{"id":4898,"date":"2020-11-20T15:47:00","date_gmt":"2020-11-20T14:47:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:42","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:42","slug":"a-lenda-de-san-cristovo-celia-castro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/11\/20\/a-lenda-de-san-cristovo-celia-castro\/","title":{"rendered":"A LENDA DE SAN CRISTOVO. Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;A LENDA DE SAN CRISTOVO<br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a><\/p>\n<p>(Publicado Bolet\u00edn do Museo do Castro de Viladonga en nov. 2020)<\/p>\n<p><strong>Introduci\u00f3n<\/strong><br \/>\nDesde antigo, atop\u00e1monos con figuras protectoras, \u00e1s que as persoas acoden nos momentos azarosos da vida. Desde o Neol\u00edtico \u00e9 frecuente atopar santuarios nos que os devotos depositan ofrendas, para pedir sorte e sa\u00fade.<br \/>\nCo nacemento das relixi\u00f3ns e a s\u00faa institucionalizaci\u00f3n, isto xeneral\u00edzase e xorden rituais preestablecidos que os fieis aceptan e transmiten aos seus familiares e achegados, de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n.<br \/>\nNa Europa cristi\u00e1, sobre todo na Alta e Baixa Idade Media, per\u00edodos de forte inestabilidade pol\u00edtica, social e econ\u00f3mica, ac\u00fadese moito \u00e1s figuras dos santos, especialmente cun fin taumat\u00farxico, por mor das terribles pestes e enfermidades que abordelan \u00e1 poboaci\u00f3n, reduc\u00edndoa en ocasi\u00f3ns nunha terceira parte.<br \/>\nAs figuras de San Roque, San Sebasti\u00e1n, e San L\u00e1zaro, protectores contra a peste e a lepra, son sobradamente co\u00f1ecidas. En case todas as cidades existe algunha capela ou santuario dedicada ao seu culto.<br \/>\nUn pouco menos popular \u00e9 a devoci\u00f3n de San Cristovo, pese a ser un dos santos m\u00e1is venerados na Baixa Idade Media, e os s\u00e9culos posteriores.<br \/>\nSanto protector contra a peste e outras enfermidades, \u00e9 tam\u00e9n o que protexe da morte s\u00fabita, algo moi temido nos s. XV e XVI, pois o morrer sen recibir os auxilios espirituais pod\u00eda, con moita probabilidade, facer que a alma do defunto non chegase ao desexado ceo e tivese que vagar no Purgatorio eternamente ou por un longo espazo de tempo.<\/p>\n<p><strong>San Cristovo<\/strong><br \/>\nCristovo significa Portador de Cristo.<br \/>\nO seu culto rem\u00f3ntase ao s. V en Asia Menor (Bitinia), de onde se ir\u00e1 estendendo polo Mediterr\u00e1neo Oriental e de al\u00ed a toda Europa, onde o atopamos vixente xa no s. X.<br \/>\nSantiago de la Vor\u00e1gine ou de Varazze, dominico xenov\u00e9s, recolle na s\u00faa Leyenda Dorada <a href=\"#1\" target=\"_blank\" title=\"Santiago de la Vor\u00e1gine. La Leyenda Dorada, T. I, Ed. Alianza Forma,Madrid, 1982, pp. 405-409\" rel=\"noopener\">1<\/a> , (escrita en lat\u00edn cara o ano 1264 e que \u00e9 un compendio das vidas dos santos m\u00e1is populares) a lenda de San Cristovo.<br \/>\nPero ser\u00e1 nos s. XV-XVI cando a devoci\u00f3n a este santo adquirir\u00e1 m\u00e1is forza, por mor das pestes e enfermidades que asolaban Europa e ao temor \u00e1 morte s\u00fabita, punto considerado polos luteranos como superstici\u00f3n dos cat\u00f3licos. <a href=\"#2\" target=\"_blank\" title=\"Santiago Manzarbeitia Valle, \u201cSan Crist\u00f3bal\u201d, Revista Digital deIconograf\u00eda Medieval, Vol. I, No 1, Universidad Complutense deMadrid. Departamento de Historia del Arte, Madrid, 2009, ISSN:2254-853X, pp. 43-49.\" rel=\"noopener\">2<\/a><br \/>\nO santo, de orixe cananeo, cham\u00e1base inicialmente R\u00e9probo, ou Rebrobus, nome ao que renunciou m\u00e1is tarde ao bautizarse e tomar o de Cristovo. Conta a lenda que era un home de gran corpulencia, de \u201cdoce codos de estatura\u201d, que infund\u00eda temor a aqueles que o v\u00edan.<br \/>\nQuixo po\u00f1erse ao servizo do monarca m\u00e1is poderoso da terra e percorreu o mundo na s\u00faa procura. Un d\u00eda atopouse cun rei que dic\u00edan que era superior aos demais, e presentouse a el, incorpor\u00e1ndose \u00e1 s\u00faa corte. Nun banquete palaciano, escoitou unha cantiga que falaba do demo como algu\u00e9n temible. O rei, que era cristi\u00e1n, persign\u00e1base cada vez que o\u00eda ese nome. Cristovo (que a\u00ednda se chamaba R\u00e9probo), preguntoulle por que fac\u00eda aqueles sinais e o rei contestoulle que era para protexerse do demo.<br \/>\nCristovo sentiuse desilusionado ao ver que hab\u00eda algu\u00e9n a quen o seu rei tem\u00eda, ent\u00f3n dixo: \u201cnon sirvo ao rei m\u00e1is poderoso da terra\u201d, buscarei outro mais forte a quen servir. E abandonou aquel reino.<br \/>\nSeguiu a s\u00faa procura polo mundo, ata que un d\u00eda, nunha paraxe desolada, viu un ex\u00e9rcito que vi\u00f1a fronte a el, conducido por un xefe de aspecto fero que lle preguntou \u201cQue fas aqu\u00ed?\u201d. \u201cPois ando buscando ao se\u00f1or demo para po\u00f1erme ao seu servizo\u201d, dixo Cristovo.<br \/>\nEnt\u00f3n o soldado respondeulle: \u201cEu son o Demo\u201d.