{"id":4857,"date":"2021-01-07T08:23:00","date_gmt":"2021-01-07T07:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:21","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:21","slug":"washington-noite-dos-cristais-rotos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/07\/washington-noite-dos-cristais-rotos\/","title":{"rendered":"Washington: A noite dos cristais rotos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/A_noite_dos_cristais_rotos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A noite dos cristais rotos<\/a> significou en Alema\u00f1a o reco\u00f1ecemento da ascensi\u00f3n nazi. Anoite, hora galega, viviuse un episodio nos EEUU que mo lembrou. O asalto \u00f3 capitolio por unha turba instigada de forma non tan indirecta polo presidente sa\u00ednte fai pensar en primeiro termo nun golpe de estado nun pa\u00eds do terceiro mundo. O retardo dunha hora en enviar a Garda Nacional en auxilio dunha polic\u00eda desbordada non indica que a situaci\u00f3n est\u00e9 controlada no fundamental, sen\u00f3n m\u00e1is ben unha satisfacci\u00f3n de ter o poder cando queira, de perdoavidas, por parte de Trump. \u00c9 dicir, de ter a posibilidade dunha ditadura unipersoal \u00e1 volta da esquina.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Faiseme dif\u00edcil, na distancia tanto espacial con Washington como social coa sociedade estadounidense e sobre todo, de poder, co que representa ter o m\u00e1ximo poder na naci\u00f3n considerada m\u00e1is poderosa da Terra, xunto cun considerable poder econ\u00f3mico e da s\u00faa rede socioecon\u00f3mica, o captar todo o que representan os disturbios e o seu trasfondo. A\u00ednda as\u00ed, te\u00f1o claro que nun lugar onde quen ten o mando polo momento pode apretar un bot\u00f3n e levar o mundo \u00f3 abismo, que esa mesma persoa indulte dunha tacada a m\u00e1is de cen amigos ou persoas amigas de amigos, e, \u00f3 d\u00eda seguinte, despois de estar m\u00e1is dun mes acusando \u00f3 contrario de fraude e presionando para que non se reco\u00f1eza a vitoria allea, permita que os seus partidarios asalten a s\u00e9 da instituci\u00f3n que garante a democracia no seu pa\u00eds, non \u00e9 un dem\u00f3crata. E pon \u00e1 democracia \u00e1 beira do precipicio, forzando \u00f3 seu sucesor, mesmo antes de tomar o mando, a posturas autoritaria, facendo na pr\u00e1ctica que se acheguen os actos do contrario \u00e1s propias ideas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Algo diso pasa, xa, aqu\u00ed. As arengas de pol\u00edticos \u00f3 incumprimento democr\u00e1tico salt\u00e1ndose as propias normas democr\u00e1ticas que din defender \u00e9 unha hipoteca para o futuro. E, se na capital dos EEUU, s\u00f3 pasaron horas entre un senado arrasado e a convocatoria de novo do pleno que se pretend\u00eda que non se celebrara, o que manifesta unha estrutura de ra\u00edces democr\u00e1ticas s\u00f3lidas, aqu\u00ed, onde o rei de ent\u00f3n, antes de selo, actuou a modo de conexi\u00f3n cos intereses norteamericanos, e despois de selo, ten amosado unha conduta ilegal, os feitos poden convertirse en breve tempo en algo peor, a\u00ednda que non afecte tanto \u00f3 resto do mundo cmo no caso dos EEUU.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A noite dos cristais rotos significou en Alema\u00f1a o reco\u00f1ecemento da ascensi\u00f3n nazi. Anoite, hora galega, viviuse un episodio nos EEUU que mo lembrou. O asalto \u00f3 capitolio por unha turba instigada de forma non tan indirecta polo presidente sa\u00ednte fai pensar en primeiro termo nun golpe de estado nun pa\u00eds do terceiro mundo. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13],"class_list":["post-4857","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4857","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4857"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4857\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4857"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4857"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4857"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}