{"id":4851,"date":"2021-01-11T21:15:00","date_gmt":"2021-01-11T20:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:12","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:12","slug":"menos-mal-que-nos-queda-portugal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/11\/menos-mal-que-nos-queda-portugal\/","title":{"rendered":"Menos mal que nos queda Portugal"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Te\u00f1o a idea, dende que lembro, de que a frase &#8216;menos mal que nos queda Portugal&#8217; non era desprezativa para os nosos veci\u00f1os, sen\u00f3n todo o contrario, que significaba para n\u00f3s o alivio dun socorro seguro se fac\u00eda falta no \u00faltimo momento, e cos medios limitados que ti\u00f1an. Abondo m\u00e1is adiante na mi\u00f1a vida atopeime coa interpretaci\u00f3n do dito coa consideraci\u00f3n de Portugal como o vag\u00f3n de cola de Europa que permit\u00eda que Espa\u00f1a non ocupara ese lugar en tantas e tantas cousas. E ata co disco do mesmo t\u00edtulo de Siniestro Total, que al\u00f3 por 1984, xa a piques de entrar na (daquela) Comunidade Europea, recoll\u00edan \u00f3 seu xeito o dito.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mais xa naquel 84 Portugal nos adiantara na chegada \u00e1 democracia, e cunha entrada que en perspectiva coido que se pode cualificar como m\u00e1is limpa ca nosa, ao menos no sentido de rachar co anterior. Con iso, para min, a frase cada vez ti\u00f1a m\u00e1is sentido en termos de posibilidades de apoio. Que tiveran menos cartos non significaba moito.&nbsp; Significaba m\u00e1is, en negativo, que os seus Mercedes foran acaparados por pouca xente. Ou, en positivo, que foran capaces de manter os ubicuos mosaicos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tempo pasou dende aqueles anos, e dende Galicia puidemos ver como o desenvolvemento relativo do norte portugu\u00e9s foi maior que o noso, a\u00ednda que en renda per capita podan seguir por baixo. Ou tam\u00e9n, falar do tir\u00f3n organizado do aeroporto do Porto, que fai que moitos galegos o usen en detrimento dos &#8216;nosos&#8217;. E a\u00ednda, do desenvolvemento en investigaci\u00f3n, cun tir\u00f3n que contrasta co que se est\u00e1 a facer en Galicia&#8230; Por suposto, nestes anos, en Portugal, non todo son cousas boas. Como bot\u00f3n de mostra, hai dous ver\u00e1ns puidemos contemplar como os incendios no centro de Portugal non ti\u00f1an fronte a eles estratexia e medios de loita convintes&#8230; polo demais, parello \u00f3 que pasa canda n\u00f3s.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n puiden atopar entre un e outro tempo portugueses que non ti\u00f1an ben considerados \u00f3s galegos (ou a Galicia, ou \u00f3 galego) e xente en Galicia que tampouco ti\u00f1an ben considerados \u00f3s portugueses (ou a Portugal, ou \u00f3 portugu\u00e9s). Lembro por exemplo hai perto de dez anos unha conversa cunha portuguesa nun autob\u00fas na que me dixo algo como que a ela gust\u00e1balle falar castel\u00e1n e non quer\u00eda falar galego, que non era nada m\u00e1is que un mal portugu\u00e9s. Para non ter un conflito internacional tentei calmar os \u00e1nimos e a\u00ed quedou a cousa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres parece que Porto estivera abondo m\u00e1is lonxe que de Valladolid para moitas cousas, coido que dicir que Galicia e Portugal te\u00f1en unha irmandade sentida non \u00e9 algo baleiro de sentido. E que o achegamento entre ambas beiras da li\u00f1a debe ir m\u00e1is al\u00f3 de se apuntarnos \u00e1 &#8216;hora de Portugal&#8217; ou non, ou de loitar por un mercado de pasaxeiros aeroportuarios ou cooperar, \u00e9 algo a normalizar, non \u00e9 il\u00f3xico. Mais a realidade non vexo que cami\u00f1e nese sentido se non \u00e9 nalgunha situaci\u00f3n forzada. Verei ben ou \u00e9 que me te\u00f1o que graduar a vista?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Te\u00f1o a idea, dende que lembro, de que a frase &#8216;menos mal que nos queda Portugal&#8217; non era desprezativa para os nosos veci\u00f1os, sen\u00f3n todo o contrario, que significaba para n\u00f3s o alivio dun socorro seguro se fac\u00eda falta no \u00faltimo momento, e cos medios limitados que ti\u00f1an. Abondo m\u00e1is adiante na mi\u00f1a vida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,13,9],"class_list":["post-4851","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4851","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4851"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4851\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4851"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4851"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4851"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}