<br \/>\nCristovo, moi ledo por atopar o amo m\u00e1is forte do mundo, p\u00faxose ao seu servizo.<br \/>\nUn d\u00eda, atop\u00e1ronse unha cruz de pedra e o demo p\u00faxose a tremer e fuxiu. Ao preguntarlle Cristovo, por que fac\u00eda iso, respondeulle: \u201cPorque existiu un home moi poderoso, chamado Cristo, que foi crucificado&#8221;.<br \/>\nCristovo ao ver que o demo non era o home m\u00e1is forte do mundo, abandonouno e foi ver si atopaba a Cristo.<br \/>\nChegou a unha paraxe onde hab\u00eda un anacoreta e preguntoulle se co\u00f1ec\u00eda a Cristo, porque quer\u00eda po\u00f1erse ao seu servizo. O anacoreta d\u00edxolle que Cristo era un se\u00f1or que lle pedir\u00eda moitos sacrificios, rezar, xaxuar, e servir aos demais. Para isto \u00faltimo e, aproveitando a s\u00faa colosal estatura, poder\u00eda facer de barqueiro, pasando sobre os seus ombreiros aos viaxeiros que quer\u00edan atravesar o r\u00edo, que era moi perigoso.<br \/>\nE f\u00edxoo as\u00ed. Constru\u00edu unha cabana \u00e1 beira do r\u00edo, colleu un gran varal e dedicouse a pasar aos viaxeiros \u00e1 outra beira.<br \/>\nUn d\u00eda, chegou xunto a el un neno que lle pediu pasar o r\u00edo. Cristovo botouno \u00e1s costas e empezou a atravesalo. O neno era moi pesado e o caudal do r\u00edo empezou a medrar. Con todo, conseguiron chegar ben \u00e1 outra beira. Canso, Cristovo d\u00edxolle ao neno: \u201cSent\u00edn como se nas mi\u00f1as costas levase o peso do<br \/>\nmundo\u201d.<br \/>\n\u201cSi\u201d, respondeulle o neno, \u201cdixeches unha gran verdade\u201d. \u201cEu son Cristo, o teu rei. Est\u00e1s facendo un bo traballo. Cando chegues \u00e1 t\u00faa cabana, afinca o teu varal no chan e ver\u00e1s que ma\u00f1\u00e1 dar\u00e1 froitos\u201d. E desapareceu.<br \/>\nAo outro d\u00eda, o caxato de Cristovo era unha palmeira chea de d\u00e1tiles.<br \/>\nDende ent\u00f3n, Cristovo dedicouse a expandir a mensaxe de Cristo por moitas terras, convertendo \u00e1 fe cristi\u00e1 a moitas persoas. Finalmente foi decapitado en Licia, por orde do rei, despois de facer moitos milagres, converter ao cristianismo \u00e1s prostitutas Aquilina e Nicea e curar a moita xente de pestes e enfermidades varias.<\/p>\n<p>Cristovo \u00e9 o prototipo do home forte en corpo e esp\u00edrito, xusto e valoroso, unha figura poderosa e taumat\u00farxica \u00e1 que acudir nos momentos cr\u00edticos.<br \/>\nDe a\u00ed, penso, a importancia da s\u00faa devoci\u00f3n, nuns s\u00e9culos marcados pola peste e as epidemias derivadas das guerras.<\/p>\n<p><strong>Iconograf\u00eda de San Cristovo.<\/strong><br \/>\nComo \u00e9 frecuente nas figuras dos santos, a iconograf\u00eda de San Cristovo sufriu unha evoluci\u00f3n ao longo do tempo. Nos seus comezos poder\u00edase conectar con lendas exipcias e grecorromanas. Nas s\u00faas primeiras representaci\u00f3ns figura cun corpo de home e cabeza de can, quizais un transunto do deus exipcio Anubis e as\u00ed permanecer\u00e1 no Imperio Romano de Oriente durante toda a Idade Media.<br \/>\nPosteriormente, en occidente, representarase como un home de anatom\u00eda colosal e gran forza, que recorda aos heroes gregos Eneas, H\u00e9rcules e ao Sans\u00f3n b\u00edblico.<br \/>\n\u201cA s\u00faa representaci\u00f3n en occidente queda fixada a partir da Lenda \u00c1urea, no <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XIII&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">s. XIII<\/a>. Durante a Idade Media o seu culto foi moi extenso, tanto en oriente como en occidente, a\u00ednda que as s\u00faas iconograf\u00edas sexan diferentes\u201d. <a href=\"#2\" target=\"_blank\" title=\"Santiago Manzarbeitia Valle, \u201cSan Crist\u00f3bal\u201d, Revista Digital deIconograf\u00eda Medieval, Vol. I, No 1, Universidad Complutense deMadrid. Departamento de Historia del Arte, Madrid, 2009, ISSN:2254-853X, pp. 43-49.\" rel=\"noopener\">2<\/a><br \/>\n\u201cSu representaci\u00f3n m\u00e1s com\u00fan es la de un gigante caracterizado como peregrino y pasador. Rostro barbado, a veces tocado con un sudario, cubierto con un manto sobre una saya remangada hasta las rodillas sujeta por un cintur\u00f3n en el que lleva prendidos a los pasajeros, lleva a hombros al Salvador Ni\u00f1o que porta el orbe y se apoya en una palmera a modo de cayado.<br \/>\nEs habitual tambi\u00e9n la representaci\u00f3n de los peces del r\u00edo entre sus piernas sumergidas y en ocasiones del ermita\u00f1o con linterna en la otra orilla. En muchas de las representaciones medievales cuelga de su brazo una gran piedra de molino posiblemente alusiva a su fortaleza\u201d. <a href=\"#4\" target=\"_blank\" title=\"Ma Dolores Garc\u00eda Cuadrado, \u201cSan Crist\u00f3bal: significado iconol\u00f3gicoe iconogr\u00e1fico\u201d, Antig\u00fcedad y cristianismo: Monograf\u00edas hist\u00f3ricassobre la Antig\u00fcedad tard\u00eda, no. 17, Universidad de Murcia, Murcia,2000, pp. 343-366.\" rel=\"noopener\">4<\/a><br \/>\nA s\u00faa figura foi considerada protectora para viaxeiros e peregrinos e colocada a mi\u00fado \u00e1 entrada das igrexas.