{"id":4879,"date":"2020-12-14T09:34:00","date_gmt":"2020-12-14T08:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:07:05","modified_gmt":"2024-11-12T12:07:05","slug":"auga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/12\/14\/auga\/","title":{"rendered":"Auga"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg7WhKCS2N6WJ5kzgjuRab71Hsu67liPoc71kCkiHwH4G-hLpK2QH754KoWL9XolT64w0-GHwIkXhCv2dG0SaL-bDqD0QkpXirt-wQSV7KNSIIz9qn7t3BO9ApMKEWgpHoiv9orJQ\/s2048\/El+mercado.+La+miseria+de+los+zapatos.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"561\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEg7WhKCS2N6WJ5kzgjuRab71Hsu67liPoc71kCkiHwH4G-hLpK2QH754KoWL9XolT64w0-GHwIkXhCv2dG0SaL-bDqD0QkpXirt-wQSV7KNSIIz9qn7t3BO9ApMKEWgpHoiv9orJQ\/s2048\/El+mercado.+La+miseria+de+los+zapatos.jpg\" width=\"391\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Chove? Non, hoxe non parece que vaia ser o caso en Ribadeo. Pero a auga sempre \u00e9 noticia: necesit\u00e1mola. E por esa necesidade humana, a rabia fronte \u00e1 privatizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Hai moita diferencia entre regulaci\u00f3n e privatizaci\u00f3n. Como ben moitas veces escaso (mesmo na nosa terra dos mil r\u00edos), regular o seu uso non \u00e9 ter mala visi\u00f3n, e dende hai moito tempo diversas sociedades organiz\u00e1ronse para ter acceso \u00e1 auga e compatibilizalo co seu uso en diversas necesidades. Co aumento do consumo e a diminuci\u00f3n da s\u00faa dispo\u00f1ibilidade, ben polo cambio clim\u00e1tico (ese que foi negado moitas veces), ben polo esgotamento dos acu\u00edferos por sobreconsumo, ben por contaminaci\u00f3n, o problema do regulamento incrementa a s\u00faa dificultade: sempre \u00e9 m\u00e1is doado repartir a abundancia que a escaseza. Que en zonas como Los \u00c1ngeles vaian na procura de auga a 500 km de distancia, comprando dereitos de auga a poboaci\u00f3ns lonxe das s\u00faas r\u00faas, que comercializadoras de auga envasada detraian recursos secando fontes de aprovisionamento de poboaci\u00f3ns (noticia tam\u00e9n nos EEUU), que a auga remate contaminada por produtos qu\u00edmicos e os veci\u00f1os non podan beber auga da billa (si, tam\u00e9n nos EEUU, a meca da liberdade dos cartos) ou que sexa por culpa da procura de petr\u00f3leo (pois si, tam\u00e9n nos EEUU, esa inmensa fonte de noticias que empregan para regarnos, pero asemade en sitios como Ecuador) foron avisos de que o nivel de apropiaci\u00f3n privada -expropiaci\u00f3n do com\u00fan- da auga estaba subindo. Ata a semana pasada, na que a noticia foi &#8216;a auga comeza a cotizar na bolsa de Nova York&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A cousa \u00e9 m\u00e1is complexa que o que parece a ra\u00edz do titular citado, pero a idea est\u00e1 a\u00ed: a auga convertida en ben de mercado, por obra e gracia do ditado mercantil. A m\u00e1is da pregunta entre retranqueira e ret\u00f3rica de &#8216;<em>que vai ser o pr\u00f3ximo? O aire?<\/em>&#8216;, xa contestada pola existencia dos dereitos de emisi\u00f3n de CO<sub>2<\/sub>, coido que deberamos ir vendo algo m\u00e1is al\u00f3. Para prepararnos, como cando dicimos &#8216;cando vexas as barbas do teu veci\u00f1o cortar, pon as t\u00faas a remollar&#8217;, ou proposto como tema de supervivencia, a difusi\u00f3n a nivel mundial da noticia da privatizaci\u00f3n da auga -repito, a\u00ednda que non sexa exactamente as\u00ed- apoiada polas t\u00edpicas chamadas a explicaci\u00f3ns \u00e1 mellor distribuci\u00f3n e uso dentro do sistema capitalista, debe po\u00f1er os pelos de punta a quen non aspire a controlar o sistema (l\u00e9ase, a quen non sexa como Nestl\u00e9 ou Agbar).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De pronto, venme \u00e1 cabeza un pequeno conto que lin hai moito tempo sobre un mercado da auga, &#8216;O mercado. Par\u00e1bola do dep\u00f3sito da auga&#8217; de Edward Bellamy (Pode atoparse na rede de xeito libre en moitos lugares, e coido que paga a pena o procuralo, como aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/arranbages.files.wordpress.com\/2013\/11\/el-mercado.pdf\">https:\/\/arranbages.files.wordpress.com\/2013\/11\/el-mercado.pdf<\/a>). En resume, exp\u00f3n unha trama: cr\u00e9ase unha dependencia fortu\u00edta que se converte en escravitude, o que fai necesaria unha loita para albiscar un novo futuro. Hoxe por hoxe, tal parece que sexamos caracteres do conto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; &nbsp;&nbsp; Chove? Non, hoxe non parece que vaia ser o caso en Ribadeo. Pero a auga sempre \u00e9 noticia: necesit\u00e1mola. E por esa necesidade humana, a rabia fronte \u00e1 privatizaci\u00f3n. &nbsp;&nbsp; Hai moita diferencia entre regulaci\u00f3n e privatizaci\u00f3n. Como ben moitas veces escaso (mesmo na nosa terra dos mil r\u00edos), regular o seu uso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26],"class_list":["post-4879","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4879","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4879"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4879\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4879"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4879"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4879"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}