{"id":4811,"date":"2021-02-04T13:55:00","date_gmt":"2021-02-04T12:55:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T13:04:56","modified_gmt":"2024-11-12T12:04:56","slug":"visitando-o-proxecto-de-ordenanza-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/04\/visitando-o-proxecto-de-ordenanza-de\/","title":{"rendered":"Visitando o proxecto de Ordenanza de protecci\u00f3n medio ambiental"},"content":{"rendered":"<p>Visitando o proxecto de Ordenanza de protecci\u00f3n medio ambiental<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Antonte, 2 de febreiro, saltou a nova (por parte do concello) de que xa estaba disposto o proxecto de Ordenanza de protecci\u00f3n medio ambiental de Ribadeo. Ben, en realidade, a nota de prensa est\u00e1 datada antonte, e o colgado na web f\u00edxose antonte, polo que debe contarse esa data para os exiguos 10 d\u00edas para alegar. Por se a algu\u00e9n lle interesa a <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3811&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota, est\u00e1 na p\u00e1xina do concello<\/a>. A nota, si. A proposta, non, a pesar de que a nota di que si. Deb\u00e9ronse esquecer de colgala xunto coa nota, como fan outras veces coa documentaci\u00f3n \u00e1 que se refiren as notas. <a href=\"https:\/\/ribadeo.sedelectronica.gal\/board?x=jlc9CzROidTQrq1mqxzlRMLPDEl9Dd4iNdru6o1QDLsTs*IQFpvhF-yj7EO6UBbuCA0j6piqdgX44u57fR7JGK3GTFkWi3xN5CVlEI1D-Tqh9kjd2aS-NwXyScPqL0Hp\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Para a procura do documento hai que ir \u00e1 sede electr\u00f3nica<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Son 39 p\u00e1xinas. Querer\u00eda facer un comentario amplo, pero pola lonxitude, centrareime con diferenza nas cousas m\u00e1is xerais, e s\u00f3 comentarei alg\u00fan punto solto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Como algo previo, dicir que&nbsp; dez d\u00edas par\u00e9ceme moi pouco se se ten intenci\u00f3n de que a xente participe: hai que comezar por decatarse de que foi colgado, e, por referencias, sei que non \u00e9 tan doado chegar \u00f3 documento (ese \u00e9 o motivo de que puxera a ligaz\u00f3n arriba). A m\u00e1is de que 39 p\u00e1xinas, para ler con repouso e dar tempo a que a cabeza o trille ben para dar ideas, necesita o seu tempo. M\u00e1is a\u00ednda se pola falta de impulso da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=participaci%C3%B3n+cidad%C3%A1&amp;max-results=20&amp;by-date=true\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/a>, non se ten o h\u00e1bito de facelo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Creo que no pre\u00e1mbulo at\u00f3pase o motivo dun \u00f3rdago \u00e1 totalidade do documento. Por? O concepto de medio ambiente queda reducido a pouco m\u00e1is que a limpeza das r\u00faas da vila. Avanzando o documento, non hai referencias nin \u00f3 uso das zonas ZEPA orgullo medioambiental de Ribadeo, nin \u00f3 coidado ambiental na prevenci\u00f3n de incendios, que ten dado que falar, nin a contaminaci\u00f3n sonora, que lle deu m\u00e1is dun desgusto \u00f3 concello, nin a lum\u00ednica, da que houbo referencia nas Xornadas de Medio Ambiente hai uns 20 anos, ou a protecci\u00f3n de flora e fauna, ou \u00f3s pozos negros, por p\u00f3r algunhas incidencias que coido te\u00f1en cabida e deberan estar nunha ordenanza de medio ambiente. E, o espazo adicado \u00e1 vila (&#8216;cidade&#8217;, nunha das citas, no art.31) excede moitas veces o adicado \u00f3 rural. Algo as\u00ed como se o medioambiental fora consubstancial \u00f3 urbano. Pero non \u00e9 unha ordenanza de limpeza, sen\u00f3n de medio ambiente. Despois do dito, as consideraci\u00f3ns de aqu\u00ed en diante ser\u00edan secundarias.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coido que hai inconsistencias, como falar do apartado segundo de obrigas de salubridade, sen terse referido \u00e1 salubridade como tal no primeiro punto, os obxectivos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O apartado 4, de lugares de aplicaci\u00f3n non contempla zonas como a de propiedade do Ministerio a trav\u00e9s de Costas nos bloques, para evitar ter que facerse cargo de xeito sistem\u00e1tico o concello de cousas como o seu recente desbroce, ou os regos e regatos, que quedan no limbo a pesar de que non hai tanto tempo que o concello pediu autorizaci\u00f3n \u00e1 Confederaci\u00f3n Hidrogr\u00e1fica do Cant\u00e1brico para proceder \u00e1 s\u00faa limpeza (que non te\u00f1o noticias de que se estea a facer polo momento).