{"id":4847,"date":"2021-01-14T17:45:00","date_gmt":"2021-01-14T16:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:06:05","modified_gmt":"2024-11-12T12:06:05","slug":"que-fixemos-para-non-ser-rescatados","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/14\/que-fixemos-para-non-ser-rescatados\/","title":{"rendered":"Que fixemos para non ser rescatados?"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe por hoxe, despois do rescate \u00e1 banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou \u00e1s autov\u00edas (tampouco&#8230;), o pagar por non deixar executar contratos que outras administraci\u00f3ns ti\u00f1an concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar \u00e1s el\u00e9ctricas se o mercado non respond\u00eda abondo (fai falta seguir?), atop\u00e1monos coas petici\u00f3ns de rescate a conta do coronavirus. Sexan li\u00f1as a\u00e9reas (m\u00e1is grandes, e por iso as que reaccionaron antes \u00f3 ter os medios para facelo), hostaler\u00eda, e logo, unha longa ristra (coido que o \u00faltimo rescate pedido que vin foi a conta das perruquer\u00edas), o mercado quere rescate e baixa de impostos. Algo que se dir\u00eda contraditorio se se estima que isto \u00e9 un xogo de suma cero. Pero iso \u00e9 s\u00f3 se se botan as contas para toda a sociedade. Mentres que non sexa as\u00ed, as contas non te\u00f1en por que ser cero. E quen pide non ten por que mirar de onde van sa\u00edr os cartos, sen\u00f3n onde van chegar. E, se un sector \u00e9 bonificado, haber\u00e1 outros que se sintan discriminados, a\u00ednda que a suma correspondente a ese conxunto xa sexa positiva. Remata trat\u00e1ndose de ser &#8216;m\u00e1is positivo&#8217;, o mesmo que coa acumulaci\u00f3n de cartos: ter m\u00e1is co vici\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ah, e non meto no c\u00e1lculo as desviaci\u00f3ns de di\u00f1eiro, amiguismos e corruptelas varias \u00e1s que nos te\u00f1en afeitos, do Rei abaixo, calquera con poder p\u00fablico ou privado que se preze de poder tratar de ti a ti a outro poder privado ou p\u00fablico. Parece que non temos ama\u00f1o.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed que, que fixemos para non ser rescatados? Ser persoas, pagar impostos, vivir unha vida normal, vender o noso traballo por un salario. S\u00f3 iso? Que sinxelo!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A sociedade creouse e desenvolveuse a consecuencia de ir medrando unha rede social, estendida ata canta persoa formaba parte dela. E parece que ben cedo se rachou a aparencia de igualdade, pero a\u00ednda as\u00ed, sempre foi o desexo e esperanza dunha parte maioritaria da xente, e algo gravado de xeito indeleble na mente das persoas ao menos dende o lema da revoluci\u00f3n francesa: &#8216;libert\u00e9, egalit\u00e9, fraternit\u00e9&#8217;. O que non quere dicir, nin moito menos, que se conseguira, claro, sen\u00f3n que se fixo cada vez m\u00e1is patente cando hab\u00eda desigualdade. E as\u00ed agora ch\u00f3canos (por empregar unha verba sinxela e suave) o que unha persoa te\u00f1a prerrogativas para non ser xulgada, mesmo a\u00ednda despois de pasadas as condici\u00f3ns que ser\u00edan a explicaci\u00f3n para dita prerrogativa. Ch\u00f3canos, pero non damos loitado dun xeito eficiente para que non pase, para que as grandes empresas e os poderes que te\u00f1en detr\u00e1s sexan un sumidoiro de cartos \u00e1s que non lles importa moito a ineficiencia -ou n\u00f3s- mentres manexen as canles polas que eses cartos lles chegan. Ou para darnos organizado para defender o noso dereito a ser iguais. Mentres, o cami\u00f1o doado \u00e9 seguir o das grandes empresas. Sexa para darlles os nosos cartos, na procura de traballo ou tentando imitalas no saqueo dos demais. Ou \u00e9 que ti non queres ser rescatado?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que non, que non se cambia o sistema? Que \u00e9 preferible seguir coas contradici\u00f3ns? Que o propio sistema non tenta ver alternativas, sen\u00f3n compo\u00f1endas no sentido de &#8216;cambiar todo para que nada cambie&#8217;? &#8230; Ah, vale.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Hoxe por hoxe, despois do rescate \u00e1 banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou \u00e1s autov\u00edas (tampouco&#8230;), o pagar por non deixar executar contratos que outras administraci\u00f3ns ti\u00f1an concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar \u00e1s el\u00e9ctricas se o mercado non respond\u00eda abondo (fai falta seguir?), atop\u00e1monos coas petici\u00f3ns de rescate a conta do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-4847","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4847","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4847"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4847\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4847"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4847"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4847"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}