<br \/>\nTam\u00e9n foi considerado protector contra a morte s\u00fabita, algo moi temido, pois supo\u00f1\u00eda morrer sen a administraci\u00f3n do sacramento da extremaunci\u00f3n, o que dificultaba a entrada no ceo.<br \/>\nPolo tanto era frecuente que o viaxeiro ou peregrino levara unha estampa do santo metida nunha caixi\u00f1a e colgada do pescozo, o que probablemente avisar\u00edalle da s\u00faa morte polo menos vinte e catro horas antes, para que puidese prepararse debidamente.<br \/>\nCo advento da Reforma de Lutero e a desvalorizaci\u00f3n do culto aos santos e a s\u00faa ridiculizaci\u00f3n polos protestantes, a Contrarreforma decidiu controlar estas manifestaci\u00f3ns de piedade popular.<br \/>\nA Oraci\u00f3n a San Cristovo \u00e9 unha das que figuran prohibidas no \u00cdndice espa\u00f1ol de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=1559\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1559<\/a>, a\u00ednda que nela non hai ningunha f\u00f3rmula que xustifique isto.<br \/>\n\u201cSin embargo su inclusi\u00f3n a partir del \u00cdndice Espa\u00f1ol de 1559 permite suponer que los censores la relacionaban con pr\u00e1cticas supersticiosas o con formas reprobables de piedad\u201d. <a href=\"#5\" target=\"_blank\" title=\"Marcela Londo\u00f1o Rend\u00f3n. \u201cLa imagen de una oraci\u00f3n prohibida.El culto supersticioso en torno a san Crist\u00f3bal\u201d. Studia Aurea, No 9,Universitat Aut\u00f2noma de Barcelona, Barcelona, 2015, pp. 361-390.P\u00e1x 363.\" rel=\"noopener\">5<\/a><br \/>\nTodos os poderes que se atribu\u00edan ao santo, incluso \u00e1 mesma imaxe do santo, que os peregrinos levaban consigo, puido ser causa do rechazo ao seu culto.<br \/>\nMarcela Londo\u00f1o ref\u00edrese no seu artigo ao \u201cpapel primordial que tuvo la representaci\u00f3n pict\u00f3rica del m\u00e1rtir para ejercer las funciones apotropaicas que se le atribuir\u00edan.\u201d E tam\u00e9n \u201cSan Crist\u00f3bal recibe de Dios la bendici\u00f3n para aquellos que est\u00e9n en posesi\u00f3n de sus reliquias; las ciudades por donde estas pasen o se encuentren ser\u00e1n liberadas de las tormentas de granizo, de las plagas en los cultivos y de las vides est\u00e9riles, y recibir\u00e1n la gracia para recoger siempre el producto de la cosecha. La sola invocaci\u00f3n de su nombre alejar\u00e1 demonios, enfermedades f\u00edsicas o malos deseos, as\u00ed como la ira, el fuego, el hambre o la muerte. A trav\u00e9s de su intercesi\u00f3n, todos los pecados, incluso los de los malhechores y endemoniados, ser\u00e1n perdonados.\u201d<\/p>\n<p>Adem\u00e1is: \u201cProtege del mal de ojo, es el protector contra los dolores de muelas y contra la inflamaci\u00f3n de los dedos, conocida en espa\u00f1ol como panadizo. Es el patron de las profesiones arriesgadas, que se ven continuamente enfrentadas al peligro de la muerte s\u00fabita. Por su gran tama\u00f1o y fuerza es tambi\u00e9n el patr\u00f3n de los atletas y de aquellos que tienen que transportar f\u00edsicamente cargas pesadas. Su oficio lo convirti\u00f3, en la Edad Media, en abogado de los peregrinos y de quienes ten\u00edan que atravesar un r\u00edo. Finalmente, el bast\u00f3n florido que se populariz\u00f3 en el relato de Vor\u00e1gine, lo torn\u00f3 apto para proteger a los jardineros y a los arboricultores y sus cultivos.\u201d <a href=\"#6\" target=\"_blank\" title=\"Marcela Londo\u00f1o, Idem, p\u00e1x 377. Cita o libro de Luis Re\u00e1u,Iconographie de l\u2019art Chretien, Tome III\/1, Iconographie des saints,Par\u00eds, P.U.F., 1958, p\u00e1x. 306.\" rel=\"noopener\">6<\/a><\/p>\n<p>Malia a censura que tivo a s\u00faa devoci\u00f3n, a partir do s. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XVI&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XVI<\/a>, seguiu sendo o protector de m\u00faltiples enfermidades e a morte s\u00fabita na devoci\u00f3n popular. Moitos fogares ti\u00f1an unha imaxe do santo. A proba \u00e9 que hoxe en d\u00eda e considerado oficialmente patr\u00f3n dos condutores.<br \/>\nNeste artigo analizarei tres representaci\u00f3ns de San Cristovo coa iconograf\u00eda tradicional dos s\u00e9culos <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XIV&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XIV<\/a> e <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XV&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XV<\/a>: San Cristovo de Buxheim, San Cristovo da igrexa de San Marcos de Salamanca, e San Cristovo da igrexa lucense de San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o. A protecci\u00f3n do santo sobre os viaxeiros ten nas d\u00faas \u00faltimas representaci\u00f3ns a peculiaridade de que se relaciona cos peregrinos que fac\u00edan o Cami\u00f1o de Santiago, suponse que estes encomend\u00e1banse especialmente ao santo. A s\u00faa representaci\u00f3n ten na porta das igrexas onde se erixe este sentido espec\u00edfico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>San Cristovo de Buxheim<\/strong><\/p>\n<p>Unha das primeiras representaci\u00f3ns de San Cristovo, coa iconograf\u00eda m\u00e1is difundida que \u00e9 a que co\u00f1ecemos na actualidade, atopouse na abad\u00eda de Buxhein, en Alema\u00f1a, e \u00e9 tam\u00e9n un dos primeiros gravados xilogr\u00e1ficos. Est\u00e1 datada en 1423.