{"id":4860,"date":"2021-01-04T15:21:00","date_gmt":"2021-01-04T14:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:27","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:27","slug":"unha-luva","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/04\/unha-luva\/","title":{"rendered":"Unha luva"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjIfyUL4ARI7ZbEQs-wcyME7iX0GEyqgdxako4zj2OAj9VEnqya-pTKmtlpTH8dn6SJqjYWW9eqjnmB7lvffgYKyJhbiqn4qO6wgNB6uvViW5aySPAKhuwWQuNXXpl5CvIr8DLbCQ\/s2048\/luva.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"400\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjIfyUL4ARI7ZbEQs-wcyME7iX0GEyqgdxako4zj2OAj9VEnqya-pTKmtlpTH8dn6SJqjYWW9eqjnmB7lvffgYKyJhbiqn4qO6wgNB6uvViW5aySPAKhuwWQuNXXpl5CvIr8DLbCQ\/s2048\/luva.jpg\" width=\"288\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Unha luva<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparici\u00f3n da (ou das) protagonista principal.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A historia de fondo \u00e9 curta: paseando con tranquilidade e tempo, un d\u00eda fr\u00edo e con chuvia intermitente, empu\u00f1ando paraugas e unha bolsa, a r\u00faa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois de deixar unha man libre para manexar o m\u00f3bil. Volvo sobre os meus pasos ata onde lembro que a ti\u00f1a posta, revisando coa vista de xeito minucioso o chan, beirarr\u00faa ou calzada ou herba, e mesmo os peches de fincas pr\u00f3ximos nos que poidera quedarse trabada nunha ca\u00edda. Non a atopo, e volvo facer de novo o recorrido. Sen resultado, volvo xa cami\u00f1o da casa, mais polos mesmos lugares, fix\u00e1ndome unha \u00faltima vez. Nisto, dec\u00e1tome de que as casas da zona que atraveso nese momento, antigas, te\u00f1en un oco das fiestras onde se poden deixar cousas. E se tivera ca\u00eddo por al\u00ed e algu\u00e9n a recollera e pousara? De novo, retrocedo uns metros. Abondos para decatarme de que si ti\u00f1a habido un algu\u00e9n que deixou atrapada a luva nun tirador dunha porta sen uso. Non se mollara, e volv\u00edn \u00e1 casa cun exercicio inesperado e coa luva na man acompa\u00f1ando un sorriso na face.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Nada que non te\u00f1a sucedido de xeito m\u00e1is ou menos parello a moita xente. Mais a comezos de 2021, coas noticias bombardeando con novos casos e novas cepas de covid, terceira onda, contaxios irresponsables polas festas non menos irresponsables, xel de mans para antes e despois de visitar tendas&#8230; S\u00f3 cando levaba varios minutos pensando, dando as grazas de xeito mental a quen recollera a luva do chan e a deixara a salvo, dic\u00edndome a min mesmo que como non se me ocorrera mirar al\u00ed xa na primeira pasada, que seguro que xa estaba, que parezo parvo, que que fr\u00eda ti\u00f1a a man, pasouseme pola cabeza o tema da pandemia. A cousa rematou cun &#8216;Luva contaminada? Probabilidades pr\u00f3ximas a cero, e de calquera xeito, luva posta&#8217;. Entre os pensamentos do comezo e o final, a cabeza a\u00ednda deu unha volta a como ser\u00eda o comportamento da persoa este pasado fin de ano: ter\u00eda posta a m\u00e1scara no bar? Ter\u00eda estado en celebraci\u00f3ns con m\u00e1is de dez persoas? Vivir\u00eda nun concello con restrici\u00f3ns de movemento e vir\u00eda a Ribadeo salt\u00e1ndose o control? Ou sexa, saltar\u00edase as normas, pero sobre todo, o sentido com\u00fan que indica a protecci\u00f3n dos demais e propia?  O tema estaba derivando e expand\u00edndose na mi\u00f1a cabeza, de xeitos diversos, \u00e1 diferencia entre norma e sentido com\u00fan ou entre deber e responsabilidade, \u00f3s pequenos incumprimentos e (ou) irresponsabilidades que todos temos, ao menos, por ser humanos e non m\u00e1quinas, \u00e1s aparentes (ou reais) inconsistencias normativas, \u00e1 dificultade de estar \u00f3 tanto das normas que afectan en cada momento, cando decid\u00edn volver \u00f3 agradecemento dun acto sinxelo. Un acto humano que pode aledar unha parte de d\u00eda. E dun noutro de acto sinxelo en acto sinxelo, da vida enteira. Si, por suposto, mentres tentamos po\u00f1er os catro sentidos para non ter boletos dunha loter\u00eda fatal. Mentres tentamos sorrir e po\u00f1emos un gran de area cara \u00f3 futuro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;Unha luva &nbsp;&nbsp; Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparici\u00f3n da (ou das) protagonista principal. &nbsp;&nbsp; A historia de fondo \u00e9 curta: paseando con tranquilidade e tempo, un d\u00eda fr\u00edo e con chuvia intermitente, empu\u00f1ando paraugas e unha bolsa, a r\u00faa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,32,9],"class_list":["post-4860","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4860","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4860"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4860\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4860"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4860"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4860"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}