{"id":4865,"date":"2020-12-29T10:03:00","date_gmt":"2020-12-29T09:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:40","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:40","slug":"ribadeo-na-noite-dos-tempos-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/12\/29\/ribadeo-na-noite-dos-tempos-pancho\/","title":{"rendered":"RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;<\/p>\n<p>Que imaxe podemos facernos dun per\u00edodo tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que est\u00e1 cheo de tantas incertezas? \u00c9 un exercicio arriscado facer un relato veros\u00edmil sobre a poboaci\u00f3n prehist\u00f3rica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboaci\u00f3n da que non hai nada escrito, da que non hai historia local algunha. Pero merece a pena intentalo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De principio podemos dicir e aseverar sen d\u00fabida de equivocarnos que a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r%C3%ADa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo<\/a> \u00e9 un punto estrat\u00e9xico e primordial na rede comercial mar\u00edtima europea de t\u00f3dolos tempos antigos e dos alto e baixo medievais, debido a s\u00faa condici\u00f3n xeo-estrat\u00e9xica no litoral Atl\u00e1ntico por ser porto seguro unha vez alcanzado, onde a vida dos navegantes e dos barcos est\u00e1 sempre a salvo da ameaza das condici\u00f3ns adversas do mar e onde se pode reparar o casco, aprontar os aparellos, facer augada e meter provisi\u00f3n de alimentos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A ausencia dunha espec\u00edfica documentaci\u00f3n escrita non fai f\u00e1cil identificar que clase de estrutura social, pol\u00edtica ou econ\u00f3mica ter\u00eda aquela sociedade; que t\u00e9cnicas agr\u00edcolas e gandeiras, ou que medios de pesca e marisqueo ter\u00edan para a s\u00faa subsistencia. Mais esta condici\u00f3n de sociedade \u00e1grafa non nos arreda das nosas intenci\u00f3ns de escribir sobre o noso pasado antigu\u00edsimo, pois hai factores relevantes innegables como son os ach\u00e1degos &#8216;antediluvianos&#8217; de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Louselas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Louselas<\/a>, a <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=toponimia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">toponimia<\/a> do entorno e a documentaci\u00f3n parahist\u00f3rica doutros poboamentos veci\u00f1os que s\u00ed escribiron a s\u00faa historia sobre condici\u00f3ns iguais que as dos nosos antepasados. Isto an\u00edmanos a facer un relato intuitivo que nos permite albiscar unha cronolox\u00eda aceptable para encanar o noso estudo que non por ser impreciso ser\u00e1 menos certo. E canto m\u00e1is atr\u00e1s tratemos de remontarnos no tempo, maior diverxencia haber\u00e1 nas datas que poidamos propo\u00f1er hoxe, pero que se poder\u00e1n axustar a medida que se vaian facendo descubrimentos que se te\u00f1en que facer m\u00e1is tarde ou m\u00e1is cedo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Desde cando hai unha poboaci\u00f3n galaico-atl\u00e1ntica permanente nestas terras? Hai restos arqueol\u00f3xicos l\u00edticos moi abundantes de fabricaci\u00f3n de \u00fatiles con diversos tipos de retoque en choppers, fendedores, raedeiras, raspadores, cuitelos de dorso natural, perforadores, bifaces, etc. que pertencen  a unha poboaci\u00f3n antigu\u00edsima nas beiras do actual Ribadeo, o xacemento de Louselas do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Paleol%C3%ADtico_inferior\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paleol\u00edtico Inferior<\/a> datado en catrocentos oitenta mil anos de antig\u00fcidade o acredita. Pero s\u00e1bese de certo que o nivel do mar fai cento vinte mil anos (<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Glaciaci%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">per\u00edodo interglacial<\/a> <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Interglaciar_Riss-W%C3%BCrm\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Eemiense<\/a>) subiu por encima do nivel actual e cubriu por completo o xacemento de Louselas polo que aquela primitiva xente tivo que trasladarse \u00e1s ladeiras e cimas das monta\u00f1as, a lugares m\u00e1is altos. O nivel do mar volveu a ir baixando en per\u00edodos graduais de miles de anos e chegou ao seu nivel m\u00e1is baixo, 120 metros por debaixo do nivel actual, fai vinte mil anos, cuxo nivel se mantivo case oito mil anos, ou sexa at\u00e9 fai doce mil anos, \u00faltimo per\u00edodo glacial, en que volveu a subir at\u00e9 alcanzar o nivel actual en pouco menos de dez mil anos.