{"id":4849,"date":"2021-01-12T09:00:00","date_gmt":"2021-01-12T08:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:08","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:08","slug":"progresion-do-coronavirus-en-ribadeo-iii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/12\/progresion-do-coronavirus-en-ribadeo-iii\/","title":{"rendered":"Progresi\u00f3n do coronavirus en Ribadeo (III)"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Cando parec\u00eda que as cousas retornaban \u00e1 s\u00faa canle, despois dunha semana da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/progresion-do-coronavirus-en-ribadeo-ii.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">entrada anterior sobre o tema<\/a>, veu a nova: dous mortos. E \u00e9 que (ver o gr\u00e1fico) tal parece que o brote est\u00e1 controlado, as\u00ed o indica a li\u00f1a de tendencia, coa ralentizaci\u00f3n da aparici\u00f3n de novos casos. Segue sen dicirse nada de xeito oficial sobre a orixe do brote ou o seu esparcemento. Deixo as d\u00faas \u00faltimas <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/novas.php?lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">notas de prensa<\/a> do concello abaixo.<\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhS4SbpQ7TDJIhWwa6Q51Alts5R1X40brZTw6VT5V3kBACcxWI2ZbXEr7NVeiPc1IJ9WFDZ202evlzQSeMc4mWir82DCuNs4tjkxRp60wFKxcP51pcSY6r4Y8sRY3KPPqkDbdkUHA\/s2048\/tendencia+coronavirus.png\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"345\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhS4SbpQ7TDJIhWwa6Q51Alts5R1X40brZTw6VT5V3kBACcxWI2ZbXEr7NVeiPc1IJ9WFDZ202evlzQSeMc4mWir82DCuNs4tjkxRp60wFKxcP51pcSY6r4Y8sRY3KPPqkDbdkUHA\/s2048\/tendencia+coronavirus.png\" width=\"600\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Datos coa li\u00f1a de tendencia.<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>O RESTO DO ENFERMOS EVOLUCIONAN CON NORMALIDADE<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Volta ao Hospital Asilo<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">09\/01\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>Volven ao Hospital Asilo, despois de superar o<br \/>\ncovid-19, catro dos usuarios que foran trasladados ao Cegadi en Santiago<br \/>\n de Compostela, segundo deu a co\u00f1ecer este s\u00e1bado o alcalde, Fernando<br \/>\nSu\u00e1rez.&nbsp; Estas persoas superaron a doenza, deron negativo nos controis<br \/>\nde PCRs e te\u00f1en inmunidade xerada contra o coronavirus. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor dixo que &#8220;tal e como se veu indicando nestes \u00faltimos d\u00edas,<br \/>\n queremos sinalar con toda a precauci\u00f3n e prudencia necesarias que o<br \/>\ntempo est\u00e1 a xogar a favor de ir recuperando a normalidade. Cami\u00f1o das 3<br \/>\n semanas desde que se detectaron os primeiros casos de positivos en<br \/>\ncoronavirus a situaci\u00f3n \u00e9 a seguinte: entre antonte e hoxe 4 persoas que<br \/>\n estaban desprazadas no Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento<br \/>\nIntegral) volven para o Hospital Asilo de San Sebasti\u00e1n e San L\u00e1zaro,<br \/>\nunha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de PCRs e<br \/>\nque nos tests de anticorpos revelasen que te\u00f1en inmunidade xerada contra<br \/>\n o covid19&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia comentou que &#8220;o resto de persoas<br \/>\nusuarias, tanto as que contin\u00faan no Cegadi como as que sempre<br \/>\npermaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e mante\u00f1en,<br \/>\nen termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatolox\u00eda, a pesares de<br \/>\nque moitas delas te\u00f1en unha idade moi avanzada e presentaban xa<br \/>\npatolox\u00edas previas. En canto ao persoal e \u00e1 relixiosa, tam\u00e9n se atopan<br \/>\nen