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Proh\u00edbese a manipulaci\u00f3n de materiais residuais, botados \u00f3 lixo. Isto \u00e9: non a trapeiros, metaleiros, e, \u00f3 tempo que se pon orde, c\u00f3rtase de ra\u00edz o posible aproveitamento directo do lixo, para o que non se deixa fenda algunha.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O punto 19.3 interpretado de xeito literal vai contra a celebraci\u00f3n dos mercados&#8230; Ben, ir\u00eda se se chegara aplicar tal cal, o que, de calquera xeito, non se far\u00e1. Unha cousa \u00e9 escribilo e outra, facer cumprilo e aterse \u00e1s consecuencias. Por certo, coido que tam\u00e9n vai en contra dalg\u00fan apartado da mesma ordenanza.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Cans e nenos en conflito? Parece que si: non poden estar os cans nos parques infant\u00eds. Pero hai nenos que te\u00f1en medo dos cans e outros que os consideran imprescindibles&#8230; \u00c9 a compa\u00f1\u00eda animal beneficiosa? A resposta \u00e9 si, pero f\u00f3ra?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Queda igualmente prohibida a exhibici\u00f3n dos animais de compa\u00f1\u00eda destinados \u00e1 venta en escaparates ou zonas expostas \u00e1 v\u00eda p\u00fablica ou a modo de reclamo comercial. A min non me parece mal, pero coido que somos minor\u00eda os que opinamos as\u00ed. Est\u00e1 ben? \u00c9 desexable?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; 29. &#8220;A sucidade da v\u00eda p\u00fablica producida a consecuencia do uso com\u00fan, especial e privativo ser\u00e1 responsabilidade dos seus titulares&#8221;. Po\u00f1amos os vasos na r\u00faa. Os titulares dos vasos poden ser os bares, e quen os deixa, os consumidores. Pero est\u00e1n na r\u00faa, f\u00f3ra do local&#8230; Xa vin m\u00e1is veces que diferenzas deste tipo daban lugar a problemas \u00f3 non estar ben axustadas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Os actos p\u00fablicos sen motivo econ\u00f3mico non necesitan solicitude. E polo tanto, non pagan taxas. Coido que est\u00e1 ben, se son para o ben com\u00fan, pero o interese pode ser diferente do econ\u00f3mico e non para o ben com\u00fan. E, de calquera xeito, unha cousa \u00e9 cursar solicitude con necesidade de aprobaci\u00f3n, e outra, comunicar actuaci\u00f3n para declarar responsabilidade (por exemplo, na xeraci\u00f3n de lixo).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; No artigo 38, de xeito impl\u00edcito perm\u00edtese durmir nos bancos do parque. A min par\u00e9ceme ben, pero tampouco estou seguro que sexamos maior\u00eda os que opinamos as\u00ed.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Aparece o feito da &#8216;recollida separada&#8217;. Tam\u00e9n aplicable \u00e1 &#8216;fracci\u00f3n resto&#8217;. E que \u00e9 iso? Hai un apartado de definici\u00f3ns, pero non incl\u00fae a de &#8216;fracci\u00f3n resto&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por \u00faltimo, o &#8216;street art&#8217;, ou \u00e9 oficial, ou \u00e9 punible. Iso da oposici\u00f3n entre oficial e punible \u00e9 algo que medra como a escume. E non o vexo desexable, a\u00ednda que sempre haxa xeito de defendelo: procurando na nada, sempre hai xeito de defender todo, a\u00ednda aquelo que consideramos &#8216;indefendible&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Por \u00faltimo, algo que pode parecer contraditorio con moito do anterior. Coido que unha normativa, se se quere que sexa cumprida de xeito consciente, debe ser, ao menos mentres non pase a ser algo do acervo com\u00fan, comprensible. E para iso, \u00e9 moi conveniente a simplicidade. Antes de aplicar 39 paxinas, hai que pensar na bondade de aplicaci\u00f3n de aquelo de &#8216;o desco\u00f1ecemento da lei non exime do seu cumprimento&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; En fin, algo de xeito r\u00e1pido, m\u00e1is que nada para facer pensar nun tema conveniente para todos entre outros pode que m\u00e1is urxentes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Visitando o proxecto de Ordenanza de protecci\u00f3n medio ambiental &nbsp;&nbsp; Antonte, 2 de febreiro, saltou a nova (por parte do concello) de que xa estaba disposto o proxecto de Ordenanza de protecci\u00f3n medio ambiental de Ribadeo. Ben, en realidade, a nota de prensa est\u00e1 datada antonte, e o colgado na web f\u00edxose antonte, polo que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,27,9],"class_list":["post-4811","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sanidade","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4811"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4811\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4811"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}