{"id":489,"date":"2024-06-19T08:48:00","date_gmt":"2024-06-19T06:48:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:44:55","modified_gmt":"2024-10-23T08:44:55","slug":"raqueando-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/06\/19\/raqueando-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"RAQUEANDO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>RAQUEANDO <sup> (<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos Dorado<\/a><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>En La Comarca del Eo de 27-abril-2024 aparece unha entrevista co alcalde Castropol Sr. D. Quico Vinjoy, titulada, \u201cDefendimos que R\u00eda del Eo y R\u00eda de Ribadeo tuviesen el mismo valor, que no se eliminase ning\u00fan nombre\u201d. Sigue, por tanto, a senda da teimuda postura astur de querer equiparar o top\u00f3nimo onom\u00e1stico da R\u00eda de Ribadeo, cun nome rid\u00edculo no \u00e1mbito mar\u00edtimo, dado que un accidente xeogr\u00e1fico, como \u00e9 o rio Eo, non ten nada que ver coa historia dos pobos que lle deron nome \u00f3 lugar. Esperp\u00e9ntica actitude, que asume tam\u00e9n o presidente \u201cacad\u00e9mico\u201d do Instituto Xeogr\u00e1fico Nacional, un se\u00f1or de Murcia, que equipara &#8220;R\u00eda do Eo&#8221; coa denominaci\u00f3n do Mar Menor. Menuda fachenda que ten o \u201celemento catedr\u00e1tico\u201d ese. Por qu\u00e9 non fai a comparaci\u00f3n coa a Albufeira de Valencia, que ten nome propio de lugar, ou coa R\u00eda de Bilbao ou a de Vigo, ou todas as do \u00e1mbito nacional? Como \u00e9 posible que este tipo de individuos cheguen a ser representantes relevantes da Administraci\u00f3n do Estado? Realmente cuesti\u00f3n de vendidos, como se de rep\u00fablica bananeira fal\u00e1semos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDon Quico, sigue a dicir que, \u201csiempre estamos dispuestos a hablar, dialogar para impulsar proyectos que vayan en beneficio de ambos municipios\u201d. Como dicimos os galegos, esta \u00e9 unha mensaxe surrateira, pois a boas palabras non hai quen lles ga\u00f1e, pero cando vemos as acci\u00f3ns xa entendemos perfectamente que o que queren \u00e9, acaparar todo o que representa a forza motriz da historia e do porvir de Ribadeo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero voulle dicir unha cousa por se non o sabe. Nunca, nunca ser\u00e1 a ribeira dereita da R\u00eda de Ribadeo relevante como a ribeira esquerda onde se sit\u00faa o Porto milenario de Ribadeo, tanto en Mirasol como en Porcill\u00e1n. E sabe por que, Se\u00f1or Don? Porque por motivos que estableceu a Mam\u00e1 Natureza, nunca ter\u00e1n calado suficiente para ser un porto de mar; se acaso, Castropol ser\u00e1 equiparable a un porto fluvial de escasa relevancia, como Figueiras ou o da Veiga de Ribadeo, hoxe Vegadeo por aquelo manifestamente anti-galego de seguir borrando do mapa a denominaci\u00f3n RIBADEO, tal como se leva agora, dicir que As Catedrais \u201cest\u00e1n no Occidente de Asturias\u201d, e non no Oriente do Reino de Galiza. Chorradas que a eito nos endosan sen azorarse.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nContin\u00faa falando da \u201cboa relaci\u00f3n\u201d con Ribadeo, e que no \u00fanico que atopamos diverxencia e co nome da R\u00eda \u201cque sempre estivo a\u00ed\u201d e que tanto a denominaci\u00f3n R\u00eda de Ribadeo como R\u00eda do Eo te\u00f1en que ser \u201cequidistantes\u201d. Por suposto, sempre estivo a\u00ed co top\u00f3nimo \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d, m\u00e1is de 1000 mapas e cartas de navegaci\u00f3n o acreditan, por NINGUN-HA de r\u00eda do Eo, polo tanto tal equidistancia nunca existiu.