{"id":4902,"date":"2020-11-16T17:38:00","date_gmt":"2020-11-16T16:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:55","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:55","slug":"da-historia-da-agricultura-amazon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/16\/da-historia-da-agricultura-amazon\/","title":{"rendered":"Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de n\u00f3s"},"content":{"rendered":"<p>Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de n\u00f3s<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Mirando cara atr\u00e1s, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se produc\u00edan. Nese momento, os refugallos xerados, inclu\u00eddo esterco e defecaci\u00f3ns humanas, non \u00edan a parar \u00f3 mesmo lugar de onde sa\u00edan os recursos. \u00c9 dicir, comezouse a desviar un recurso vivificador da terra a outro lugar onde se converteu nun inconveniente cheirento e foco de enfermidades. Ese proceso de exportaci\u00f3n produciu un desequilibrio, unha &#8216;descapitalizaci\u00f3n&#8217; dos recursos da terra no lugar de cultivo, que pola contra, produc\u00edan unha acumulaci\u00f3n, &#8216;capitalizaci\u00f3n&#8217; insana arredor do lugar de consumo. Ou, dito doutro xeito, o despoxo de recursos duns lugares co traslado e acumulaci\u00f3n noutros -transformaci\u00f3n para dar como resultado outros produtos inclu\u00edda ou non- creou d\u00faas necesidades: unha, a de aportaci\u00f3n &#8216;artificial&#8217; de abonos (\u00f3 fin, &#8216;recursos externos&#8217;) e outra, a procura de formas e lugares de acumulaci\u00f3n do que pasou a ser refugallos, uns recursos cos non se sab\u00eda que facer e que pasaron por contra, a ser molestos pola s\u00faa sobreacumulaci\u00f3n. Ou sexa, os humanos tivemos que reequilibrar oque antes desequilibramos para poder subsistir. adaptamos o noso sistema \u00f3 mundo no que vivimos , pois cambiar o mundo a grande escala non pod\u00edamos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Traslademos agora esa xa vella historia \u00e1 actualidade. Mentres os comercios foron locais, cun circu\u00edto comercial local e pouca interacci\u00f3n \/ dependencia de empresas externas, de f\u00f3ra do lugar, o ecosistema econ\u00f3mico mant\u00edvose m\u00e1is ou menos en equilibrio, mesmo sen grandes diferenzas entre lugares. Mais iso pouco a pouco foi cambiando ata chegar \u00e1 actualidade, cando o pequeno comercio local vese con moitas dificultades para poder competir en variedade de oferta ou prezos con grandes empresas multinacionais. Isto implica unha drenaxe de cartos -ese s\u00edmbolo que ven a equivaler a riqueza material- de pequenas comunidades que ven secar os seus recursos, a grandes vilas onde est\u00e1n as sedes das grandes empresas e os seus directivos e propietarios, que acumulan eses cartos -recursos- en cantidades nas que resulta dif\u00edcil manexalos, ao menos s eo miramos dende a escala \u00e1 que estamos afeitos a case totalidade da xente. Un exemplo. Collamos a Amancio Ortega, uns 57 000 000 000 \u20ac de capital este ano. A un ritmo de gasto de 25 \u20ac por segundo, tardar\u00edanse uns 80 anos, a vida media dunha persoa en Espa\u00f1a na actualidade, en evaporarse. Iso, se non temos en conta que os intereses dunha cantidade as\u00ed dan para que segan medrando, a\u00ednda con ese nivel de gasto, equivalente nun segundo \u00f3 de moitas familias nun d\u00eda enteiro, ou sexa, 86 000 veces superior. Por certo, un ritmo que \u00e9 equivalente \u00f3 de xeracion de recursos propios de Amancio Ortega \u00f3 longo da s\u00faa vida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ou sexa, para reequilibrar \/ revitalizar a econom\u00eda local das pequenas e non tan pequenas poboaci\u00f3ns e comercios, neces\u00edtase un &#8216;abono&#8217; continuado, un capital externo subministrado de xeito continuo, unha dependencia. \u00c9 dicir, a econom\u00eda na que estamos inmersos neste sistema pasa a ser dependente. En principio, das instituci\u00f3ns administrativas, do estado, como primeiro reequilibrador. Mais, cun estado debilitado polo sistema e os intereses privados, dependentes das concesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns privadas. Unha gaiola autoconstru\u00edda da que non sabemos moi ben como sa\u00edr, pero da que cada vez necesitamos m\u00e1is o facelo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Da historia da agricultura a Amazon, pasando por riba de n\u00f3s &nbsp;&nbsp;&nbsp; Mirando cara atr\u00e1s, a historia apunta a que os abonos pasaron a ser necesarios cando se intensificaron os cultivos, pero sobre todo cando os cultivos foron destinados a consumir lonxe de onde se produc\u00edan. Nese momento, os refugallos xerados, inclu\u00eddo esterco e defecaci\u00f3ns [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,9],"class_list":["post-4902","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4902","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4902"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4902\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4902"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4902"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4902"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}