{"id":4834,"date":"2021-01-25T23:32:00","date_gmt":"2021-01-25T22:32:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:05:38","modified_gmt":"2024-11-12T12:05:38","slug":"nota-de-prensa-sentenza-tribunal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/25\/nota-de-prensa-sentenza-tribunal\/","title":{"rendered":"Nota de Prensa:  SENTENZA TRIBUNAL CONSTITUCIONAL"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhiFh7Ri8Bo3iZMd3YhSUG-PXpS-NAFSdv7uRAPh0VBprLFvcYIzeB0nAz_IkzzYut44Wqqu_O_TIBdhSmTNcNJQtDnq6fLwIOaibn7YWXtQn-3drtCzEYek1-R-2I34mV5wP8mTA\/s2048\/illa+pancha+ol+lonxe.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"379\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhiFh7Ri8Bo3iZMd3YhSUG-PXpS-NAFSdv7uRAPh0VBprLFvcYIzeB0nAz_IkzzYut44Wqqu_O_TIBdhSmTNcNJQtDnq6fLwIOaibn7YWXtQn-3drtCzEYek1-R-2I34mV5wP8mTA\/s2048\/illa+pancha+ol+lonxe.jpg\" width=\"508\" \/><\/a><\/p>\n<p align=\"center\">Por Nuestro Faro<\/p>\n<p align=\"center\">Nota<br \/>\nde Prensa<\/p>\n<p align=\"center\">SENTENZA<br \/>\nTRIBUNAL CONSTITUCIONAL<\/p>\n<p align=\"justify\">O d\u00eda 20 de xaneiro tivemos co\u00f1ecemento a trav\u00e9s das redes sociais<br \/>\nda sentenza do <a href=\"https:\/\/hj.tribunalconstitucional.es\/es\/Resolucion\/Show\/26100\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Tribunal Constitucional 134\/2019<\/a>, na que se declara<br \/>\ninconstitucional o proxecto de urbanizaci\u00f3n da illa de Valdeca\u00f1as,<br \/>\nnun encoro da provincia de C\u00e1ceres. O proxecto, promovido pola Xunta<br \/>\nde Estremadura e unha empresa privada, ven a trancas e barrancas<br \/>\ndende 2005 polas reiteradas irregularidades e sentencias en contra.<br \/>\nPese ao cal a empresa e a Xunta de Estremadura seguiron adiante.<\/p>\n<p align=\"justify\">O colectivo <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=por+nuestro+faro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Por Nuestro Faro<\/a> ven de notificarlle a sentenza ao<br \/>\nalcalde de Ribadeo, polas consecuencias que poda ter para os<br \/>\nproxectos que se levan desenvolvido na <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Illa%20Pancha\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Illa Pancha<\/a> e os que se est\u00e1n<br \/>\na realizar na actualidade, coa anuencia e licenza do concello sen ter<br \/>\nen conta as condici\u00f3ns legais que esixe a normativa sobre a rede<br \/>\nNatura 2000.<\/p>\n<p align=\"justify\">O substancial desta sentencia &#8211;<span style=\"text-decoration: none;\">e<br \/>\nonde garda paralelismo co caso da Illa Pancha-<\/span> \u00e9 que se trata<br \/>\ndun proxecto de privatizaci\u00f3n de un espazo declarado Zona de<br \/>\nEspecial Protecci\u00f3n de Aves, e acollido as normas da Rede Natura<br \/>\n2000, onde non se tiveron en conta as disposici\u00f3ns legais europeas<br \/>\nasumidas e aprobadas polo estado espa\u00f1ol. Mesmo chegouse a unha<br \/>\nmodificaci\u00f3n da lexislaci\u00f3n auton\u00f3mica, sobrepasando as<br \/>\ncompetencias lexislativas como deixa moi claro o documento emitido<br \/>\npolo Tribunal Constitucional. Dentro da mesma sentencia \u00e9 moi<br \/>\ndestacado que as zonas afectadas pola Rede Natura 2000 non poden ser<br \/>\nurbanizadas e que a \u201c<em>utilizaci\u00f3n dos terreos con valores<br \/>\nambientais que sexan obxecto da protecci\u00f3n pola lexislaci\u00f3n<br \/>\naplicable ser\u00e1 sempre sometida \u00e1 preservaci\u00f3n de ditos valores e<br \/>\ncomprender\u00e1 <\/em><em>de xeito \u00fanico<\/em><em> os actos de alteraci\u00f3n do<br \/>\nestado natural dos terreos que aquela lexislaci\u00f3n expresamente<br \/>\nautorice. Protecci\u00f3n que acada a<\/em><em>\u00ed<\/em><em>nda maior<br \/>\nintensidade, se c<\/em><em>abe<\/em><em>, no caso dos espazos naturais<br \/>\nespecialmente protexidos e os inclu<\/em><em>\u00ed<\/em><em>dos na Rede Natura<br \/>\n2000<\/em>\u201d.