<\/p>\n<p>De a\u00ed estender\u00edase a Centroeuropa e Inglaterra.<\/p>\n<p>Atopouse pegado no interior dun manuscrito (libro de oraci\u00f3ns) da cartuxa de Buxheim no distrito de Augsburgo. Ti\u00f1a ao p\u00e9 da imaxe un texto latino coa data e a inscrici\u00f3n seguinte: Chistofori faciem, die quocunque tueris. Illa nempe die morte mala non morieris. Millesino CCCCXX tercio\u201d. <a href=\"#7\" target=\"_blank\" title=\"Ernesto de la Torre Villar, Ilustradores de libros: gui\u00f3n biobibliogr\u00e1-fico, Universidad Nacional Aut\u00f3noma de M\u00e9xico, M\u00e9xico, 1999, p\u00e1x.345\" rel=\"noopener\">7<\/a><br \/>\nPor esta inscrici\u00f3n, suponse que ser\u00eda unha destas estampas que os peregrinos levaban encima, nunha caixi\u00f1a, para protexerse da morte s\u00fabita. A\u00ednda que non se co\u00f1ece o nome do autor, cabe supo\u00f1er que ser\u00eda alem\u00e1n, da zona de Augsburgo <a href=\"#8\" target=\"_blank\" title=\"La Colmena, Vol III, p\u00e1x. 181.\" rel=\"noopener\">8<\/a> , polo temper\u00e1n desenvolvemento do gravado nesta zona, e probablemente ser\u00eda \u00e1 vez debuxante e gravador.<br \/>\nArtisticamente \u00e9 moi superior a outras da \u00e9poca, ademais, as letras que aparecen debaixo, est\u00e1n gravadas na mesma prancha (en caracteres g\u00f3ticos), nunha data bastante anterior \u00e1 invenci\u00f3n da imprenta.<br \/>\nA escena est\u00e1 tomada desde un punto de vista baixo, a modo de tapiz, algo moi frecuente no estilo g\u00f3tico e presenta tam\u00e9n unha serie de caracter\u00edsticas com\u00fans a outras obras europeas do s. XV, como son, a bidimensionalidade e a falta de t\u00e9cnica \u00e1 hora de representar a perspectiva e os diferentes planos e a uniformidade nos trazos, sen gradaci\u00f3n nin claroscuro. Cando se quere dar unha sensaci\u00f3n de sombreado, fanse trazos pequenos moi xuntos.<\/p>\n<p>Con todo, isto comp\u00e9nsase coa riqueza de detalles, sobre todo \u00e1 hora de representar a natureza, incluso, a veces, detalles da vida coti\u00e1, o que fai desta unha obra singularmente atractiva.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuzI9imq012fmsyoBwUfEi-7yoxgtTrlH6nyoPfFl2WP_K-3tCU5OZYi0EnTINDAF9xbmV_XWRsLwKNxYvIY15VRRd_45n7rTP0F5crBNzrA31wQBgCXSC-JcKPTnAbjHi6pnp1A\/s2048\/S+Cristovo+de+Buxheim.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiuzI9imq012fmsyoBwUfEi-7yoxgtTrlH6nyoPfFl2WP_K-3tCU5OZYi0EnTINDAF9xbmV_XWRsLwKNxYvIY15VRRd_45n7rTP0F5crBNzrA31wQBgCXSC-JcKPTnAbjHi6pnp1A\/s2048\/S+Cristovo+de+Buxheim.png\" width=\"440\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEheYvFvkyr4foypvN9nWhokGxN5tkz0t4HSnyWcm_24NvhLGd3C5wGz3St3wseh3zGLGmaMrDkfsCpqA8Rdk-zZwtUXIjBtNLzi8LcyXfZaWtSvLJJxdC6r0jzzb__ScHrLWF8_Tg\/s2048\/S+Cristovo+de+Buxheim+2.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEheYvFvkyr4foypvN9nWhokGxN5tkz0t4HSnyWcm_24NvhLGd3C5wGz3St3wseh3zGLGmaMrDkfsCpqA8Rdk-zZwtUXIjBtNLzi8LcyXfZaWtSvLJJxdC6r0jzzb__ScHrLWF8_Tg\/s2048\/S+Cristovo+de+Buxheim+2.png\" width=\"418\" \/><\/a><\/p>\n<p>Na figura 1 p\u00f3dese ver a xilograf\u00eda orixinal, e na figura 2 a mesma xilograf\u00eda coloreada.<br \/>\nEn ambas repres\u00e9ntase a San Cristovo como un xigante barbado que pasa un r\u00edo apoi\u00e1ndose nunha palmeira e leva sobre o seu ombreiro ao Neno Xes\u00fas, coroado cun nimbo cruc\u00edfero. O Neno bendice coa man dereita, sostendo a esfera do mundo coa man esquerda.<\/p>\n<p>O grande encanto desta imaxe \u00e9 que o artista sit\u00faa a escena nunha paraxe que el co\u00f1ece moi ben, quizais na campi\u00f1a de Alema\u00f1a. Coloca personaxes da vida contempor\u00e1nea. Na marxe esquerda p\u00f3dese ver un mu\u00ed\u00f1o da \u00e9poca e un campesi\u00f1o que vai co seu asno moer. Sa\u00edndo do mu\u00ed\u00f1o, outro campesi\u00f1o leva ao lombo un saco e dir\u00edxese a unha granxa pr\u00f3xima.<br \/>\nNa marxe dereita, vemos ao ermit\u00e1n da lenda diante da s\u00faa ermida, prostrado de xeonllos e sostendo o farol coas mans.<br \/>\nAdemais, o artista ilustra a estampa cunha flora e unha fauna tam\u00e9n aut\u00f3ctona: \u00e1rbores, flores, triscos de herba, un simp\u00e1tico coello asomando a cabeza e, no r\u00edo, entre unhas ondas moi pouco naturalistas, que parecen febras de la, asoma un peixe que parece nadar.<br \/>\nTodos estes detalles dan credibilidade a escena e fan que \u00e1 xente lle resulte m\u00e1is pr\u00f3xima e entra\u00f1able a lenda de San Cristovo.<br \/>\nAo mesmo tempo hai que pensar que este gusto por representar a natureza \u00e9 unha tendencia xeneralizada no estilo g\u00f3tico: a plasmaci\u00f3n da paisaxe, a realidade e o coti\u00e1n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>San Cristovo da Igrexa de San Marcos de Salamanca.