{"id":4822,"date":"2021-02-01T21:15:00","date_gmt":"2021-02-01T20:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:05:19","modified_gmt":"2024-11-12T12:05:19","slug":"e-confianza-idiota","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/01\/e-confianza-idiota\/","title":{"rendered":"\u00c9 a confianza, idiota!"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; No ano 1992, Bill Clinton usou un lema oficioso de campa\u00f1a cunha idea que se ten parafraseado noutros campos. Dic\u00eda &#8216;\u00c9 a econom\u00eda, idiota!&#8217;, dando a entender que ese era o tema central sobre o que \u00edan aquelas elecci\u00f3ns, no que hab\u00eda que fixarse, o importante. Recollo o lema e ad\u00e1ptoo \u00e1 actualidade: \u00c9 a confianza, idiota!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Pouca confianza ti\u00f1amos xa nos nosos pol\u00edticos. Ben, \u00e9 un falar, non son nosos, sinxelamente, t\u00e9molos. Pois iso, vi\u00f1amos arrastrando unha baixa de confianza continuada dende non tanto tempo despois de comezar o estado democr\u00e1tico. E, despois da crise econ\u00f3mica da primeira d\u00e9cada do s\u00e9culo, cando pod\u00eda ter levantado algo a confianza se se viran os esforzos que eles mesmos pod\u00eda e ti\u00f1an que ter realizado, a corrupci\u00f3n non deixou que tal cousa sucedera. Agora, o desenvolvemento da pandemia leva a\u00ednda m\u00e1is baixo o nivel. E iso \u00e9 malo para todos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Que si, que levar un estado nunha crise non \u00e9 doado: por iso se lle chama crise. Pero o caso \u00e9 que a navegaci\u00f3n desa crise repercute, est\u00e1 a repercutir,&nbsp; na nosa confianza. Nos pol\u00edticos e na sociedade, que constitu\u00edmos entre n\u00f3s, os nosos veci\u00f1os&#8230; E isto \u00faltimo \u00e9 o que m\u00e1is conta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A sociedade necesita confianza para funcionar. Non s\u00f3 por non ser posible que normas, decretos ou leis cubran todos os aspectos e pequeneces da vida diaria (de a\u00ed a importancia do que tam\u00e9n se pode chamar &#8216;memoria hist\u00f3rica&#8217;, a tradici\u00f3n), sen\u00f3n porque a confianza impulsa a colaboraci\u00f3n. A confianza lubrica e elimina roces, act\u00faa como pegamento que refai o rachado, permite delegar no outro e quedar tranquilo, contrib\u00fae \u00f3 benestar. Polo contrario, a falta de confianza disgrega. Fai medrar a suspicacia e mesmo ver fraudes onde non os hai (que xa hai abondos). D\u00e9ixanos intranquilos polo traballo dos demais. E a inquedanza temerosa non permite o asomo do benestar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Si, claro, o ideal \u00e9 un equilibrio entre confianza e desconfianza: se conf\u00edas plenamente, deixas de controlar, de preocuparte e participar, de ser, para pasar a ser s\u00f3 por delegaci\u00f3n de algo alleo. Parello a cando tes plena desconfianza e conv\u00e9rteste nun pasota doutro estilo ou un antisocial (desa sociedade).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Confianza, responsabilidade, exemplo. Tres palabras relacionadas e convenientes sempre, necesarias como nunca. Confianza e responsabilidade ou a falta de responsabilidade dos pol\u00edticos polo seus actos (as s\u00faas decisi\u00f3ns son actos tam\u00e9n), blindados por si mesmos, que producen desconfianza. E a irresponsabilidade que amosan, en troques de ser exemplo para a cidadan\u00eda \u00e9 tam\u00e9n mal exemplo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Soluci\u00f3n? Non hai poci\u00f3ns milagreiras, mais son co\u00f1ecidas varias bases que poden facer aumentar a confianza. Transparencia, que todos podamos ver que pasa. Participaci\u00f3n, o ter a posibilidade de que todos podamos po\u00f1er o noso gran de area. Vontade&#8230; non s\u00f3 fai falta tela, sen\u00f3n amosar que se ten. Pode que este punto sea o clave: deixar de amosar o que non se ten.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; No ano 1992, Bill Clinton usou un lema oficioso de campa\u00f1a cunha idea que se ten parafraseado noutros campos. Dic\u00eda &#8216;\u00c9 a econom\u00eda, idiota!&#8217;, dando a entender que ese era o tema central sobre o que \u00edan aquelas elecci\u00f3ns, no que hab\u00eda que fixarse, o importante. Recollo o lema e ad\u00e1ptoo \u00e1 actualidade: \u00c9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13],"class_list":["post-4822","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4822","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4822"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4822\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4822"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4822"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4822"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}