proceso de recuperaci\u00f3n&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde contou que &#8220;ademais,<br \/>\nsegundo nos manifestan responsables do Cegadi, outras persoas est\u00e1n<br \/>\nsuperando tam\u00e9n esta doenza a\u00ednda que seguir\u00e1n al\u00ed uns d\u00edas m\u00e1is dado<br \/>\nque a s\u00faa recuperaci\u00f3n f\u00edsica xeral recom\u00e9ndao. As\u00ed temos que: os&nbsp; 4<br \/>\ntraballadores afectados est\u00e1n nos seus domicilios gardando a corentena<br \/>\nnecesaria e cos protocolos pertinentes. En canto aos usuarios, e ao<br \/>\nlongo deste gromo producido hai d\u00edas,19 deles foron trasladados ao<br \/>\nCegadi. 4 deles superaron a doenza e xa foron trasladados a Ribadeo polo<br \/>\n que o n\u00famero actual que a\u00ednda segue al\u00ed \u00e9 de 15 persoas. Outros 3<br \/>\nusuarios diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das<br \/>\nautoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu<br \/>\nelevado nivel de dependencia previo ao contaxio v\u00edrico. Tam\u00e9n se atopa<br \/>\nnesta situaci\u00f3n, desde o primeiro d\u00eda detectado, a relixiosa afectada de<br \/>\n covid19. Para todas estas persoas est\u00e1n habilitados igualmente os<br \/>\nprotocolos de atenci\u00f3n, coidado e protecci\u00f3n indicados polos servizos<br \/>\nsanitarios e sociais&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez seguiu a relatar que<br \/>\n&#8220;tam\u00e9n se atopa 1 persoa usuaria no Hospital da Costa en Burela,<br \/>\nindic\u00e1ndose que cando supere a situaci\u00f3n hospitalaria ser\u00e1 derivada<br \/>\nsegundo o seu grao de dependencia ben ao Cegadi ou&nbsp; ben ao Hospital<br \/>\nAsilo de Ribadeo&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor insistiu en que &#8220;se segue valorando<br \/>\n como moi positiva a actuaci\u00f3n coordinada na aplicaci\u00f3n dos Protocolos e<br \/>\n Planes de Continxencia por parte da&nbsp; direcci\u00f3n do centro e do seu<br \/>\npersoal, as\u00ed como a actitude dos residentes \u00e1 hora de enfocar esta crise<br \/>\n sanitaria. Igualmente se contin\u00faa a valorar moi positivamente a<br \/>\nactuaci\u00f3n coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e<br \/>\ndas do Cegadi por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas,<br \/>\nlogrando as\u00ed dous obxectivos estrat\u00e9xicos neste momento: o primeiro \u00e9<br \/>\nque os afectados estean nas mellores condici\u00f3ns de atenci\u00f3n residencial e<br \/>\n hospitalaria posible. E o segundo \u00e9 que o Hospital Asilo de Ribadeo<br \/>\nvexa diminu\u00eddo de xeito moi importante o risco de transmisi\u00f3n v\u00edrica<br \/>\npara o resto de persoas que vi\u00f1eron dando negativo en todo este tempo e<br \/>\nque actualmente suman 22 entre usuarios y persoal, aos que agora hai que<br \/>\n sumar as 4 persoas que retornan por estar curadas facendo un total de<br \/>\n26&#8221;.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>E engadiu que &#8220;como sempre indicamos, manteremos informada \u00e1<br \/>\n cidadan\u00eda sexa cal sexa a situaci\u00f3n \u00e1 que nos te\u00f1amos que enfrontar,<br \/>\ncoa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que<br \/>\nse iniciou hai unhas tres semanas. Seguir\u00e9molo a facer a medida que<br \/>\nvaiamos obtendo informaci\u00f3n, ben por n\u00f3s mesmos ou ben proporcionada<br \/>\npolas autoridades sanitarias auton\u00f3micas en canto nola vaian<br \/>\nfacilitando, sempre co mellor \u00e1nimo informativo e para dar a confianza<br \/>\nnecesaria que evite rumorolox\u00edas ou situaci\u00f3ns de confusi\u00f3n&#8221;.