<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhJo-cQWxaS0AkFwR1hsqqbq0MsuS84gvmIAhlBDkC2GaTy-iI2i65uyuqDxeQ4HiQOCU6bu_wwiU6HQeW2lPR_cMkxKUTPzuWhYIrXcKziNzD9NYEddYvr7I8yqLq8-sv4d7LNUQ\/s2048\/Cristovo%25C3%25B3n.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhJo-cQWxaS0AkFwR1hsqqbq0MsuS84gvmIAhlBDkC2GaTy-iI2i65uyuqDxeQ4HiQOCU6bu_wwiU6HQeW2lPR_cMkxKUTPzuWhYIrXcKziNzD9NYEddYvr7I8yqLq8-sv4d7LNUQ\/s2048\/Cristovo%25C3%25B3n.png\" width=\"424\" \/><\/a><\/p>\n<p>A igrexa de San Marcos de Salamanca at\u00f3pase ao norte da cidade, ao lado da que ser\u00eda a antiga Porta de Zamora e ao comezo da Calle Zamora, unha das que van a dar \u00e1 Plaza Mayor.<\/p>\n<p>Non se sabe de certo a s\u00faa data de fundaci\u00f3n, alg\u00fans autores falan do s. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XI&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XI<\/a> e outros de finais do s. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=s.+XII&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">XII<\/a> (1178), pois nom\u00e9ase nalg\u00fans documentos como \u201cparroquia del barrio de Castellanos\u201d. <a href=\"#9\" target=\"_blank\" title=\"Carmen Baena Yer\u00f3n, \u201cSalamanca, San Marcos\u201d, La Gu\u00eda digitaldel Arte Rom\u00e1nico. http:\/\/www.castillodeloarre.org\/Salamanca\/02-SanMarcos.htm.\" rel=\"noopener\">9<\/a><\/p>\n<p>Posiblemente a igrexa xa estaba constru\u00edda en 1208, cando o rei <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Alfonso+IX&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alfonso IX<\/a> de Le\u00f3n deulle o seu goberno \u00e1 Clerec\u00eda. Posteriormente engadir\u00edanse o p\u00f3rtico, a sacrist\u00eda e outros elementos.<\/p>\n<p>As pinturas murais descubr\u00edronse en 1967 durante unha restauraci\u00f3n.<br \/>\nEste fresco de San Cristovo (chamado polo pobo Cristovo\u00f3n), enc\u00e1drase no s. XIV, no estilo g\u00f3tico, e \u00e9 unha das m\u00e1is fermosas e temper\u00e1s mostras da imaxe do santo coa s\u00faa iconograf\u00eda m\u00e1is xeneralizada e popular. At\u00f3pase \u00e1 beira da porta, entrando a man esquerda, situaci\u00f3n que se repite noutras igrexas.<br \/>\nA pintura est\u00e1 enmarcada, a modo de tapiz, cunha orla con motivos de cintas planas.<br \/>\n\u00c1 dereita do santo, que ocupa practicamente toda a altura do recadro, at\u00f3panse figuras de outros santos en tama\u00f1o m\u00e1is pequeno. O do recadro superior leva un bord\u00f3n na man dereita e est\u00e1 identificado como Santiago Ap\u00f3stolo. O do recadro intermedio porta unhas tenaces na man dereita. Non est\u00e1 identificado, puidera tratarse do bispo San Dustan de Canterbury, que adoita levar na man unhas tenaces, para defenderse do demo (unha das atribuci\u00f3ns de San Cristovo \u00e9 precisamente protexer ao fiel das emboscadas do demo). A figura que estar\u00eda no recadro inferior, presumiblemente outro santo, non se conserva.<br \/>\nQuizais a representaci\u00f3n de Santiago te\u00f1a que ver co sentido da protecci\u00f3n do viaxeiro, encarnado na figura de Cristovo.<br \/>\nSegundo Tom\u00e1s Gil, a igrexa de San Marcos ten moita relaci\u00f3n c\u00f3 Cami\u00f1o de Santiago porque formaba parte dos lugares de acollida ao peregrino: \u201cPrimero se les acog\u00eda en la iglesia de Santiago, junto al r\u00edo; de ah\u00ed, pasaban a San Mart\u00edn, con los comerciantes y, finalmente, se les ofrec\u00eda auxilio espiritual en San Marcos, donde exist\u00eda y existe una pintura de San Crist\u00f3bal, patr\u00f3n de los desplazamientos\u201d.<a href=\"#10\" target=\"_blank\" title=\"Cecilia Hern\u00e1ndez,\u201dSecretos de la Historia de San Marcos\u201d, El Nor-te de Castilla, 24 abril 2017.\" rel=\"noopener\">10<\/a><\/p>\n<p>A figura de San Cristovo \u00e9 de moi boa factura para o momento. Incluso alg\u00fans autores non descartan que sexa posterior ao s. XIV. Presenta un naturalismo e unha expresividade notables: o rostro ten facci\u00f3ns realistas, a anatom\u00eda est\u00e1 bastante ben tratada, os pregados da t\u00fanica ad\u00e1ptanse ao corpo e, o m\u00e1is significativo, a figura do Neno ad\u00e1ptase \u00e1 figura do santo de forma natural. Todo isto f\u00e1lanos dun artista experto.<\/p>\n<p>A s\u00faa iconograf\u00eda \u00e9 a usual dos s\u00e9culos XIV e XV. San Cristovo pasa o r\u00edo co Neno Xes\u00fas nos ombreiros, (que leva a esfera do mundo na man esquerda e bendice con dous dedos da man dereita), apoi\u00e1ndose nunha palmeira coa man dereita, para axudarse a atravesar o caudal de auga, representado cunhas ondas.<br \/>\nCon todo, hai moito m\u00e1is detallismo que na xilograf\u00eda de Buxheim e, como dixen anteriormente, unha referencia m\u00e1is espec\u00edfica \u00e1 protecci\u00f3n dos viaxeiros, representada nas tres pequenas figuras que leva suxeitas no cinto: os peregrinos aos que axuda a pasar o r\u00edo.<br \/>\nTam\u00e9n na marxe dereita do r\u00edo hai outra pequena figura (posiblemente outro viaxeiro) en actitude de orar. \u00c1 esquerda do santo aparece outra pequena figura cunha man levantada, que ben puidera ser o eremita que adoita representarse. O estado de deterioro desta imaxe non nos permite ver m\u00e1is detalles que o puidesen esclarecer.