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEsa \u201cboa relaci\u00f3n\u201d con Ribadeo, que si, vemos, \u00e9 que esa \u201ccooperaci\u00f3n\u201d, trad\u00facese en pegarse como unha lapa a Ribadeo, para sacar todo o proveito posible dunha ou doutra maneira, \u201clegal\u201d ou artima\u00f1eira, pois Ribadeo \u00e9 quen ten a posibilidade de volver a ser a forza motriz da econom\u00eda da zona. Ag\u00e1s o asteleiro de Gond\u00e1n na ribeira dereita da R\u00eda de Ribadeo, non hai nada mencionable de poder industrial, e polo porto de Mirasol saen m\u00e1is de 700 000 Tm de mercanc\u00eda t\u00f3dolos anos, principalmente 540 000 Tm de pasta de papel de ENCE. Moi mal aproveitadas para a zona, tam\u00e9n hai que dicilo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nDe a\u00ed que ao Principado tam\u00e9n lle interese en facer a Ribadeo o porto do occidente asturiano. Por suposto, xa se serviron del desde sempre, como \u00e9 natural. Pero a ousad\u00eda de querer borrarlle agora o nome a R\u00eda de Ribadeo, \u00e9 para seguir coa expropiaci\u00f3n que o Principado leva a cabo desde fai s\u00e9culos, e poder continuar, se pode, neste ou no seguinte s\u00e9culo, incluso borrando o propio nome de Ribadeo, pois xa chegaron desde fai anos as pancartas da denominaci\u00f3n da Biosfera \u00e1 rotonda dos Irmandi\u00f1os, sen mencionar as Terras de Ribadeo por ningures.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nRibadeo, hoxe en d\u00eda, tampouco ten nin unha sinxela industria que nos avale, e parece que ningu\u00e9n se preocupa do asunto, pero verbenas e larpeiradas que non falten, o voto \u00e9 o voto, e a pela \u00e9 a pela. Tivemos a f\u00e1brica de Alginatos da Vilavella, os asteleiros de Floro, os aserradieros de Couso e Conde, talleres mec\u00e1nicos no peirao de Figueir\u00faa con m\u00e1is de 25 mec\u00e1nicos nos talleres de Seivane e Barcia, e outros tantos en outros pequenos talleres, como o de Jes\u00fas, de Severiano, Parga, etc. Hab\u00eda 350 mari\u00f1eiros rexistrados no P\u00f3sito de Pescadores, 54 postos fixos na Empresa Ribadeo de autobuses, a f\u00e1brica de gabardinas de Lla\u00fa que daba emprego a todas as costureiras de Ribadeo, que non eran poucas, hab\u00eda decenas de postos de traballo na hosteler\u00eda, hoteles, ultramarinos familiares, ferreter\u00edas, panader\u00edas, cines e Teatro, un tren de Vilaodriz-Ribadeo, arquitectura e albaneler\u00eda, Institutos de Ensinanza e colexios, empresas de Gayol e de Manuel Lens de granxas de gali\u00f1as e de manufacturas de hormig\u00f3n armado, as conserveiras de pescado de Pelaez, as Galerias Innovaci\u00f3n de Andr\u00e9s Tojal; o Rosa Lar de Manuel Lens e logo de Manolo, unha das mellores salas de Festas da contorna, etc.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEn fin, Ribadeo ti\u00f1a autonom\u00eda propia at\u00e9 que chegou a Ponte dos Santos.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nMelloramos en calidade de vida o abrir a Ponte? Por suposto que si. Como todo o mundo que entrou na democracia na d\u00e9cada de 1980 en diante e ti\u00f1a posibilidade de medrar. Pero perdemos a autonom\u00eda. Agora temos moi poucas posibilidades de crecemento como porto comercial, pois a Ponte dos Santos cegou a entrada aos barcos de at\u00e9 7000 TRB, que son os que fan o tr\u00e1fico de cabotaxe internacional por Europa, con todo tipo de mercador\u00edas. Unha ponte que se estivera