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp; &nbsp; Nestes per\u00edodos de tan baixo nivel do mar as covas no acantilado das ribeiras da R\u00eda de Ribadeo que son en abrigo rochoso o aire libre con forma de viseira, actualmente practicamente enterradas, poden ser vestixio das covas onde viv\u00edan aquelas poboaci\u00f3ns do epipaleol\u00edtico e do neol\u00edtico at\u00e9 fai uns case catro mil anos. Non temos probas de canta poboaci\u00f3n puidese haber nin de canto tempo estiveron vivindo en ditas covas, pero s\u00ed de que por al\u00ed estiveron e que para algo as usaron de modo permanente ou estacional por largas tempadas, polos restos l\u00edticos que quedaron de lascas de cuarcita. Pero como dixo o arque\u00f3logo brit\u00e1nico <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Mortimer_Wheeler\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Mortimer Wheeler<\/a>, \u201cpode que o arque\u00f3logo atope o tonel, pero de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Di%C3%B3xenes_de_S%C3%ADnope\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Di\u00f3xenes<\/a> non queda nin rastro\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por tanto, segundo n\u00f3s o entendemos, houbo poboaci\u00f3n sedentaria nas Terras de Ribadeo moi anteriormente ao que puid\u00e9semos pensar cando a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_de_Bronce_en_Galicia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Idade do Bronce Final<\/a> (s\u00e9culos VII-VI a.C.) lle deixa paso a \u201c<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cultura_castrexa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">cultura castrexa<\/a>\u201d tan evidente nos asentamentos castrexos da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_de_Ferro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Idade do Ferro<\/a>, que no concello do Ribadeo actual, co\u00f1ecemos o emprazamento de nove: <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/castro%20das%20Grobas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">As Grobas<\/a> (Vilasel\u00e1n); Fornelos (Pi\u00f1eira); Meirengos e os Castros (A Devesa); A Coroa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As C\u00e1rcobas (Ove), pero incluso \u00e9 posible que haxa m\u00e1is xacementos e todos eles esquecidos pola Administraci\u00f3n da Xunta de Galiza.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Aqu\u00ed polo que nos atinxe, atop\u00e1monos na obriga de facer un inciso. No ano 2003 o Ministerio de Medio Ambiente de Espa\u00f1a a trav\u00e9s do Servizo de Costas e en colaboraci\u00f3n coa Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio de Galiza, \u00eda facer un investimento de tres mill\u00f3ns de euros, para recuperar o Castro de As Grobas, e as\u00ed o anunciaba aquel alcalde de Ribadeo en La Voz de Galicia 18\/02\/2003. Todo quedou en nada. Logo no ano 2009 (La Voz de Galicia 22\/04\/2009) f\u00edxose, por fin, unha intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica pola \u201cincrible cifra\u201d de trinta mil euros (durou un mes) quedando evidencia de que era un castro anterior a romanizaci\u00f3n con ocupaci\u00f3n dilatada no tempo. Vamos, f\u00edxose un \u201cincrible estudo\u201d sobre o castro, mir\u00e1ronse apenas 50 metros cadrados dun poboado de 35000 metros cadrados, ou sexa, quedou o asunto coma sempre na total indiferenza e desidia a que nos te\u00f1en acostumados desde a Xunta de Galicia, e todo canto dixeron e fixeron non serviu absolutamente para nada. O prestixioso arque\u00f3logo Emilio Ramil que dirixiu a escavaci\u00f3n, con moi bo criterio fac\u00eda fincap\u00e9 en que o poboado ti\u00f1a importancia e aconsellaba seguir adiante na escavaci\u00f3n para po\u00f1elo en valor. Al\u00ed se presentou o delegado provincial de Cultura \u201cen funci\u00f3ns\u201d e o Xefe de Costas, Jos\u00e9 Manuel Esteban quen foi \u201cavalar a actuaci\u00f3n na sede do Ministerio de Medio Ambiente de Madrid\u201d. Ou sexa, non se fixo absolutamente nada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En fin, sigamos coa nosa pseudohistoria, pois pola s\u00faa natureza especulativa do momento presente, permanecer\u00e1 no terreo da hip\u00f3teses. Pero por que se producen neste recuncho da Galiza tales xacementos tan temper\u00e1ns?. Posiblemente porque os cambios clim\u00e1ticos da \u00faltima glaciaci\u00f3n non afectaron moito a esta zona e as condici\u00f3ns de subsistencia non foron destru\u00eddas. O clima permit\u00eda o crecemento de froitos silvestres e facilitou a agricultura de secan, na magnifica terra que pisamos, e manti\u00f1a unha poboaci\u00f3n estable, non sabemos de cantos individuos pero posiblemente alg\u00fans centos diseminados en pequenas comunidades pr\u00f3ximas, como evidencian os xacementos castrexos, que se alimentaban grazas \u00e1 recolecci\u00f3n de froitos e a domesticaci\u00f3n de animais como ovellas, cabras, vacas e porcos, alg\u00fans cabalos e burros, e de plantas como o trigo, cebada e algunhas leguminosas, ademais pescaban e mariscaban como evidencian os concheiros existentes en varios castros.