<\/p>\n<p align=\"justify\">O par\u00e1grafo citado \u00e9 moi interesante por coincidir plenamente cos<br \/>\ninformes do Defensor del Pueblo, emitido o primeiro o 17 de febreiro<br \/>\nde 2017 e ratificado posteriormente en cinco informes m\u00e1is ate o 10<br \/>\nde outubro de 2018. Informes que, como \u00e9 sabido, foron obviados pola<br \/>\nAutoridade Portuaria e polo concello de Ribadeo, tanto no proxecto<br \/>\ninicial de apartamentos, como no da cafeter\u00eda que se est\u00e1<br \/>\nexecutando actualmente.<\/p>\n<p align=\"justify\">Hai outro punto no que coinciden ambos proxectos e que non queremos<br \/>\ndeixar de suli\u00f1ar. O mesmo que o proxecto estreme\u00f1o ven de atr\u00e1s,<br \/>\ndende 2005, o de Ribadeo ten o seu comezo xa no 2013, e o mesmo que<br \/>\nas autoridades estreme\u00f1as ve\u00f1en apostando pola privatizaci\u00f3n da<br \/>\nilla, o concello de Ribadeo ven dende o comezo renunciando a facer un<br \/>\nuso p\u00fablico, cultural ou promocional e tur\u00edstico do Faro e da Illa<br \/>\nPancha en beneficio de un uso privativo. Uso que mesmo impide a<br \/>\nentrada da veci\u00f1anza e dos visitantes en contra das condici\u00f3ns<br \/>\nesixidas polo propio concello no intre da concesi\u00f3n da licenza de<br \/>\nactividade dos apartamentos o d\u00eda 1 de decembro de 2017. Por se<br \/>\nhoubese algunha d\u00fabida sobre esta intenci\u00f3n privatizadora do<br \/>\nconcello, a\u00ed est\u00e1n as hemerotecas cas c\u00e9lebres declaraci\u00f3ns do<br \/>\nSr. Alcalde -ao diario El Pais do d\u00eda 25 de abril de 2014- cando<br \/>\nafirmou que se trataba de \u201c<em>un premio para Ribadeo<\/em>\u201d.<\/p>\n<p align=\"justify\">No Colectivo por Nuestro Faro seguimos adiante procurando o ben do<br \/>\npobo e da illa. Entre as acci\u00f3ns da \u00faltima tempada, entramos en<br \/>\ncontacto coa organizaci\u00f3n Ecoloxistas en Acci\u00f3n, coa que estamos a<br \/>\nestudar o emprender as acci\u00f3n legais que consideremos aca\u00eddas tras<br \/>\na revisi\u00f3n de todos os factores implicados.<\/p>\n<p align=\"justify\">Antes diso, resulta evidente que o concello de Ribadeo est\u00e1<br \/>\ndesenvolvendo unha din\u00e1mica que o ten levado a un calello sen sa\u00edda,<br \/>\ncon resultados moi negativos ata o momento. Nos pr\u00f3ximos tempos<br \/>\nverase forzado a un cambio de rumbo que levar\u00e1 a recuperaci\u00f3n do<br \/>\nequipamento p\u00fablico do faro da Illa Pancha para o servizo<br \/>\ncomunitario. Como debeu ser dende que a Autoridade Portuaria anunciou<br \/>\na sua intenci\u00f3n de abrir os faros a outros usos distintos dos<br \/>\ntradicionais.<\/p>\n<p align=\"justify\">Por \u00faltimo, compre suli\u00f1ar que hai xa semanas preguntamos ao Sr.<br \/>\nAlcalde para que se necesitaban d\u00faas palas mec\u00e1nicas non pequenas<br \/>\nna Illa Pancha se a obra que agora se executa era a simple reforma do<br \/>\nantigo garaxe para instalar unha cafeter\u00eda. Preguntamos pero non<br \/>\ntemos resposta. Parece que s\u00f3 preguntar non sirve de nada.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por Nuestro Faro Nota de Prensa SENTENZA TRIBUNAL CONSTITUCIONAL O d\u00eda 20 de xaneiro tivemos co\u00f1ecemento a trav\u00e9s das redes sociais da sentenza do Tribunal Constitucional 134\/2019, na que se declara inconstitucional o proxecto de urbanizaci\u00f3n da illa de Valdeca\u00f1as, nun encoro da provincia de C\u00e1ceres. O proxecto, promovido pola Xunta de Estremadura e unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,37,13,9],"class_list":["post-4834","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-illa-pancha","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4834","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4834"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4834\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4834"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4834"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4834"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}