{"id":4882,"date":"2020-12-11T09:45:00","date_gmt":"2020-12-11T08:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:15","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:15","slug":"socialismo-en-europa-2020-editorial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/12\/11\/socialismo-en-europa-2020-editorial\/","title":{"rendered":"SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020). Por Evaristo Lombardero Rico"},"content":{"rendered":"<p>SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020)<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Xabier P\u00e9rez Davila (Bueu, 1957) \u00e9 un economista, residente en Vigo, que ven de publicar, baixo este tiduo, un traballo de m\u00e1is de cincocentas p\u00e1xinas, que vai ser referente obrigado nos pr\u00f3ximos anos, sobre a necesaria transici\u00f3n ao socialismo e a madureza deste proceso en Europa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A tese central deste autor res\u00famese na idea de que a concentraci\u00f3n do capital en poucas corporaci\u00f3ns transnacionais e a planificaci\u00f3n, tam\u00e9n centralizada por medio dos modernos algoritmos inform\u00e1ticos, facilitan a socializaci\u00f3n, por v\u00eda democr\u00e1tica, deste conxunto de superestruturas. A mercantilizaci\u00f3n neoliberal que colleu pulo tralo golpe de estado que derrocou a Salvador Allende e a desintegraci\u00f3n da URSS est\u00e1 conducindo ao mundo as crises econ\u00f3micas encadeadas, ao esgotamento dos recursos primarios, ao deterioro ambiental irreversibel e a unha sobreexplotaci\u00f3n das clases traballadoras que elimina, na pr\u00e1ctica, todas as conquistas do movemento obreiro plasmadas no dereito laboral, derrog\u00e1ndoo de feito.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pola outra banda a tradici\u00f3n democr\u00e1tica europea, a formaci\u00f3n cient\u00edfico-t\u00e9cnica dos traballadores e o esgotamento dos paradigmas tecnodesenrolistas que manti\u00f1an a utop\u00eda do desenvolvemento contino baixo o sistema ultraliberal conducen inexorablemente \u00e1 concienciazon social que non \u00e9 mais que a toma de contacto ca realidade coti\u00e1n en t\u00f3dolos paises europeos. En contra das teor\u00edas que apuntan \u00e1 desaparici\u00f3n das clases sociais, os n\u00fameros contantes e sonantes que analiza o autor revelan que a asalarizaci\u00f3n masiva das \u00faltimas d\u00e9cadas supera amplamente a t\u00f3dalas fases anteriores do desenvolvemento industrial. Que agora se presenta baixo formatos diferentes no que atinxe aos modelos de estrutura empresarial pero cos mesmos ou peores resultados no que atinxe ao rendemento do traballo para as clases dependentes e ao incremento da apropiaci\u00f3n da mais-val\u00eda para as elites dominantes. Elo unido a que a financiarizaz\u00f3n da econom\u00eda non s\u00f3 non aporta valor engadido, sen\u00f3n que, pola contra, produce un efecto bumer\u00e1n que transmite as suas crises aos sectores industriais, agr\u00edcolas, comerciais, etc, que son os verdadeiramente productivos de riqueza. Como di na contraportada: \u201cO capital m\u00f3strase incapaz de reconducir a crise ecol\u00f3xica e frear o aumento da temperatura global, po\u00f1endo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Debe suli\u00f1arse tam\u00e9n que o traballo de P\u00e9rez Davila enc\u00e1drase no eido da investigaci\u00f3n socioec\u00f3mica e an\u00e1lise de datos cuantitativos perfectamente identificabeis por medio de mais de cincocentas citas bibliogr\u00e1ficas, que supera amplamente o modelo de ensaio de opini\u00f3n aos que nos te\u00f1en afeitos distintos autores nos \u00faltimos anos. Realmente tr\u00e1tase de unha aportaci\u00f3n verdadeiramente novidosa que enriquece a bibliograf\u00eda disponible, atrever\u00edame a dicir a nivel mundial. Aplica a teor\u00eda marxiana do valor \u00e1s modernas estruturas do sistema neoliberal, pero fuxe de calquer doctrinarismo ou tentaci\u00f3n panfletaria. De redacci\u00f3n sinxela e directa, faise de lectura doada e accesible a un nivel b\u00e1sico de formaci\u00f3n. Mesmo dir\u00eda que moitas persoas con ideas pol\u00edticas discrepantes, pero con sensibilidade social poder\u00edan disfrutar da sua lectura e seguramente compartir unha gran parte dos contidos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En resumen, as propostas do autor recollen as principais demandas que foron abrollando nos \u00faltimos decenios. Unha sociedade onde os dereitos pol\u00edticos e econ\u00f3micos das grandes maior\u00edas prevalezan sobre a cobiza do capital transnacional, onde a crise enerx\u00e9tica e medioambiental e o quecemento global sexan superadas pola planificaci\u00f3n basada en estructuras democr\u00e1ticas e nos co\u00f1ecementos cient\u00edficos, onde o modelo patriaracal pase definitivamente aos libros de historia e onde a especie humana enfronte un futuro de paz, xustiza e democracia para o desenvolvemento progresivo das suas capacidades.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Para rematar quixera suli\u00f1ar a sensaci\u00f3n persoal de que o traballo de Xabier P\u00e9rez ten a dupla virtualidade de promover o debate e concitar o consenso. Lonxe de presentarse como un protocolo de actuaci\u00f3ns recomendabeis, aporta unha serie de materiais, an\u00e1lises e documentos que convocan ao continuar no estudo e traballo colectivo para acadar non a soluci\u00f3n ut\u00f3pica revolucionaria, sen\u00f3n as alternativas pr\u00e1cticas e realistas a crise global onde poden ter acollida todos e todas as que queiran participar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E non o menos importante: escrito para o mundo en lingua galega e dende Galicia.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico.<\/p>\n<p>Ribadeo, 9 de decembro de 2020.&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"font-size: xx-small;\">Nota: esta entrada foi posta de novo en estado de borrador o 12 de decembro de 2020. <\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>SOCIALISMO EN EUROPA 2020 (Editorial Laiovento 2020) &nbsp;&nbsp;&nbsp; Xabier P\u00e9rez Davila (Bueu, 1957) \u00e9 un economista, residente en Vigo, que ven de publicar, baixo este tiduo, un traballo de m\u00e1is de cincocentas p\u00e1xinas, que vai ser referente obrigado nos pr\u00f3ximos anos, sobre a necesaria transici\u00f3n ao socialismo e a madureza deste proceso en Europa. &nbsp;&nbsp;&nbsp; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,34,13,9],"class_list":["post-4882","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-evaristo-lombardero","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4882","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4882"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4882\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4882"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4882"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4882"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}