{"id":4780,"date":"2021-02-12T08:52:00","date_gmt":"2021-02-12T07:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-08T14:27:32","modified_gmt":"2024-11-08T13:27:32","slug":"manuel-huerta-aza-un-indiano-sen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/12\/manuel-huerta-aza-un-indiano-sen\/","title":{"rendered":"MANUEL HUERTA AZA. Un Indiano sen retorno. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/02\/ManuelHuertaAza.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"628\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/02\/ManuelHuertaAza.jpg\" class=\"wp-image-4781\" width=\"406\" \/><\/a><\/p>\n<p>MANUEL HUERTA AZA. Un Indiano sen retorno.<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Este artigo ten como obxecto atoparmos alg\u00fan dos descendentes espa\u00f1ois de Manuel Huerta Aza, t\u00edo de mi\u00f1a avoa materna, polo que me estenderei na \u00e1rbore xeneal\u00f3xica.<br \/>\nManuel M\u00aa Huerta Aza nace o 12 de decembro de 1867 en Paredes-Meira e foi asasinado en estra\u00f1as circunstancias o 16 de decembro de 1918 en Sonora- M\u00e9xico. Era fillo de Jos\u00e9 Huerta Ya\u00f1ez (1842-1897) de Paredes-Meira e da s\u00faa muller Florentina Aza Vigil (1844\/45-1933) natural de Pola de Lena, filla de Elias Aza Gonz\u00e1lez e de Mar\u00eda Vigil Rodr\u00edguez ou \u00c1lvarez(?). Florentina vi\u00f1era para Meira acompa\u00f1ando ao seu t\u00edo o freire don Benito Aza Gonz\u00e1lez (1810-1886) da Orde de San Bernardo que estivo rexentando a igrexa de Sta. Mar\u00eda de Meira por m\u00e1is de vinte anos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Manuel era o primox\u00e9nito de catro fillos. S\u00faa irm\u00e1 Amalia Huerta Aza (1869-1946) foi Sor Amalia do Coraz\u00f3n de Mar\u00eda, relixiosa franciscana no convento das Descalzas Reales de Valladolid. Faleceu en Valladolid aos 77 a\u00f1os de idade e levaba 62 anos de clausura. Carmen Huerta Aza (n.1873 en Meira\/f.1963 en La Habana) casada en primeiras nupcias con Enrique L\u00f3pez Gonz\u00e1lez (n.1868 en Curras-Breto\u00f1a \/f.1902 en Bos Aires) avogado \u201ccum laude\u201d tam\u00e9n asasinado a tiros en plena r\u00faa segundo fontes orais. Deste matrimonio houbo un fillo que morre moi novo, e d\u00faas fillas, Esperanza L\u00f3pez Huerta (n.1893-f.?) casada con Fernando Gonz\u00e1lez G\u00f3mez, de San Miguel de Reinante, co\u00f1ecido como Fernando das Marcelinas, irm\u00e1n de Vicenta, Antonia, Francisca e de Jos\u00e9 (presb\u00edtero), e Remedios L\u00f3pez Huerta (mi\u00f1a avoa materna) nacida en Pastoriza (Meira), casada con Jos\u00e9 Ram\u00f3n Dorado L\u00f3pez Polido de San Miguel de Reinante. E a irm\u00e1 m\u00e1is nova In\u00e9s Huerta Aza (1875-1955) casada cun farmac\u00e9utico de Meira, Joaqu\u00edn Anllo P\u00e9rez.<br \/>\nManuel casou en primeiras nupcias con Filomena Blanco-Victorero Baamonde (n.1858) natural de Mondo\u00f1edo, filla de Ram\u00f3n Blanco-Victorero (f.1890) natural da Magdalena de Avil\u00e9s e de M\u00aa Baamonde Fern\u00e1ndez natural de Mondo\u00f1edo. Viviron na r\u00faa San Roque N\u00ba23 de Mondo\u00f1edo e m\u00e1is tarde na r\u00faa Constituci\u00f3n. Manuel e Filomena tiveron 5 fillos:<\/p>\n<p>1. Mar\u00eda Dolores Huerta Blanco (n.1890 en Mondo\u00f1edo \/\/ f.1959 en A Coru\u00f1a). Estivo casada con Antonio Iglesias Calvi\u00f1o e viviron na r\u00faa Marconi 22-Baixo, A Coru\u00f1a. Tiveron unha filla, Carmen Iglesias Huerta, pero non soubemos nunca deles.<\/p>\n<p>2. Amalia Huerta Blanco (n.1892 en Mondo\u00f1edo \/ f.1913 en Meira de enfermidade)<\/p>\n<p>3. Senen Huerta Blanco, sabemos dun fillo ao que lle chamaban Senen, pero quizais fora o sobrenome que lle daban a Ram\u00f3n cando era un p\u00edcaro, pois non aparece nin a s\u00faa fe de bautismo na Igrexa nin a partida de nacemento no Arquivo Civil de Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p>4. Ram\u00f3n Ricardo Huerta Blanco (n.1897). Sabemos que estaba na Habana o 3-Febreiro-1916, por unha fotograf\u00eda que lle manda a Meira a s\u00faa nai Filomena que se trasladara a Meira a vivir na casa de Florentina. En Cuba intentou po\u00f1erse en contacto co seu pai que estivera na hospeder\u00eda de s\u00faa irm\u00e1 Carme, vi\u00fava de Enrique, pero Manuel xa se fora para M\u00e9xico e parece ser que non contactaron.