{"id":4797,"date":"2021-02-08T15:15:00","date_gmt":"2021-02-08T14:15:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-08T14:28:01","modified_gmt":"2024-11-08T13:28:01","slug":"a-nosa-loita-en-mans-doutros-e-non-son","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/08\/a-nosa-loita-en-mans-doutros-e-non-son\/","title":{"rendered":"A nosa loita, en mans doutros. E non son mercenarios nosos."},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Os nosos datos eran nosos. Antes. E agora.&nbsp; Mais hoxe o mundo funciona como se non nos pertenceran. A rede est\u00e1 pragada de casos que as\u00ed o amosan.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Non debera ser. Se os xeramos n\u00f3s, teremos alg\u00fan dereito. Non nos confundamos, non me refiro \u00f3s monetarios, que neles se baseou o sistema de patentes, propiedade intelectual, copyright&#8230; que nos veu levando \u00e1 situaci\u00f3n actual de apropiaci\u00f3n. Non, non a iso, sen\u00f3n a cousas como o reco\u00f1ecemento de uso, a ter que dicir e poder decidir sobre o seu emprego, a non ser expropiados de n\u00f3s mesmos. Mais en internet, a principal batalla sobre a propiedade, a da propiedade dos datos que xeramos sinxelamente por vivir, a partir das nosas actividades, xa non \u00e9 &#8216;entre n\u00f3s&#8217; ou &#8216;entre n\u00f3s e os gobernos&#8217;. Nin tampouco entre gobernos e compa\u00f1\u00edas mercant\u00eds. Non, o futuro dos nosos dereitos est\u00e1 no aire e mantense as\u00ed pola discusi\u00f3n entre empresas con diferente modelo de negocio. Basicamente, entre as que te\u00f1en un modelo de venda e uso dos nosos datos e as que fan cartos doutro xeito, podendo deixar soltos sen preocupaci\u00f3n os datos que extraen ou poden extraer de n\u00f3s. Na pr\u00e1ctica, somos ref\u00e9ns que podemos sa\u00edr prexudicados ou beneficiados segundo as nosas actividades, posibilidades e potencial econ\u00f3mico, pero ref\u00e9ns cun futuro que depender\u00e1 desa batalla entre empresas, que s\u00f3 dun xeito moi suave reciben recomendaci\u00f3ns m\u00e1is que normas das instituci\u00f3ns que nos encadran como cidad\u00e1ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; As\u00ed, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Apple\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Apple<\/a>, o &#8216;palad\u00edn da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=privacidade\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">privacidade<\/a>&#8216;, ten un modelo de negocio con produtos m\u00e1is chic, m\u00e1is caros e exclusivos, de dese\u00f1o e calidade, e con programas propietarios. No outro extremo do campo de batalla, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Facebook\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Facebook<\/a>, defende o seu &#8216;mercado libre&#8217; (cos nosos datos), a partir dun acceso gratu\u00edto en teor\u00eda. <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Google\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Google<\/a>, navegando entre d\u00faas augas, tenta aproximarse \u00f3s cartos coa intelixencia artificial e coquetea co software libre, mentres depende dos anuncios subministrados coa axuda desa mesma intelixencia artificial para facer negocio con servizos &#8216;gratu\u00edtos&#8217;, ou fai movementos para desfacerse das cookies invasivas sinxelamente porque xa non lle van facer falta para os seus prop\u00f3sitos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E, como campo de batalla, os nosos datos. Mentres, os nosos sentidos est\u00e1n mov\u00e9ndose no xard\u00edn da desinformaci\u00f3n e o engano, constrinxidos por cl\u00e1usulas que non podemos ler e, se cadra, ameazas xudiciais coa \u00fanica intenci\u00f3n de que achantemos fronte \u00f3 que sentimos como infinitos medios das empresas en relaci\u00f3n \u00f3s nosos limitados recursos de cartos, tempo ou relaci\u00f3ns. E, mentres, seguen a negociar co que \u00e9 noso e aproveitan o que extraen de n\u00f3s para dirixirnos, e poder sacar a\u00ednda m\u00e1is.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A\u00ednda as\u00ed, o reco\u00f1ecemento da privacidade como ben a coidar e como dereito para todos, non s\u00f3 para quen pode inverter nela, vai abr\u00edndose cami\u00f1o. De xeito t\u00edmido, aumentando pouco a pouco a capacidade de loita, como unha elecci\u00f3n feita a conciencia mentres te\u00f1amos a m\u00ednima posibilidade de defendernos. \u00c9 dicir, mentres contemos para algo en termos de econom\u00eda de mercado, no sistema capitalista actual. Polo momento, \u00e9 &#8216;o sistema&#8217;. O mesmo que leva tentando afianzarse dende antes de que Margaret Thatcher tentara inculcarnos aquelo de &#8216;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=non%20hai%20alternativa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">non hai alternativa<\/a>&#8216;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Os nosos datos eran nosos. Antes. E agora.&nbsp; Mais hoxe o mundo funciona como se non nos pertenceran. A rede est\u00e1 pragada de casos que as\u00ed o amosan. &nbsp;&nbsp; Non debera ser. Se os xeramos n\u00f3s, teremos alg\u00fan dereito. Non nos confundamos, non me refiro \u00f3s monetarios, que neles se baseou o sistema de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-4797","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4797"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4797\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}