situada naquela primeira e hipot\u00e9tica construci\u00f3n da Ponte dos Mortos, non se houbera pechado o tr\u00e1fico da Ria de Ribadeo, e hoxe poder\u00edan atracar pequenos cruceiros e portacontenedores, que lle dar\u00edan vida, non s\u00f3 a nosa zona, sen\u00f3n a toda a provincia de Lugo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nEstase a falar das malas condici\u00f3ns e pouco rendemento que te\u00f1en as v\u00edas f\u00e9rreas de FEVE. Se o porto de Ribadeo funcionara, como non funciona, isto estar\u00eda resolto, pois ser\u00eda un ben urxente para a Administraci\u00f3n local e provincial e pola conta que lles ti\u00f1a, xa haber\u00eda subvenci\u00f3ns dabondo por parte do Estado para po\u00f1er un Tren da Costa con condici\u00f3ns de transporte comercial, ao menos como un TALGO.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, a desgraciada obra da escollera e espig\u00f3ns engadidos seguen sendo un atranco para o tr\u00e1fico polo canal, deber\u00edan ser cambiados de lugar para dar entrada franca aos barcos, que hoxe varan e encallan incluso en marea chea e en condici\u00f3n de lastre. Nunca tal cousa ocorrera en s\u00e9culos de historia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO Club N\u00e1utico deber\u00eda pasar a estar na Vilavella alargando os atraques e pantal\u00e1ns de amarre ao largo da costa das Aceas e Reme, e Ribadeo ser\u00eda un gran porto comercial e un excelente Porto N\u00e1utico, un \u201cPorto Ban\u00fas do Cant\u00e1brico\u201d. Mellorar\u00edase unha boa estrada Ribadeo-Porto, e abrir\u00edase outra ben habilitada entrando polas Aceas pasando por Ove e sa\u00edndo \u00e1 estrada de Santa Cruz, as\u00ed se estruturar\u00eda o municipio cun crecemento perfectamente asumible.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero iso non se fai. Hai que dragar a R\u00eda de Riabdeo por parte de Portos de Galiza, sabendo que iso ti\u00f1a que estar prohibido por Patrimonio, por ser a R\u00eda un xacemento arqueol\u00f3xico subacu\u00e1tico de primeiro nivel europeo reco\u00f1ecido pola UNESCO. Hai vestixios cer\u00e1micos do s\u00e9culo IV a.C. Estaban 600 pezas gardadas na Casa da R\u00eda e \u201cdesapaceron\u201d pois a Casa da R\u00eda ten a porta rebentada e est\u00e1 aberta todo o ano, pola desidia municipal de non coidala. Segundo \u201cas malas linguas\u201d as pezas de cer\u00e1mica foron parar \u00f3 contedor do lixo, e outros din que foron para o Museo de Vigo, pero al\u00ed, parece ser, que nunca chegaron, e outras linguas din que as roubaron. O m\u00e1is probable.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, na mesma entrevista dise que Ribadeo vive moito de Asturias, posto que a efectos comerciais naturalmente que Ribadeo ofrece variedade e diversidade que \u201cnosotros no tenemos\u201d. Efectivamente. Pero esta parte, enseguida a volve a ama\u00f1ar dicindo que temos o mesmo \u201cecosistema\u201d, la \u201cR\u00eda nos vertebra\u201d, e sigue cun discurso de obras de pantal\u00e1ns para embarcaci\u00f3ns deportivas, etc. que xa est\u00e1n a montar. Do cal, sinceramente, me alegro, pois te\u00f1o amigos nese lado da r\u00eda, que est\u00e1n at\u00e9 as narices das malas condici\u00f3ns dos amarres.