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Facer un panorama de como era e como viv\u00eda aquela sociedade anterior a castrexa con tan poucos restos arqueol\u00f3xicos que se atoparon nas escas\u00edsimas catas non \u00e9 posible sen entrar de cheo no terreo do hipot\u00e9tico. Os restos das escavaci\u00f3ns procuran evidencias, pero a\u00ednda as\u00ed, o estudo da prehistoria ademais dun estudo sistem\u00e1tico dos vestixios atopados polo arque\u00f3logo e unha labor de pescudas e criterios imaxinativos, polo que explicaba Sir Mortimer.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As poboaci\u00f3ns dos castros datan dos s\u00e9culos IV-III a.C. mais temos evidencia dunha poboaci\u00f3n estable e xa moi civilizada, que nos revela o xacemento do henge de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=A+Roda\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A Roda de Santiago de Reinante<\/a>, datado en 1700 anos a.C. que pode chegar a 2000 anos a.C. (II milenio a.C.) segundo dataci\u00f3n con <sup>14<\/sup>C. Ou sexa o xacemento data da transici\u00f3n final do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Neol%C3%ADtico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Neol\u00edtico<\/a>&#8211;<a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_do_Cobre\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Calcol\u00edtico<\/a> (metalurxia do cobre) e da <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_de_Bronce\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">idade de bronce<\/a> Proto-Atl\u00e1ntico da Galiza (1800-1700\/1200-1100 a.C.) que corresponde coa <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/El_Argar\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">cultura Arg\u00e1rica<\/a>, varios s\u00e9culos antes das invasi\u00f3ns <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Celtas\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">celtas<\/a>. A Roda \u00e9 un magn\u00edfico templo-calendario de un valor prehist\u00f3rico e tur\u00edstico incalculable. Un recinto cerimonial que nos marca efem\u00e9rides astron\u00f3micas como son os solsticios. Estes templos eran lugares de poder pol\u00edtico e relixioso que non existir\u00edan sen\u00f3n houbese unha poboaci\u00f3n estable pr\u00f3xima. Polo que moitos castros cremos foron feitos en poboados xa existentes pero que estar\u00edan feitos con materiais perecedoiros e non de pedra como se ven actualmente os seus restos.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por outra banda, despois ou durante a \u00e9poca final dos castros, aparece na toponimia de Ribadeo un nome que albisca ser hist\u00f3rico, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Porcill%C3%A1n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porcill\u00e1n<\/a>. Un barrio de pescadores na alta <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Idade_Media\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Idade Media<\/a>, mais o seu \u00e9timo latino Porto Iulanus ou Julianus prov\u00e9n da \u00e9poca romana. Segundo Dion Casio, no ano 62 a.C. unha escuadra romana dirixida por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xulio_C%C3%A9sar\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xulio C\u00e9sar<\/a>, chega ao lugar de Brigantium ou Brigantum (A Coru\u00f1a). Con cargo de Pretor ven a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Gallaecia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Gallaecia<\/a> no ano 59 a.C. \u00e9poca en que as v\u00edas mar\u00edtimas eran moi importantes, tal que as\u00ed, que no s\u00e9culo II d.C. os romanos levantan a <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Torre_de_H%C3%A9rcules\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Torre de H\u00e9rcules<\/a>, o que demostra a importancia comercial daquel tr\u00e1fico mar\u00edtimo. Roma ti\u00f1a portos estrat\u00e9xicos ao longo das costas polas que navegaba tanto para abastecer as s\u00faas forzas militares, como para procurarse minerais de ouro, esta\u00f1o e ferro que hab\u00eda por esta bisbarra. Tam\u00e9n desta zona seguir\u00edan importando os romanos, como fixeron anteriormente os <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fenicios\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">fenicios<\/a> de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Tiro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Tiro<\/a>, os caracoli\u00f1os de mar chamados murex (purpura haemastoma) dos que se extra\u00eda a cor p\u00farpura coa que tingu\u00edan as capas os emperadores e persoeiros da m\u00e1is alta nobreza romana.