixa no longo prazo. Pode discutirse se o envellecemento poboacional \u00e9 bo ou malo, pero non ten sentido facelo de xeito absoluto, pois \u00e9 algo relativo. Si, moita xente, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[101],"class_list":["post-4914","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-demografia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4914","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4914"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4914\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4914"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4914"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4914"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}