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO se\u00f1or don Quico, fala de que Castropol e Ribadeo est\u00e1n no Inter-Eo, e na Reserva da Biosfera Oscos Eo (e Terras de Bur\u00f3n). Nomes sobre os que, xa no seu d\u00eda, escrib\u00edn <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">cadanseus artigos<\/a> neste tan apreciado semanario (01 e 12 -agosto de 2011), pois est\u00e1 falando das Terras de Ribadeo que foron borradas do mapa por simples privilexios diocesanos, entre o arcebispado de Mondo\u00f1edo, o de Oviedo e a usura do Conde de Ribadeo D. Diego G\u00f3mez de Sarmiento e Villandrando, que vendeu terras e servidumes no ano 1551 por 8500 ducados. Un tipo que en Ribadeo nunca estivo.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA entrevista \u00e9 un discurso, un discurso non aceptable nin antes nin a estas alturas da pel\u00edcula. Pois aqu\u00ed non se trata simplemente do nome da R\u00eda da Ribadeo, posto que xa nas propiedades territoriais do Condado de Ribadeo, a Pierre de Villaines no ano 1369, e en 22 de abril de 1435 a Rodrigo de Villandrando, est\u00e1 establecida a extensi\u00f3n das Terras de Ribadeo at\u00e9 a Pobra de Navia, cousa que como todo o mundo sabe, ou deber\u00eda saber, chegan ata o r\u00edo Frexulfe en Navia, polo que tam\u00e9n iso das terras Eo-Navia \u00e9 outra das tantas falcatruadas as que nos te\u00f1en acostumados.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPero claro, v\u00e1lense da incompetencia e pasividade do actual goberno da Xunta de Galicia que leva cincuenta anos de democracia sen facer nada, m\u00e1is 40 anos desaparecido na ditadura franquista, un s\u00e9culo inactivo. Pasividade absoluta, que saben moi ben aproveitar desde o Principado para dividir a R\u00eda de Ribadeo \u00f3 medio, con Franco en 1958, e agora levando tanto a aquel Sr. Touri\u00f1o como ao \u201cprobe infeliz\u201d do Sr. Rueda dun lado para outro infl\u00e1ndolles o ego con palabras ocas, grandilocuentes e aduladoras para que se sintan \u201cgrandes e relevantes\u201d. Vaia forma de metelos no peto para que miren para outro lado e se siga perdendo o patrimonio de Ribadeo, e por suposto o patrimonio galego do Reino de Galicia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nChega tam\u00e9n \u00e1s mi\u00f1as mans, un artigo de prensa do peri\u00f3dico El Comercio 19 de abril 2024, onde se da a noticia \u201cEl tesoro de la R\u00eda del Eo ya est\u00e1 en el Museo Arqueol\u00f3gico\u201d, de Oviedo, Asturias. \u201cUn rollo de plomo, una roldana y un bola\u00f1o pertenecientes al buque hundido en la ensenada (de Arnao) en 1511\u201d. \u00cb admirable a forma de darlle solemnidade a actos de pirater\u00eda raquera, como vou a explicar, porque isto \u00e9 de libro.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPrimeiro e ante todo, en 1511 a enseada de Arnao era do Reino de Galicia, pois a venta das Terras de Ribadeo entre o Eo e o Navia, como xa dixemos, levouse a cabo en 1551. Segundo, a articulista de Castropol di: \u201clas piezas de un barco halladas en 2007\u201d, data na que estaba prohibida a inmersi\u00f3n en toda a R\u00eda. Iso confirma o que levo dicindo desde 1991, queren roubar o nome da R\u00eda de Ribadeo, para apropiarse do patrimonio da Galiza e levalo para os seus museos. A\u00ed est\u00e1. Feito. Pero por outro lado, como \u00e9 que saben que o barco afundido \u00e9 de 1511? Onde est\u00e1n os documentos da \u00e9poca que acrediten tal afundimento en Arnao? Atoparon os \u201cProtocolos de Construci\u00f3n\u201d do barco, ou estaba gravado o ano nunha t\u00e1boa da estampa de popa? Isto parece de risa.