{"id":4786,"date":"2021-02-11T09:59:00","date_gmt":"2021-02-11T08:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-08T14:27:43","modified_gmt":"2024-11-08T13:27:43","slug":"coronavirus-onde-non-debera-haber","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/11\/coronavirus-onde-non-debera-haber\/","title":{"rendered":"Coronavirus onde non debera haber"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; E onde debera de habelo?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A nova residencia de Ribadeo est\u00e1 no aleiro a conto dun positivo nun testeo. Hai d\u00faas notas de prensa -actualizaci\u00f3n, 3-, da Deputaci\u00f3n e do Concello &#8211; + outra do concello-. Antes de deixar as d\u00faas -3-, nesa mesma secuencia, dicir que ata o de agora a residencia ribadense mant\u00edvose limpa da enfermidade, mentres o hospital asilo, a vella residencia, sufriu un episodio que a decimou. Co comezo das vacinas, esperemos que non sexa equivalente.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" alt=\"\" height=\"219\" src=\"https:\/\/www.cronica3.com\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/060418-Foto-residencia-maiores-Ribadeo-1-1-1.jpg\" width=\"390\" \/>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Lugo,<br \/>\n 10 de febreiro de 2021. O cribado peri\u00f3dico realizado polo SERGAS no<br \/>\nCentro de Atenci\u00f3n a Maiores (CAM) de Ribadeo arroxou este m\u00e9rcores un<br \/>\npositivo entre as persoas usuarias, momento no que a Deputaci\u00f3n de Lugo<br \/>\nprocedeu a illar a esta persoa e \u00e1 s\u00faa acompa\u00f1ante de habitaci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em>As\u00ed<br \/>\n mesmo, a Deputaci\u00f3n de Lugo decidiu realizar, hoxe mesmo, probas de<br \/>\ndiagnose con recursos propios, tanto a esta persoa, como \u00e1 s\u00faa<br \/>\nacompa\u00f1ante de habitaci\u00f3n e aos usuarios e traballadores que tiveron un<br \/>\ncontacto estreito con ela, co obxectivo de corroborar o resultado, dada a<br \/>\n elevada posibilidade de tratarse dun falso positivo, tendo en conta que<br \/>\n todos os demais residentes deran negativo no cribado peri\u00f3dico do<br \/>\nSERGAS, e que o centro est\u00e1 pechado, polo que non se reciben visitas,<br \/>\nnin os usuarios saen o exterior, como medida de prevenci\u00f3n da Covid-19.<\/em><\/p>\n<p><em>Realizadas<br \/>\n as probas nun centro de diagn\u00f3stico lucense autorizado pola Xunta de<br \/>\nGalicia, que consta inscrito no Rexistro de Centros Sanitarios, TODAS<br \/>\nDERON NEGATIVO. Polo tanto, tratouse dun falso positivo.<\/em><\/p>\n<p><em>\u00c1 vista<br \/>\ndestes resultados, a Deputaci\u00f3n de Lugo solicitaralle ao SERGAS a<br \/>\nrealizaci\u00f3n dunha segunda proba PCR a esta persoa usuaria. Ata obter o<br \/>\nresultado, esta persoa e a s\u00faa acompa\u00f1ante de habitaci\u00f3n continuar\u00e1n<br \/>\nilladas como medida de precauci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p><em>As\u00ed mesmo, a Deputaci\u00f3n de Lugo<br \/>\n informa de que toda comunidade do Centro de Atenci\u00f3n a Maiores de<br \/>\nRibadeo completou a pauta de vacinaci\u00f3n da Covid-19, excepto esta persoa<br \/>\n usuaria que resultou ser un falto positivo, quen non puido ser vacinada<br \/>\n por desexo expreso dun familiar, que \u00e9 o titor legal, un feito que a<br \/>\ninstituci\u00f3n provincial xa puxo en co\u00f1ecemento da Fiscal\u00eda. Sendo a<br \/>\nvontade da instituci\u00f3n protexer \u00e1 totalidade dos residentes e persoal do<br \/>\n centro, reiterar\u00e1 de novo a comunicaci\u00f3n ao Ministerio Fiscal para que a<br \/>\n autoridade xudicial decida o que corresponda con respecto \u00e1 s\u00faa<br \/>\nvacinaci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/02\/res.jpg\" style=\"clear: left; float: left; margin-bottom: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"240\" height=\"135\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/02\/res.jpg\" class=\"wp-image-4787\" \/><\/a><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>DEPUTACI\u00d3N E CONCELLO PIDEN UNHA NOVA PROBA AO SERGAS<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\" style=\"text-align: justify;\"><em>Cribado na nova residencia<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">10\/02\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, agarda que o Centro<br \/>\nde Atenci\u00f3n a Persoas Maiores siga libre do covid19 e que a \u00fanica<br \/>\nusuaria que non foi vacinada, por expreso desexo do seu titor legal,<br \/>\nreciba as doses canto antes. <\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O rexedor subli\u00f1ou que &#8220;non administrarlle a vacina a esta persoa<br \/>\nsup\u00f3n un risco moi importante para ela e un perigo para os demais<br \/>\nusuarios e usuarias da residencia ribadense, que ata o de agora estivo<br \/>\nlibre de covid19 e agardamos que as\u00ed contin\u00fae&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde de<br \/>\nRibadeo agarda que o Sergas realice un novo cribado neste centro, que<br \/>\nconfirme que se trata dun falso positivo o caso detectado este m\u00e9rcores.