<\/p>\n<p>5. Jaime Huerta Blanco (n.1-Feb-1899 en Mondo\u00f1edo \/\/ f.9-Feb-1899). Morreu aos oito d\u00edas de nacer.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Manuel Huerta Aza c\u00e1sase en 2\u00aa nupcias en M\u00e9xico con Enriqueta Haskell Almada (1881-1964) matrimonio celebrado en xaneiro de 1910 en M\u00e9xico, filla de Nathaniel Haskell (n.1852) e de Carlota Almada Corral, cuxos av\u00f3s maternos eran Antonio Almada de Quir\u00f3s e Eduviges Corral.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Manuel de este matrimonio con Enriqueta tivo un fillo, Manuel Enrique Huerta Haskell (1911\/f.1999 Oreg\u00f3n) quen casou con Daisy Peterson (n.1912 \/f.2002 en Oreg\u00f3n). Manuel Enrique e Daisy tiveron dous fillos, Doloris e Robert Huerta Peterson. Doloris casada con Glen Lloyd e s\u00faa media irm\u00e1 Sharon Heston estiveron en Ribadeo buscando as s\u00faas ra\u00edces galegas, o que foi para min un verdadeiro pracer acompa\u00f1alos por t\u00f3dolos paraxes onde residiu Manuel ao tempo de ensinarlles os embelesantes paisaxes da nosa Mari\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai en Oreg\u00f3n (USA) unha grande descendencia, pois Doloris neta de Manuel, tivo catro fillos, oitos netos que a s\u00faa vez xa est\u00e1n casados e con fillos. Doloris e Sharon escribiron e publicaron un precioso libro, \u201cCrossing the line\u201d (Cruzando a fronteira), onde describen con todo luxo de detalles a excepcional vida de s\u00faa avoa Enriqueta Haskel durante a Revoluci\u00f3n Mexicana, onde militaba Manuel no bando de Pancho Villa como alto mando preto do xeneralato, e como foi vilmente asasinado con nocturnidade e aleivos\u00eda, as\u00ed como, cando Henriqueta casou en 2\u00aa nupcias con Robert, un militar estadounidense que estaba destinado tam\u00e9n no Alamo cando morre Manuel ao borde da fronteira.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Sabemos da \u00e9poca empresarial de Manuel na Galiza pola correspondencia que mantivo con Ram\u00f3n Bustelo Gonz\u00e1lez que era o presidente e dono da Casa de Banca e Comercio Bengoechea de Ribadeo. En 1894 (GP 263\/002-23 ES.GA.15078 AG\/2.3.33.24); en 1895 (GP 283\/003-40 ES.GA.15078.AG\/ 2.3.3.3.24) de fondos privados; en 1896 (GP 285\/004-43); 1897 Caixa GP 281\/001-57); 1898 (GP 286\/002-63) como empresa (arquivo.galiciana@xunta.gal).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ser\u00eda unha gran satisfacci\u00f3n para n\u00f3s saber dalg\u00fan dos descendentes de Mar\u00eda Dolores Huerta Blanco, de Ram\u00f3n Ricardo Huerta Blanco ou de Sen\u00e9n, polo que se algu\u00e9n tivese algunha informaci\u00f3n ao respecto estar\u00edamoslle moi agradecidos. Moitas grazas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>MANUEL HUERTA AZA. Un Indiano sen retorno. Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp;&nbsp; Este artigo ten como obxecto atoparmos alg\u00fan dos descendentes espa\u00f1ois de Manuel Huerta Aza, t\u00edo de mi\u00f1a avoa materna, polo que me estenderei na \u00e1rbore xeneal\u00f3xica. Manuel M\u00aa Huerta Aza nace o 12 de decembro de 1867 en Paredes-Meira e foi asasinado en estra\u00f1as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4781,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46],"class_list":["post-4780","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4780"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4780\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4781"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}