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Despois do s\u00e9culo I d.C. non volvemos a ter noticias destas poboaci\u00f3ns at\u00e9 atoparnos co <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/esperautano-y-la-cristianizacion-de-la.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Diploma do rei don Silo<\/a> do 23 de agosto de 775 de onde o noso inesquecible veci\u00f1o, experto ling\u00fcista e latinista <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez D\u00edaz<\/a>, deduce e fixa con certeza que o <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2016\/06\/esperautano-y-la-cristianizacion-de-la.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Mosteiro de Esperautano<\/a> est\u00e1 na planicie de A Gra\u00f1a, concretamente entre os r\u00edos Mera, hoxe desaparecido e o Alesancia (hoxe o r\u00edo Grande) do que se deriva o actual top\u00f3nimo de As Anzas. E si hab\u00eda un mosteiro de tal renome no s\u00e9culo VIII ti\u00f1a que haber un poder pol\u00edtico e relixioso na zona con bastante anterioridade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A partir daqueles s\u00e9culos VIII e IX podemos extrapolar que a poboaci\u00f3n das Terras de Ribadeo xa ti\u00f1an certa relevancia dentro do territorio do <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Reino_de_Galicia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Reino de Galiza<\/a>. E nos s\u00e9culos X, XI, XII e XIII est\u00e1 consolidada a poboaci\u00f3n do propio Ribadeo sen ningunha d\u00fabida, tal que as\u00ed, que a primeiros dos s\u00e9culo XIII comeza a construci\u00f3n da Igrexa-Catedral de Ribadeo que terminou sendo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=colexiata\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Colexiata<\/a>, polo que si Ribadeo a primeiros do s\u00e9culo XIII ti\u00f1a entidade como para ser s\u00e9 episcopal, quer dicir que xa vi\u00f1a de vello o seu renome e categor\u00eda. Perder aquela s\u00e9 episcopal Ribadeo, foi perder o ser unha gran cidade pero&#8230;&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Aqu\u00ed rematamos o noso relato de Ribadeo na Noite dos Tempos, pois xa chegamos a s\u00faa Historia con mai\u00fascula, \u00e1 historia da anarqu\u00eda feudal at\u00e9 o s\u00e9culo XI, dos cabaleiros dotados de aptitudes f\u00edsicas e de medios financeiros para selo e a s\u00faa relaci\u00f3n cos se\u00f1ores, cimentada na fidelidade persoal e no reparto de prebendas que acabou por crear clientelas exclu\u00edntes pois cada guerreiro obedec\u00eda a un se\u00f1or o que provocaba inseguridade civil e os campesi\u00f1os cada vez m\u00e1is empobrecidos quedaron atados \u00e1s terras propiedade dos se\u00f1ores. A autoridade real pasou a ser autoridade das decenas de se\u00f1ores (cl\u00e9rigos e nobres) que ti\u00f1an en propiedade as terras, aqueles se\u00f1ores que se enredaron en conflitos e guerras privadas entre uns e outros, os b\u00e1rbaros non vi\u00f1an do exterior, xurd\u00edan no seno da cristiandade esixindo a sangre dos \u201ccampesi\u00f1os servos\u201d. Estaba cristalizando o feudalismo, o nacemento das Ordes Militares de Cabaler\u00eda, dalgunha das cales se fixo menci\u00f3n nos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo. Pero iso \u00e9 xa Historia escrita.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioAw8fl8_e1k28ZAgGe1Gtn0LstQ_2VSZnfSTDX8T76er33_yt8XdqDDS7tFodxkSH3aWa3zWtkMNmoMGmKf2GFvcjF0TL6g72y4YWO0l364jYZL8Q9hx1dfuLbx7MfYwRU2Gl0A\/s2048\/Castro+das+Grobas+2009.jpg\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"478\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioAw8fl8_e1k28ZAgGe1Gtn0LstQ_2VSZnfSTDX8T76er33_yt8XdqDDS7tFodxkSH3aWa3zWtkMNmoMGmKf2GFvcjF0TL6g72y4YWO0l364jYZL8Q9hx1dfuLbx7MfYwRU2Gl0A\/s2048\/Castro+das+Grobas+2009.jpg\" width=\"637\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Zona de cata no Castro de As Grobas do ano 2009<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS &nbsp;&nbsp; Que imaxe podemos facernos dun per\u00edodo tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que est\u00e1 cheo de tantas incertezas? \u00c9 un exercicio arriscado facer un relato veros\u00edmil sobre a poboaci\u00f3n prehist\u00f3rica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboaci\u00f3n da que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-4865","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4865","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4865"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4865\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4865"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4865"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4865"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}