<br \/>\nOutro elemento que non aparece na imaxe de Buxheim e si nesta pintura, \u00e9 a roda de mu\u00ed\u00f1o que, quizais en alusi\u00f3n \u00e1 fortaleza do santo, este leva colgada do seu brazo esquerdo.<br \/>\nO artista, quizais para evitarse unha complicaci\u00f3n t\u00e9cnica ou tal vez por moda, fuxe das representaci\u00f3ns paisax\u00edsticas complexas, po\u00f1endo un fondo decorativo, como de azulexo, contra o que se recorta a figura, solucionando as\u00ed o problema espacial.<br \/>\nPolo realismo e a colocaci\u00f3n da figura, vexo factible que esta composici\u00f3n date da segunda metade do s. XV.<\/p>\n<p><strong>San Cristovo da igrexa de San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o.<\/strong><br \/>\nSan Facundo de Ribas de Mi\u00f1o, pertence ao concello de Paradela, na Ribeira Sacra. Neste lugar, \u00e1 beira do r\u00edo Mi\u00f1o, fundouse cara a 1120 un mosteiro beneditino.<br \/>\nCrese que co fin de auxiliar aos peregrinos que \u00edan a Santiago de Compostela. A\u00ednda que este dato est\u00e1 por avalar documentalmente. Trala destruci\u00f3n da ponte de Portomar\u00edn por orde da ra\u00ed\u00f1a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Dona+Urraca&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Dona Urraca<\/a> en <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=1119&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1119<\/a> (para impedir o paso do seu marido Alfonso I de Arag\u00f3n, O Batallador), os monxes axudaban a pasar o r\u00edo Mi\u00f1o aos peregrinos nas s\u00faas barcas.<br \/>\nCando a ponte foi reconstru\u00edda, albergaban no seu mosteiro aos peregrinos sen recursos e continuaban transportando a aqueles que non dispo\u00f1\u00edan de di\u00f1eiro para pagar o port\u00e1dego de dita ponte. <a href=\"#11\" target=\"_blank\" title=\"Ribeira Sacra. Iglesia de San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o. https:\/\/turismo.ribeirasacra.org\/es\/iglesia-de-san-facundo-de-ribas-de-mino.\" rel=\"noopener\">11<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiJ424p4XZcIGSdWYTVfOR3tdbvy5kV6OHYYN3DUfqslAyS3zakjirEaikjIRCcKJm6YqROPeLgEw5mXnkQZRgrVREHeNjKYECLUZ-FGIxeBibqeZYipRAgUla4PDk9b7ND5MHocg\/s2048\/cristovo+Mi%25C3%25B1o.png\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiJ424p4XZcIGSdWYTVfOR3tdbvy5kV6OHYYN3DUfqslAyS3zakjirEaikjIRCcKJm6YqROPeLgEw5mXnkQZRgrVREHeNjKYECLUZ-FGIxeBibqeZYipRAgUla4PDk9b7ND5MHocg\/s2048\/cristovo+Mi%25C3%25B1o.png\" width=\"456\" \/><\/a><\/p>\n<p>A finais do s. XII ou 1o do s. XIII, estableceuse al\u00ed unha comunidade cisterciense que no ano 1620 pasou a depender do mosteiro de Santa Mar\u00eda de Montederramo, en calidade de priorado.<br \/>\nDas antigas construci\u00f3ns cons\u00e9rvase actualmente a igrexa e, \u00e1 beira, os restos das edificaci\u00f3ns monacais.<br \/>\nA igrexa \u00e9 sinxela, dunha soa nave, cunha \u00e1bsida semicircular cuberta cunha b\u00f3veda de nervios que parece bastante antiga.<br \/>\nEn 1982 foi nomeada monumento de interese nacional e en 1997 foi restaurada.<br \/>\nA nave est\u00e1 decorada con pinturas ao fresco, catalogadas como de estilo g\u00f3tico hispanoflamenco e, segundo unha inscrici\u00f3n que figura na imposta, mandadas facer polo prior Frai Pedro da Somoza, na Era de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=1474&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1474<\/a>, ou sexa, no ano 1436. <a href=\"#12\" target=\"_blank\" title=\"\u00c1ngel Fern\u00e1ndez L\u00f3pez, Os mosteiros de Santa Mar\u00eda de Castrode Rei e San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o, Artes Gr\u00e1ficas Lucenses,Lugo, 2018.\" rel=\"noopener\">12<\/a> Est\u00e1n moi deterioradas, quizais pola humidade do lugar.<br \/>\nNo muro norte, non moi distante da porta, at\u00f3pase a figura de San Cristovo, seguida das de San Bartolomeu, San Francisco de As\u00eds e a da Virxe Mar\u00eda d\u00e1ndolle o peito ao Neno. No muro sur, a de San Sebasti\u00e1n e un Calvario (O Crucificado entre a Virxe Mar\u00eda e San Xoan Evanxelista).<br \/>\nA figura de San Cristovo est\u00e1 moi deteriorada, pero a\u00ednda as\u00ed podemos ver que sigue os par\u00e1metros iconogr\u00e1ficos doutras obras contempor\u00e1neas, represent\u00e1ndose os elementos m\u00e1is esenciais da lenda do santo.<\/p>\n<p>A imaxe de San Cristovo figura nun recadro enmarcado como un tapiz o que adoita ser frecuente nas pinturas murais dos s\u00e9culos XV e XVI.<br \/>\nA figura do santo, xigantesca, como \u00e9 com\u00fan nas representaci\u00f3ns do santo, ocupa case toda a altura do marco. Representado de fronte, cunha lixeira torsi\u00f3n, est\u00e1 cruzando o r\u00edo, apoi\u00e1ndose nun tronco de palmeira florecido. Viste unha t\u00fanica arremangada un pouco m\u00e1is abaixo dos xeonllos e cinguida cun cinto por riba do que asoman tres cabeci\u00f1as, sen d\u00fabida as dos viaxeiros aos que axuda a pasar o r\u00edo. Leva nos seus ombreiros ao Neno Xes\u00fas que, como \u00e9 habitual, parece bendicir coa man dereita mentres leva na esquerda unha cruz.