<br \/>\n Ata que esa nova proba sexa realizada tanto esta usuaria como a s\u00faa<br \/>\ncompa\u00f1eira de habitaci\u00f3n permanecen illadas, &#8220;segundo acabamos de saber&nbsp;<br \/>\n por parte dos responsables da Deputaci\u00f3n. Quedamos \u00e1 espera de poder<br \/>\nconfirmar a boa nova de que ese posible positivo se quede nun susto sen<br \/>\nmais&#8221;, engadiu.&nbsp; <\/em><\/p>\n<p><em>A Deputaci\u00f3n de Lugo comunicou esta tarde que<br \/>\ntras o cribado peri\u00f3dico realizado polo Sergas no CAM de Ribadeo<br \/>\narroxouse un caso positivo entre as persoas usuarias. A instituci\u00f3n<br \/>\nprovincial decidiu encargar, hoxe mesmo, probas de diagnose a esta<br \/>\npersoa, \u00e1 s\u00faa acompa\u00f1ante de habitaci\u00f3n, as\u00ed como aos residentes e<br \/>\ntraballadores que tiveron contacto con ela. Todos os resultados deron<br \/>\nnegativo.<\/em><\/p>\n<p class=\"imgnovas\"><img decoding=\"async\" alt=\"Foto residencia\" src=\"http:\/\/ribadeo.gal\/imxd\/noticias\/imx\/1613047204110619_Foto_residencia_2_-_copia.jpeg\" \/><\/p>\n<p class=\"antetitulo\"><em>BARCIA CUALIFICOU DE DESESPERANZADORA A SITUACI\u00d3N<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n   <\/em><\/p>\n<h3 class=\"antel\"><em>Petici\u00f3n \u00e1 Xunta<\/em><\/h3>\n<p><em><br \/>\n  <span class=\"data\">11\/02\/2021<\/span><br \/>\n  <\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, manifestou que &#8220;o<br \/>\nnegacionismo non casa coa nosa sociedade&#8221;. As\u00ed se referiu ao caso da<br \/>\nusuaria da residencia de maiores, que non recibiu a vacina contra ao<br \/>\ncovid19 por expreso desexo dun familiar. O rexedor preg\u00fantase \u00bfqu\u00e9<br \/>\nprimamos os dereitos fundamentais individuais ou a sa\u00fade p\u00fablica<br \/>\ncolectiva?. Su\u00e1rez Barcia dem\u00e1ndalle \u00e1 Xunta que promova, \u00e1 maior<br \/>\nceleridade posible, a adaptaci\u00f3n lexislativa necesaria para que a sa\u00fade<br \/>\np\u00fablica impere sobre os posicionamentos individuais, ego\u00edstas e<br \/>\nnegacionistas.<\/em><\/p>\n<\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>\t<\/em><\/p>\n<p><em>O alcalde ribadense dixo que &#8220;\u00e9 moi desesperanzadora esta situaci\u00f3n.<br \/>\n \u00c1 vista de que na nova residencia de maiores xa se puxeron as d\u00faas<br \/>\ndoses da vacina, s\u00f3 unha usuaria non a recibiu por expreso desexo dun<br \/>\nfamiliar. Onte esta usuaria deu positivo en coronavirus, logo revisado<br \/>\ncunha nova PCR semella que foi un falso positivo, o cal valor\u00e1molo como<br \/>\nunha moi boa noticia, pero \u00e9 certo que a actitude do familiar entendemos<br \/>\n que \u00e9 intolerable&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>Su\u00e1rez Barcia considera que &#8220;o ego\u00edsmo e o<br \/>\nnegacionismo non casan coa nosa sociedade. Debo dicir que, ademais do<br \/>\ncomportamento impecable nesta actuaci\u00f3n por parte da Deputaci\u00f3n de Lugo,<br \/>\n desde o Concello de Ribadeo consideramos que non \u00e9 axeitado que as<br \/>\npersoas que convivan nunha residencia municipal non apliquen a vacina,<br \/>\nben por desexo propio no caso de que te\u00f1an a vontade intacta ou ben por<br \/>\ndesexo dos seus familiares no caso de que estes te\u00f1an a tutela&#8221;. <\/em><\/p>\n<p><em>O<br \/>\n rexedor sinalou que &#8220;o certo \u00e9 que vivimos nuns momentos moi complexos e<br \/>\n desde os Concellos, como \u00e9 o caso do noso, abondo temos con xestionar o<br \/>\n d\u00eda da d\u00eda das residencias p\u00fablicas, e aqu\u00ed d\u00e1se unha pregunta que hai<br \/>\nque resolver inmediatamente, \u00bfqu\u00e9 prima primeiro se os dereitos<br \/>\nfundamentais individuais ou a sa\u00fade p\u00fablica colectiva?. Polo tanto,<br \/>\nsendo competencias galegas como son o caso da sa\u00fade p\u00fablica e m\u00e1is dos<br \/>\nservizos sociais, eu vexo necesario que a Xunta de Galicia promova, \u00e1<br \/>\nmaior celeridade, a adaptaci\u00f3n lexislativa necesaria para garantir que a<br \/>\n sa\u00fade p\u00fablica impere sobre os posicionamentos individuais ego\u00edstas e<br \/>\nnegacionistas. E polo tanto, poida ser de obrigado cumprimento, para ter<br \/>\n acceso a un servizo asistencial como \u00e9 unha residencia de maiores, a<br \/>\naceptaci\u00f3n da vacina contra o covid19&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; E onde debera de habelo? &nbsp;&nbsp; A nova residencia de Ribadeo est\u00e1 no aleiro a conto dun positivo nun testeo. Hai d\u00faas notas de prensa -actualizaci\u00f3n, 3-, da Deputaci\u00f3n e do Concello &#8211; + outra do concello-. Antes de deixar as d\u00faas -3-, nesa mesma secuencia, dicir que ata o de agora a residencia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4787,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75],"class_list":["post-4786","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4786","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4786"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4786\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4787"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4786"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4786"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4786"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}