{"id":4825,"date":"2021-01-31T18:42:00","date_gmt":"2021-01-31T17:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:05:25","modified_gmt":"2024-11-12T12:05:25","slug":"primeiros-dias-dun-ano-post-traumatico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/01\/31\/primeiros-dias-dun-ano-post-traumatico\/","title":{"rendered":"Primeiros d\u00edas dun ano post traum\u00e1tico"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Din que de ilusi\u00f3n tam\u00e9n se vive, e o mes que cumpre hoxe non deixa de pertencer a un ano post traum\u00e1tico porque o 2020 foino. Non deixa de ser certo por menos que non saibamos o que vai depararnos o 2021 -algo sobre o que, \u00f3 ir transcorrendo os d\u00edas, temos cada vez menos incerteza por ser o noso presente-, ano que pode deixar pequeno o trauma de 2020.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En calquera caso, nas nosas mans estar\u00eda o po\u00f1er os medios para atenuar cat\u00e1strofes que xa se deixan sentir no horizonte tanto como no noso interior e potenciar a calidade de vida, dentro do que queda do ano en curso e tam\u00e9n futura. Cada quen coas s\u00faas posibilidades, e todos en conxunto. Ambas cousas son importantes: moitas veces desprezamos as nosas posibilidades e por iso desprezamos a nosa acci\u00f3n e a n\u00f3s mesmos, non aproveit\u00e1ndonos do noso potencial. E todos sabemos o dif\u00edcil que \u00e9 axustarnos para actuar en conxunto, \u00f3 un\u00edsono, para aproveitar mellor o que cada un pode aportar; pero tam\u00e9n somos conscientes das posibilidade que temos cando somos capaces de facer ese axuste: non hai quen -nin que- nos pare.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; \u00d3 igual que os desexos (\u00e1s veces, mesmo complementados con plans) a nivel individual, haber\u00e1 que contar tam\u00e9n cos desexos, concretados en plans, para os diversos grupos e niveis comunitarios \u00f3s que pertencemos. As\u00ed, a nivel local, tomado como m\u00e1is visible e homox\u00e9neo que outros, hai moitas cousas a ama\u00f1ar, a conseguir, a mellorar, sinxelamente, a cambiar, que poder\u00edan tratarse o novo ano: non hai data antes&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por exemplo, base\u00e1ndonos en Ribadeo, o subministro de auga. Sendo un ben fundamental, res\u00faltame incomprensible que se poda contabilizar xa en d\u00e9cadas a queixa sobre a infraestrutura de subministro, o tubo b\u00e1sico da tra\u00edda de auga. E, por se non fora pouco o problema do reparto (cartos, responsabilidade, poder) entre Concello e Xunta, s\u00famaselle o que a xesti\u00f3n sexa unha concesi\u00f3n. Concesi\u00f3n para ga\u00f1ar cartos, claro. Cartos que pon o cidad\u00e1n, \u00e1 marxe de que a infraestrutura sexa coidada ou non, de que se atalle a contaminaci\u00f3n por vertidos \u00f3s cauces ou non&#8230; algo comunitario que se acolleu na infraestrutura p\u00fablica para logo deixalo en mans privadas, logo, f\u00f3ra do com\u00fan, que perde non s\u00f3 a orientaci\u00f3nda xesti\u00f3n do ben com\u00fan a favor dunha compo\u00f1ente de ben privado -\u00e9 dicir, privativo de- sen\u00f3n tam\u00e9n un co\u00f1ecemento e experiencia de xesti\u00f3n, contraendo unha mentalidade de dependencia do privado.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Din que de ilusi\u00f3n tam\u00e9n se vive, e o mes que cumpre hoxe non deixa de pertencer a un ano post traum\u00e1tico porque o 2020 foino. Non deixa de ser certo por menos que non saibamos o que vai depararnos o 2021 -algo sobre o que, \u00f3 ir transcorrendo os d\u00edas, temos cada vez [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[54,32,13,9],"class_list":["post-4825","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-auga-da-billa","tag-filosofia","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4825","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4825"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4825\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}