<br \/>\nO debuxo \u00e9 moi claro e a factura moi sinxela, pero non est\u00e1 exento de graza.<br \/>\nDebido \u00e1 mala conservaci\u00f3n da pintura, non se pode analizar en profundidade pero si ac\u00e9rtanse a ver outros elementos que resultan com\u00fans \u00e1s obras anteriores.<br \/>\n\u00c1 dereita do santo, en pequeno tama\u00f1o -por mor da ausencia de perspectiva lineal e do punto de vista baixo- dist\u00ednguese unha pequena figura orante que, polas s\u00faas longas vestiduras e o que parece unha tonsura, alg\u00fans autores identifican cun monxe, quizais o doante. <a href=\"#13\" target=\"_blank\" title=\"\u00c1ngel Fern\u00e1ndez L\u00f3pez, Idem, p\u00e1x. 287.\" rel=\"noopener\">13<\/a> Eu penso que, como \u00e9 com\u00fan nas outras representaci\u00f3ns, tr\u00e1tase simplemente dun orante que agarda para pasar o r\u00edo.<br \/>\n\u00c1 esquerda do santo, na outra marxe do r\u00edo, dist\u00ednguese con claridade a un monxe que sost\u00e9n un farol. Detr\u00e1s del vese unha pequena igrexa ou mosteiro. Contrariamente ao que pensan outros autores, que pode tratarse dun monxe que aluma o cami\u00f1o aos peregrinos, par\u00e9cenos que \u00e9 o ermit\u00e1n da lenda que xa aparece representado na xilograf\u00eda de Buxheim coas mesmas caracter\u00edsticas: est\u00e1 no lado esquerdo do santo, no lado dereito da pintura, porta o farol en alto, parece estar axeonllado e detr\u00e1s del vese unha igrexa ou mosteiro.<br \/>\nPor todo isto podemos deducir que o autor, ou autores, co\u00f1ec\u00edan ben a historia e a iconograf\u00eda de San Cristovo, figura moi popular entre os viaxeiros, moitos dos que, probablemente, portaban estampas coa s\u00faa imaxe.<br \/>\nAs\u00ed, nun lugar secundario no Cami\u00f1o Franc\u00e9s, esta devoci\u00f3n cobrou singular importancia, ocupando a imaxe do santo, como noutras igrexas, un lugar preferente, pr\u00f3ximo \u00e1 porta principal da igrexa.<\/p>\n<p><strong>Conclusi\u00f3n<\/strong><br \/>\nA figura de San Cristovo, nos s\u00e9culos XIV, XV e XVI, nunha Europa asolada polas guerras, as enfermidades, pestes e demais perigos, tivo unha especial relevancia, sendo unha referencia espiritual para os viaxeiros que se lle encomendaban na procura de protecci\u00f3n e amparo.<br \/>\nEn Espa\u00f1a (a\u00ednda que este non \u00e9 un estudo en profundidade da proxecci\u00f3n da figura do santo), non somos alleos a esta corrente e, polos dous exemplos expostos, podemos ver como o seu culto pode relacionarse co Cami\u00f1o de Santiago. A imaxe de San Cristovo ocupa un lugar preferente en d\u00faas igrexas que recollen a peregrinos xacobeos e repres\u00e9ntase coas doutros santos que tam\u00e9n lles ofrecen protecci\u00f3n, aparecendo na de San Marcos de Salamanca asociada \u00e1 de Santiago Ap\u00f3stolo.<br \/>\nPenso que esta devoci\u00f3n a San Cristovo en Espa\u00f1a, na baixa Idade Media, quizais tra\u00edda por peregrinos desde Centroeuropa, merece un estudo en profundidade polas s\u00faas caracter\u00edsticas relixiosas e antropol\u00f3xicas.<\/p>\n<p><strong>Bibliograf\u00eda<\/strong><br \/>\nDE LA TORRE VILLAR, E., Ilustradores de libros: gui\u00f3n biobibliogr\u00e1fico, Universidad Nacional Aut\u00f3noma de M\u00e9xico, M\u00e9xico, 1999.<br \/>\nDE LA VOR\u00c1GINE, S., La Leyenda Dorada, T. I., Ed . Alianza Forma, Madrid, 1982.<br \/>\nFERN\u00c1NDEZ L\u00d3PEZ, A., Os mosteiros de Santa Mar\u00eda de Castro de Rei e San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o, Artes Gr\u00e1ficas Lucenses, Lugo, 2018.<br \/>\nHERN\u00c1NDEZ, C., \u201dSecretos de la Historia de San Marcos\u201d, El Norte de Castilla, 24 abril 2017.<br \/>\nGARC\u00cdA CUADRADO, M. D., \u201cSan Crist\u00f3bal: significado iconol\u00f3gico e iconogr\u00e1fico\u201d, Antig\u00fcedad y cristianismo: Monograf\u00edas hist\u00f3ricas sobre la Antig\u00fcedad tard\u00eda, no.17, Universidad de Murcia, Murcia, 2000 La Colmena, Vol III.<br \/>\nLONDO\u00d1O REND\u00d3N, M. \u201cLa imagen de una oraci\u00f3n prohibida. El culto supersticioso en torno a san Crist\u00f3bal\u201d, Studia Aurea, No 9. Universitat Aut\u00f2noma<br \/>\nde Barcelona, Barcelona, 2015.<br \/>\nMANZARBEITIA VALLE, S., \u201cSan Crist\u00f3bal\u201d, Revista Digital de Iconograf\u00eda Medieval, Vol. I, No 1, Universidad Complutense de Madrid. Departamento de Historia del Arte, Madrid, 2009, ISSN: 2254-853X.<br \/>\nRE\u00c1U, L., Iconographie de l\u2019art Chretien, Tome III\/1, Iconographie des saints, Par\u00eds, P.U.F., 1958.