<\/em><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>ESTE M\u00c9RCORES FARASE UN NOVO CRIBADO XERAL NO CENTRO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Situaci\u00f3n no Hospital Asilo<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">11\/01\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>Dous residentes do Hospital Asilo, que foron<br \/>\ntrasladados a Santiago hai d\u00edas, faleceron nas \u00faltimas horas. Tr\u00e1tase de<br \/>\n persoas de&nbsp; avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopan nun estado moi<br \/>\n fr\u00e1xil e con patolox\u00edas previas ao coronavirus, segundo ven de informar<br \/>\n o alcalde, Fernando Su\u00e1rez. Tres usuarios mais retornan a Ribadeo<br \/>\ndespois de superar o covid e de ter xerado inmunidade contra este virus.<br \/>\n <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor sinalou que &#8220;segundo puidemos ir sabendo, temos dous tipos<br \/>\n de noticias que fan que esta nota de prensa te\u00f1a un car\u00e1cter agridoce.<br \/>\nD\u00faas das persoas que levaban xa d\u00edas trasladadas ao Cegadi (Centro<br \/>\nGalego de Desenvolvemento Integral) faleceron nestas \u00faltimas horas. En<br \/>\nambos os dous casos tr\u00e1tase de persoas de moi avanzada idade, unha de 99<br \/>\n e outra de 91 anos, que se atopaban nun estado moi fr\u00e1xil e con<br \/>\npatolox\u00edas xa previas ao contaxio por Covid19. Como estaban nun estado<br \/>\nde atenci\u00f3n delicado, non se lles chegou a facer as PCR para saber se xa<br \/>\n chegaran a superar a doenza do coronavirus, (tal e como se lles fixo a<br \/>\noutras persoas que ingresaron ao mesmo tempo no Cegadi). Con todo, \u00e9 de<br \/>\nsupo\u00f1er que nas estat\u00edsticas oficiais aparecer\u00e1n como falecemento por<br \/>\ncoronavirus&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Fernando Su\u00e1rez subli\u00f1ou que &#8220;por outra banda, e<br \/>\nsegundo nos indican os responsables do Cegadi, nas vindeiras horas ser\u00e1n<br \/>\n trasladadas ao Hospital Asilo de San Sebasti\u00e1n e San L\u00e1zaro 3 persoas<br \/>\nm\u00e1is, unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de<br \/>\nPCRs e que nos tests de anticorpos revelasen que te\u00f1en inmunidade xerada<br \/>\n contra o Covid19. Igualmente soubemos que, segundo as autoridades<br \/>\nsanitarias do Hospital da Costa, prevese que este m\u00e9rcores se faga un<br \/>\nnovo cribado xeral no Hospital Asilo para comprobar de novo a progresi\u00f3n<br \/>\n ou estabilizaci\u00f3n deste gromo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde dixo que &#8220;o resto de<br \/>\npersoas usuarias, tanto as que contin\u00faan no Cegadi como as que sempre<br \/>\npermaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e mante\u00f1en,<br \/>\nen termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatolox\u00eda, a pesares de<br \/>\nque moitas delas te\u00f1en unha idade moi avanzada e presentaban xa<br \/>\npatolox\u00edas previas.En canto ao persoal e \u00e1 relixiosa, tam\u00e9n se atopan en<br \/>\n proceso de recuperaci\u00f3n. As\u00ed temos que: os 4 traballadores afectados<br \/>\nest\u00e1n nos seus domicilios gardando a corentena necesaria e cos<br \/>\nprotocolos pertinentes; en canto aos usuarios, e ao longo deste gromo<br \/>\nproducido hai d\u00edas, dos 19 que foron trasladados ao Cegadi, 7 deles<br \/>\nsuperaron a doenza e xa foron ou van ser trasladados a Ribadeo polo que o<br \/>\n n\u00famero de persoas que al\u00ed seguir\u00e1 vese reducido a 10; outros 3 usuarios<br \/>\n diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das<br \/>\nautoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu<br \/>\nelevado nivel de dependencia previo ao contaxio v\u00edrico. Tam\u00e9n se atopa<br \/>\nnesta situaci\u00f3n, desde o primeiro d\u00eda detectado, a relixiosa afectada de<br \/>\n covid19. Para todas estas persoas est\u00e1n habilitados igualmente os<br \/>\nprotocolos de atenci\u00f3n, coidado e protecci\u00f3n indicados polos servizos<br \/>\nsanitarios e sociais. A d\u00eda de hoxe tam\u00e9n se atopa 1 persoa usuaria no<br \/>\nHospital da Costa en Burela, indic\u00e1ndose que cando supere a situaci\u00f3n<br \/>\nhospitalaria ser\u00e1 derivada segundo o seu grao de dependencia ben ao<br \/>\nCegadi ou&nbsp; ben ao Hospital Asilo de Ribadeo&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia<br \/>\nengadiu que &#8220;se segue valorando como moi positiva a actuaci\u00f3n coordinada<br \/>\n na aplicaci\u00f3n dos Protocolos e Plans de Continxencia por parte da&nbsp;<br \/>\ndirecci\u00f3n do centro e do seu persoal, as\u00ed como a actitude dos residentes<br \/>\n \u00e1 hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se contin\u00faa a<br \/>\nvalorar moi positivamente a actuaci\u00f3n coordinada das autoridades<br \/>\nsanitarias do Hospital da Costa e das do Cegadi por ir desprazando a<br \/>\nSantiago a estas persoas afectadas, logrando as\u00ed dous obxectivos<br \/>\nestrat\u00e9xicos neste momento: o primeiro \u00e9 que os afectados estean nas<br \/>\nmellores condici\u00f3ns de atenci\u00f3n residencial e hospitalaria posible. E o<br \/>\nsegundo \u00e9 que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminu\u00eddo de xeito moi<br \/>\nimportante o risco de transmisi\u00f3n v\u00edrica para o resto de persoas que<br \/>\nvi\u00f1eron dando negativo en todo este tempo e que actualmente sumando os<br \/>\nque sempre deron negativo e os que vi\u00f1eron do Cegadi coa doenza superada<br \/>\n ascenden 29 persoas entre usuarios e persoal. Como sempre indicamos,<br \/>\nmanteremos informada \u00e1 cidadan\u00eda sexa cal sexa a situaci\u00f3n \u00e1 que nos<br \/>\nte\u00f1amos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de<br \/>\nmadurez deste gromo que se iniciou hai m\u00e1is de tres semanas. Seguir\u00e9molo<br \/>\n a facer a medida que vaiamos obtendo informaci\u00f3n, ben por n\u00f3s mesmos ou<br \/>\n ben proporcionada polas autoridades sanitarias auton\u00f3micas en canto<br \/>\nnola vaian facilitando, sempre co mellor \u00e1nimo informativo e para dar a<br \/>\nconfianza necesaria que evite rumorolox\u00edas ou situaci\u00f3ns de confusi\u00f3n&#8221;.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8212;<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em>Anteriores sobre Coronavirus e Ribadeo:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/covid-19-no-hospital-asilo-de-ribadeo-1.html\">Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1) . Evaristo Lombardero<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/progresion-do-coronavirus-en-ribadeo-ii.html\">Progresi\u00f3n do coronavirus en Ribadeo (II)<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/12\/nota-de-prensa-con-ledicia-vacina.html\">Nota de prensa con ledicia: vacina<\/a>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2020\/12\/progresion-do-coronavirus-en-ribadeo.html\">Progresi\u00f3n do coronavirus en Ribadeo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Cando parec\u00eda que as cousas retornaban \u00e1 s\u00faa canle, despois dunha semana da entrada anterior sobre o tema, veu a nova: dous mortos. E \u00e9 que (ver o gr\u00e1fico) tal parece que o brote est\u00e1 controlado, as\u00ed o indica a li\u00f1a de tendencia, coa ralentizaci\u00f3n da aparici\u00f3n de novos casos. Segue sen dicirse nada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75],"class_list":["post-4849","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4849","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4849"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4849\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4849"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4849"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4849"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}