{"id":4903,"date":"2020-11-15T21:32:00","date_gmt":"2020-11-15T20:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:58","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:58","slug":"medo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/15\/medo\/","title":{"rendered":"Medo"},"content":{"rendered":"<p>Medo<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &#8220;A xente ten medo&#8221;. Unha afirmaci\u00f3n xen\u00e9rica que collo dun artigo no que un representante partidario ataca a que el di que \u00e9 a postura dun goberno municipal. Naturalmente, unha postura que interpreta a trav\u00e9s dos seus propios filtros, da s\u00faa propia postura.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ch\u00e1manme a atenci\u00f3n varias cousas en relaci\u00f3n a unha frase tan curta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ch\u00e1mama pola indefinici\u00f3n de &#8216;xente&#8217;. Inatacable porque evidentemente hai xente que ten medo. A calquera cousa. E calquera temos os nosos medos. Coido que ata a hai&nbsp; temerosa de que lle toque a loter\u00eda, impuls\u00e1ndoa a non xogar. Pero iso non precisa que a case toda a xente, que lle toque a loter\u00eda non \u00e9 algo que lle produza medo. De feito, eu mesmo non soo xogar \u00e1 loter\u00eda, pero non por esa causa. Ou sexa, unha xente que pode ser calquera ou ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Medo. A que? Eu te\u00f1o medo, si. De feito, non un s\u00f3, sen\u00f3n que poder\u00eda falar en plural, &#8216;medos&#8217;. Pero non por iso pido protecci\u00f3n para os meus medos, traducida no artigo de referencia na petici\u00f3n de m\u00e1is c\u00e1maras de seguridade desas que vix\u00edan a todos. Desas que os malfeitores estudan como esquivar, e rematan afectando \u00e1s persoas que cren que non deben temer nada \u00e1s c\u00e1maras. Desas que producen \u00e1 longa m\u00e1is medo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha traduci\u00f3n a feitos que tam\u00e9n pide que se faga m\u00e1s presente a polic\u00eda. O que me lembra que reclamei no seu momento, -hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada, e por certo, sen \u00e9xito- o cumprimento da promesa dun alcalde da ampliaci\u00f3n de horario policial. Como medida complementaria, non suplementaria. \u00c9 dicir, algo a engadir de xeito conxuntural a outras medidas reclamadas, e non unha cousa permanente que vi\u00f1era a suplir acci\u00f3ns para eliminar as causas que fac\u00edan conveniente a ampliaci\u00f3n horaria.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;Pero o que m\u00e1is me chamou a atenci\u00f3n foi, unha vez m\u00e1is, a instigaci\u00f3n \u00f3 medo, a s\u00faa potenciaci\u00f3n. Un comportamento equivalente a quen ceba un sistema retroaliment\u00e1ndoo, para que aumente a sa\u00edda. Algo que se empregaba ata o de agora para que aumente o bo, non o malo, non para producir unha enfermidade social facendo medrar un sentimento negativo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;E \u00e9 que nunha sociedade como a actual, onde o individuo est\u00e1 limitado no exercicio da s\u00faa maior\u00eda de idade polas instituci\u00f3ns que a sociedade acepta, levamos tam\u00e9n xa tempo sometidos a estruturas non elixidas que tentan levarnos a un curro que nos deixe presos de quen as manexan, sexan pol\u00edticos, empresas ou o que sexa&#8230; mesmo ofrec\u00e9ndonos un mundo peor (a lembrar que a relixi\u00f3n tenta levarnos a un curro, pero ofrec\u00e9ndonos un mundo mellor&#8230;)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Medo &nbsp;&nbsp; &#8220;A xente ten medo&#8221;. Unha afirmaci\u00f3n xen\u00e9rica que collo dun artigo no que un representante partidario ataca a que el di que \u00e9 a postura dun goberno municipal. Naturalmente, unha postura que interpreta a trav\u00e9s dos seus propios filtros, da s\u00faa propia postura.&nbsp; &nbsp;&nbsp; Ch\u00e1manme a atenci\u00f3n varias cousas en relaci\u00f3n a unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13,9],"class_list":["post-4903","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4903","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4903"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4903\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4903"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4903"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4903"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}