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Webgraf\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>BAENA YER\u00d3N, C., \u201cSalamanca, San Marcos\u201d, La Gu\u00eda digital del Arte Rom\u00e1nico. <a href=\"http:\/\/www.castillodeloarre. org\/Salamanca\/02-SanMarcos.htm\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">http:\/\/www.castillodeloarre. org\/Salamanca\/02-SanMarcos.htm<\/a><\/p>\n<p>Ribeira Sacra. Iglesia de San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o. <a href=\"https:\/\/turismo.ribeirasacra.org\/es\/iglesia-de-san-facundo-de-ribas-de-mino\">https:\/\/turismo.ribeirasacra.org\/es\/iglesia-de-san-facundo-de-ribas-de-mino<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Notas<\/strong><\/p>\n<p><id>1<\/id><\/p>\n<p><id>Santiago de la Vor\u00e1gine. La Leyenda Dorada, T. I, Ed. Alianza Forma,<br \/>\n  Madrid, 1982, pp. 405-409<\/p>\n<p><id>2<\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id>Santiago Manzarbeitia Valle, \u201cSan Crist\u00f3bal\u201d, Revista Digital de<br \/>\nIconograf\u00eda Medieval, Vol. I, No 1, Universidad Complutense de<br \/>\nMadrid. Departamento de Historia del Arte, Madrid, 2009, ISSN:<br \/>\n  2254-853X, pp. 43-49.<\/p>\n<p><id>3<\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id>Ma Dolores Garc\u00eda Cuadrado, \u201cSan Crist\u00f3bal: significado iconol\u00f3gico<br \/>\ne iconogr\u00e1fico\u201d, Antig\u00fcedad y cristianismo: Monograf\u00edas hist\u00f3ricas<br \/>\nsobre la Antig\u00fcedad tard\u00eda, no. 17, Universidad de Murcia, Murcia,<br \/>\n2000, pp. 343-366  <\/p>\n<p>  <id>&nbsp;<\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id>4Santiago Manzarbeitia Valle. \u201cSan Crist\u00f3bal\u201d, Revista Digital de<br \/>\nIconograf\u00eda Medieval, Vol I, No1, Universidad Complutense de<br \/>\nMadrid. Departamento de Historia del Arte, Madrid, 2009, ISSN:<br \/>\n2254-853X, p\u00e1x 43.<\/p>\n<p>    <id>5<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id>Marcela Londo\u00f1o Rend\u00f3n. \u201cLa imagen de una oraci\u00f3n prohibida.<br \/>\nEl culto supersticioso en torno a san Crist\u00f3bal\u201d. Studia Aurea, No 9,<br \/>\nUniversitat Aut\u00f2noma de Barcelona, Barcelona, 2015, pp. 361-390.<br \/>\nP\u00e1x 363.<\/p>\n<p>      <id>6<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id>Marcela Londo\u00f1o, Idem, p\u00e1x 377. Cita o libro de Luis Re\u00e1u,<br \/>\nIconographie de l\u2019art Chretien, Tome III\/1, Iconographie des saints,<br \/>\nPar\u00eds, P.U.F., 1958, p\u00e1x. 306.<\/p>\n<p>        <id>7<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id>Ernesto de la Torre Villar, Ilustradores de libros: gui\u00f3n biobibliogr\u00e1-<br \/>\nfico, Universidad Nacional Aut\u00f3noma de M\u00e9xico, M\u00e9xico, 1999, p\u00e1x.<br \/>\n345<\/p>\n<p>          <id>8<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id>La Colmena, Vol III, p\u00e1x. 181<\/p>\n<p>            <id>9<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id><id>Carmen Baena Yer\u00f3n, \u201cSalamanca, San Marcos\u201d, La Gu\u00eda digital<br \/>\ndel Arte Rom\u00e1nico. <a href=\"http:\/\/www.castillodeloarre.org\/Salamanca\/02-SanMarcos.htm\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">http:\/\/www.castillodeloarre.org\/Salamanca\/02-SanMarcos.htm<\/a>.<\/p>\n<p>              <id>10<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id>Cecilia Hern\u00e1ndez,\u201dSecretos de la Historia de San Marcos\u201d, El Nor-<br \/>\nte de Castilla, 24 abril 2017.<\/p>\n<p>                <id>11<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id>Ribeira Sacra. Iglesia de San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o. <a href=\"https:\/\/ turismo.ribeirasacra.org\/es\/iglesia-de-san-facundo-de-ribas-de-mino\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">https:\/\/turismo.ribeirasacra.org\/es\/iglesia-de-san-facundo-de-ribas-de-mino<\/a>.<\/p>\n<p>                  <id>12<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id>\u00c1ngel Fern\u00e1ndez L\u00f3pez, Os mosteiros de Santa Mar\u00eda de Castro<br \/>\nde Rei e San Facundo de Ribas de Mi\u00f1o, Artes Gr\u00e1ficas Lucenses,<br \/>\nLugo, 2018.<\/p>\n<p>                    <id>13<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n<p><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id><id>\u00c1ngel Fern\u00e1ndez L\u00f3pez, Idem, p\u00e1x. 287.<br \/>\n<\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/id><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;A LENDA DE SAN CRISTOVO Celia Castro (Publicado Bolet\u00edn do Museo do Castro de Viladonga en nov. 2020) Introduci\u00f3n Desde antigo, atop\u00e1monos con figuras protectoras, \u00e1s que as persoas acoden nos momentos azarosos da vida. Desde o Neol\u00edtico \u00e9 frecuente atopar santuarios nos que os devotos depositan ofrendas, para pedir sorte e sa\u00fade. Co nacemento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,11],"class_list":["post-4898","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-historia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4898","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4898"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4898\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4898"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4898"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4898"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}