{"id":4901,"date":"2020-11-19T08:24:00","date_gmt":"2020-11-19T07:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:47","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:47","slug":"95-varias-cousas-sobre-as-vacinas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/19\/95-varias-cousas-sobre-as-vacinas\/","title":{"rendered":"95 %. Varias cousas sobre as vacinas"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhWK8mtJ4MV2pXsvgxaB3-OKJ5FRTLscevsQCDwtVBUuCT6mwBCOj-ByqdsJxJNh9GuGeFkfTkL4vqmq3o_H1ZhU7Hqx7ib7sX9GyBVx9fYc9ByY4LKVE2UNyS-ayBa2psDV1SDpQ\/s2048\/se+le+supone.png\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhWK8mtJ4MV2pXsvgxaB3-OKJ5FRTLscevsQCDwtVBUuCT6mwBCOj-ByqdsJxJNh9GuGeFkfTkL4vqmq3o_H1ZhU7Hqx7ib7sX9GyBVx9fYc9ByY4LKVE2UNyS-ayBa2psDV1SDpQ\/s2048\/se+le+supone.png\" width=\"379\" \/><\/a><\/p>\n<p>95 %. Varias cousas sobre as vacinas<\/p>\n<p>Para rir a escachar. Se non estiveran en xogo mill\u00f3ns de vidas humanas (entre elas, as nosas) a m\u00e1is de miles de mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p>Carreira de tempo, a ver quen logra antes unha vacina.<\/p>\n<p>Carreira de porcentaxes de eficacia. A ver quen da m\u00e1is. A este paso, pasar\u00e1n do 100 %!<\/p>\n<p>Carreira de credibilidade&#8230; neste caso, todo o mundo ofrece m\u00e1is e mellor.<\/p>\n<p>E poder\u00edamos seguir. As tres \u2018carreiras\u2019 anteriores est\u00e1n interconectadas. Por bater a marca de tempo, os anuncios esquecen ou ningunean que ningunha delas est\u00e1 totalmente dispo\u00f1ible polo momento, sexa por cuesti\u00f3n burocr\u00e1tica, sexa por falta de estudos de comportamentos secundarios, sexa porque a r\u00e1pida evoluci\u00f3n do virus fai case imposible que a vacina contemple as novidades desa evoluci\u00f3n.<\/p>\n<p>En credibilidade, relacionado co anterior, todas as empresas tentan convencer de que os tr\u00e1mites que faltan son iso, \u2018puro tr\u00e1mite\u2019 que se encargar\u00e1n de axilizar, e que te\u00f1en probas abondo para lanzarse. Nese convencer, a punta de lanza empregada nos medios m\u00e1is que a vacina correspondente est\u00e1 ben probada (o que se tenta ser considerado algo presuposto, como a valent\u00eda na mili en tempos de paz), \u00e9 a porcentaxe de eficacia. Comezou o primeiro laboratorio asegurando o 90 %. \u00c9 dicir, que ser\u00eda efectiva en 9 de cada 10 persoas, para asegurar a seguinte un 95 %. E as seguintes, de a\u00ed non poden baixar, claro. Mais, pensando un pouco, se s\u00f3 fose probada en dez persoas, dicir 90 % \u00e9 dicir que unha non enfermou, o que non ter\u00eda moito significado estat\u00edstico: valla apuntar que nas enquisas electorais c\u00f3llense miles de persoas para un s\u00f3 pa\u00eds, e te\u00f1en unha marxe de erro que \u00e1 vista est\u00e1, e non por ser moi baixo. E non dan moitos datos para ver a bondade da mostra en relaci\u00f3n \u00e1 poboaci\u00f3n mundial. O \u00fanico indicativo que atopei a d\u00eda de hoxe, 17 de novembro, foi no caso do 95 % de eficacia, no que as novas dan conta de que o estudo se efectuou sobre 95 persoas (iso si, dunha mostra de 30 000). Deixando aparte que sexa un redondeo, 95 persoas como test para a poboaci\u00f3n mundial son escasas, e evidentemente o tempo para o estudo de efectos secundarios, ou da conservaci\u00f3n (f\u00e1lase de 6 meses a -20 \u00baC, o que significar\u00eda que xa a ti\u00f1an desde maio) tam\u00e9n. A ti que te parece?<\/p>\n<p>O ritmo \u00f3 que se poden producir as doses \u00e9 a\u00ednda unha inc\u00f3gnita, mesmo se alg\u00fan pol\u00edtico xa ten falado e asegurado mill\u00f3ns de doses para antes do Nadal (ben, iso xa foi hai uns d\u00edas, agora andan por xaneiro).<\/p>\n<p>A distribuci\u00f3n? Iso \u00e9 cousa dos gobernos, as compa\u00f1\u00edas producen e venden. Quen non se lembra da venda \u00e1 mellor oferta de m\u00e1scaras a p\u00e9 de pista no aeroporto, m\u00e1scaras que chegaban \u00f3 mercado a prezos prohibitivos e non sempre cumprindo as especificaci\u00f3ns?<\/p>\n<p>A distribuci\u00f3n polo mi\u00fado? Digamos que primeiro tocar\u00e1 protexer \u00f3 persoal sanitario, logo \u00f3s maiores, quizais \u00f3 persoal acad\u00e9mico, e seguir por diferentes grupos. M\u00e1is ou menos. Influir\u00e1 o lugar que ocupan os pol\u00edticos? E os magnates? Por outra banda, que influenza ter\u00e1 a riqueza dos pa\u00edses na obtenci\u00f3n das doses? Ser\u00e1 regulada a ganancia das empresas produtoras? As inc\u00f3gnitas non son poucas, e o mero feito de pensar sobre algunha variable denota moito sobre a nosa propia idea sobre a humanidade ou o actual sistema socioecon\u00f3mico mundial.<\/p>\n<p>Mentres, a inc\u00f3gnita xeral segue, e \u00edmonos afacendo \u00e1s m\u00e1scaras, con modelos cada vez m\u00e1is fermosos, baratos e adaptados. Sobre a efectividade, podemos volver \u00f3 comezo destas li\u00f1as. Sobre o que significa para a mente o afacernos a un bozo podemos falar outro d\u00eda, o mesmo que en relaci\u00f3n \u00f3 manexo das novas que van xurdindo sobre a econom\u00eda (a\u00ed est\u00e1n as bolsas subindo co simple anuncio dunha vacina da que pouco se sabe m\u00e1is al\u00f3 de que nalg\u00fan momento \u00eda chegar.<\/p>\n<p>E, claro, a previsi\u00f3n \/ protecci\u00f3n antes e despois da vacina nunca est\u00e1 de m\u00e1is, implicando a nosa protecci\u00f3n a dos demais, e viceversa. Somos animais sociais e necesit\u00e1monos os uns \u00f3s outros, a\u00ednda que \u00e1s veces pode parecer que o que necesitamos \u00e9 prescindir dos demais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>95 %. Varias cousas sobre as vacinas Para rir a escachar. Se non estiveran en xogo mill\u00f3ns de vidas humanas (entre elas, as nosas) a m\u00e1is de miles de mill\u00f3ns de euros. Carreira de tempo, a ver quen logra antes unha vacina. Carreira de porcentaxes de eficacia. A ver quen da m\u00e1is. A este paso, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,9],"class_list":["post-4901","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4901","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4901"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4901\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4901"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4901"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4901"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}