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAs pezas non son ning\u00fan tesouro. Una pasteca de bronce de 20-23 cm de di\u00e1metro pode ser perfectamente a pasteca de subir a cinza das caldeiras de carb\u00f3n do Cabo Torres, polo pozo de cinzas e escorias, usada a cada relevo de garda polos fogoneros que limpaban os cinceiros, para deixalos baleiros para a seguinte garda. Non hai nos barcos veleiros de 1511 pastecas para nada, posto que a pasteca \u00e9 un aparello que non ten reduci\u00f3n de traballo, a potencia a exercer e exactamente igual que o peso que hai que levantar (P=T), e nos barcos hab\u00eda moito traballo de izado como para usar pastecas a pelo. Calquera que te\u00f1a unha m\u00ednima noci\u00f3n de F\u00edsica sabe isto. Incluso puidera ser a pasteca da escotera da botavara o unha gu\u00eda de escota dun yate que fondeara al\u00ed o mes pasado, ou no ano 2007,&nbsp; jajaja.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outro lado o rollo de chumbo \u00e9 un respeto (recambio) de mantemento e reparaci\u00f3n mec\u00e1nica, usado nas tubaxes que poden sufrir vibraci\u00f3n, ben no servicio de vapor ou ben, no de aire comprimido, pois as abrazadeiras de suxeici\u00f3n van enzunchadas con zapatas de chumbo. Este artificio se pod\u00eda ver nas tubaxes de aire comprimido nos barcos das d\u00e9cadas de 1970, 1980 1990, como eu mesmo as te\u00f1o visto.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTam\u00e9n puidera dicirse que ser\u00eda usado pola carpinter\u00eda dun barco do s\u00e9culo XVIII ou XIX para reforzar os batideiros das vergas (antes reforzados con envoltos de coiro) ou para as cu\u00f1as da fogonadura dun m\u00e1stil, ou sen ir tan lonxe no tempo, para os batideiros dos velachos dun vapor do s\u00e9culo XIX, tal como, o Cabo Torres, que est\u00e1 afundido no canal de Porcill\u00e1n, polo que non ser\u00eda nada estra\u00f1o que de al\u00ed sa\u00edra o tal rollo de chumbo e o \u201clevantaran\u201d en Arnao, ou din que apraceu al\u00ed, e listo, exactamente igual que a \u201cpasteca de bronce\u201d. Raque puro e duro do pecio Cabo Torres o meu entender.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nCon relaci\u00f3n ao bola\u00f1o, ou bala redonda de pedra dun canon do s\u00e9culo XVI, tam\u00e9n pode ser \u201creliquia\u201d do pecio San Francisco ou do Galgo de Andaluc\u00eda, que no s\u00e9culo XVIII defend\u00edan o Porto de Ribadeo, sito no Condado de Ribadeo do Reino de Galicia. Pero seguramente, \u00e9 m\u00e1is probable, que sexa do gale\u00f3n Santiago, posto que como eu mesmo te\u00f1o recollido datos, no taller do peirao de Mirasol do meu amigo e recordado Gelo, cando o arque\u00f3logo Miguel San Claudio retirou as primeiras evidencias do achado do gale\u00f3n, sac\u00e1ronse como mostra bola\u00f1os de 80-85 mm de di\u00e1metro, de 110 mm, de 145 mm, de 220 mm e de 330 mm, entre outras pezas interesantes de madeira. Todo para saber da s\u00faa procedencia e construci\u00f3n. Quedaban no fondo decenas de bola\u00f1os m\u00e1is, que seguramente a estas alturas non quede ning\u00fan de mostra, por aquelo de estar baixo a ameaza do raque e o furtivismo subacu\u00e1tico.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nAo mesmo tempo dicir que o Gale\u00f3n Santiago est\u00e1 sito no canal de Cabanela, hoxe transformado en parte da explanada da maldita escollera e precisamente na zona de dragado do canal, que debera estar prohibido dragar por Patrimonio, se \u00e9 que acaso esta rama da Administraci\u00f3n P\u00fablica da Xunta existira como tal.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPois ben. No Principado de Asturias danlle relevancia e solemnidades o \u201cachado en Arnao\u201d e chaman para a \u201ccerimonia de entrega do tesouro\u201d ao Museo Arqueol\u00f3xico de Oviedo, nada menos que a un Vicealmirante e a un Tenente de Nav\u00edo, que est\u00e1n extasiados (v\u00e9xase a fotograf\u00eda que acompa\u00f1a a reportaxe) diante de tres cazolos de pl\u00e1stico coas pezas arriba mencionadas. En menudas pel\u00edculas se mete esta xente da Armada.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nTotal, e o meu entender, as pezas non te\u00f1en ningunha importancia hist\u00f3rica, pois carecen de contesto e valor engadido, e solo te\u00f1en o valor de chatarra atopada nun fondeadoiro, exactamente igual que a chatarra que se pode atopar nas decenas de fondeadoiros de toda a cornixa cant\u00e1brica.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nO que realmente son tesouros da R\u00eda de Ribadeo, son as pezas de cer\u00e1mica, \u00e1nforas e cachos de pezas partidas con sinais inequ\u00edvocas da s\u00faa \u00e9poca. Como xa dixemos, aquelas 600 pezas depositadas na Casa da R\u00eda de Santa Cruz, at\u00e9 fai poucos meses. Esas s\u00ed, esas s\u00ed ti\u00f1an valor hist\u00f3rico reco\u00f1ecido e que foron expostas na Oficina de Informaci\u00f3n e Turismo de Ribadeo, onde todos as puidemos contemplar e, onde van? Cando fixeron limpeza da esquecida e cochambrosa Casa da R\u00eda, ser\u00e1 verdade que as tiraron no contedor do lixo?? Onde est\u00e1n as pezas arqueol\u00f3xicas da R\u00eda de Ribadeo? Aparecer\u00e1n dentro dun tempo tam\u00e9n en Arnao?<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nSupo\u00f1o que San Claudio e a Armada Espa\u00f1ola saber\u00e1n que se est\u00e1 facendo co patrimonio da R\u00eda de Ribadeo. Non \u00e9 pequena nin ef\u00e9mera a cuesti\u00f3n pois afecta a Historia da Navegaci\u00f3n en Europa, non s\u00f3 a historia local e nacional de Galicia.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nOnde est\u00e1n as nosas Autoridades Auton\u00f3micas e as do Concello de Ribadeo para pedir contas sobre tanta falcatruada? Seguirase gastando o presuposto do Concello de Ribadeo, de 12 mill\u00f3ns de euros, 2000 mill\u00f3ns das antigas pesetas, en enchedoiras, chocolatadas, feiras, festas e mercados dos amiguetes con dereito o voto? Seguirase a facer pol\u00edtica clientelar en vez de facer polas cousas que realmente importan?<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA pol\u00edtica \u00e9 para servir, non para servirse, pero hai individuos ben traxados e engravatados que as matan calando, e que, \u00e1 primeira de cambio&#8230; En fin.<\/em><\/p>\n<p><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a>Raquear: andar na procura de restos de naufraxios.<a href=\"#top1\"><sup>\u21a9<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; RAQUEANDO (1) Pancho Campos Dorado En La Comarca del Eo de 27-abril-2024 aparece unha entrevista co alcalde Castropol Sr. D. Quico Vinjoy, titulada, \u201cDefendimos que R\u00eda del Eo y R\u00eda de Ribadeo tuviesen el mismo valor, que no se eliminase ning\u00fan nombre\u201d. Sigue, por tanto, a senda da teimuda postura astur de querer equiparar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[46,9],"class_list":["post-489","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-pancho-campos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/489","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=489"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/489\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=489"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=489"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=489"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}