{"id":4775,"date":"2021-02-13T09:58:00","date_gmt":"2021-02-13T08:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-08T14:27:23","modified_gmt":"2024-11-08T13:27:23","slug":"un-castelo-para-unha-princesa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/13\/un-castelo-para-unha-princesa\/","title":{"rendered":"Un castelo para unha princesa"},"content":{"rendered":"<p>Un castelo para unha princesa<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A comparaci\u00f3n de titulares estase a converter nun pasatempo divertido. A \u00faltima quenda deuma a nova dos estudos dunha princesa. Como non pod\u00eda ser menos, hab\u00eda que comunicarlle \u00e1 prensa que \u00eda formarse f\u00f3ra, seguindo a tradici\u00f3n familiar, para facerse mundana. E, quizais para minimizar alg\u00fan aspecto, hab\u00eda que aclarar que o orzamento non o \u00edamos pagar directamente cada un de n\u00f3s. Ou sexa, que sae do orzamento da Casa Real. Que s\u00f3 sae indirectamente de n\u00f3s. Non se aclara m\u00e1is, nas novas que vexo, se gardacostas e outros detalles tam\u00e9n saen indirectamente a trav\u00e9s da Casa Real ou indirectamente a trav\u00e9s de Patrimonio, como noutros reais casos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A m\u00e1is do r\u00f3tulo aparecido na TVE, \u00abLeonor se va de Espa\u00f1a, como su abuelo\u00bb, que estimo \u00e9 falso, porque o av\u00f3 non se foi, sen\u00f3n que m\u00e1is ben escapou, ou a vi\u00f1eta \u2018El abuelo\u2019 de Manel Fontdevilla, na que \u2018o av\u00f3\u2019 pregunta por tel\u00e9fono que esperan que aprenda a rapaza se al\u00ed onde vai non hai nin un para\u00edso fiscal, hai outras m\u00faltiples posibilidades, por separado ou por comparaci\u00f3n, de agudizar o noso instinto de supervivencia fronte \u00f3 poder \u00f3 paso que esbozamos un sorriso sen sentirnos na pel de Pablo Hassel.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; De pronto, unha foto d\u00e9ixanos claro que o tal colexio ten pinta de pazo con ameas, asociable de xeito doado \u00e1 nobreza de sangue ou mercada. Non vou entrar nin sair dunha decisi\u00f3n que uns pais -\u201dnobres de sangue\u201d- poden tomar en relaci\u00f3n \u00e1 educaci\u00f3n da s\u00faa filla. Pero, trat\u00e1ndose dunha princesa que \u2018vai para ra\u00ed\u00f1a\u2019 constitucional. e con cargo \u00f3 erario p\u00fablico, as cousas var\u00edan. E non polo prezo astron\u00f3mico para un peto medio, sen\u00f3n por detalli\u00f1os m\u00e1is sut\u00eds.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O primeiro, que se sup\u00f3n que debe formarse para entender e atender \u2018\u00f3s seus s\u00fabditos\u2019. E en Gales non hai moitos, coido. \u00c9 un centro privado e caro. Abro un par\u00e9ntese para apuntar que por algures vin que al\u00ed \u2018o 80 % dos estudantes espa\u00f1ois te\u00f1en axudas de xeito completo\u2019: non o creo, a pesar de dicir na mesma nova que esa rede internacional de centros reciben cartos de compa\u00f1\u00edas multinacionais e persoas (o de \u2018moi ricas\u2019, suponse). En calquera caso, ser axudado por o gran capital, non parece o perfil adecuado para rexir sobre o 99 %. O obxectivo do centro pode ser formar unha visi\u00f3n altru\u00edsta (po\u00f1amos por caso, collendo un dos adxectivos empregados nas novas), pero m\u00e1is ben se quedar\u00e1 en algo ou te\u00f3rico ou m\u00e1is achegado \u00e1 caridade que \u00e1 inserci\u00f3n colaborativa. E, poder\u00e1 as\u00ed ter amigas \u2018do com\u00fan\u2019? Non estar\u00e1 consolidando \u00f3 seu arredor un sistema e un ambiente elitista, co colexio como un medio m\u00e1is de reproduci\u00f3n, mantemento e purificaci\u00f3n do sistema? A modo de exemplo do que significa esta idea, un subt\u00edtulo collido hoxe mesmo: \u201cA pol\u00edtica estatal segue superpoboada por unha elite de amigos, familiares e antigos compa\u00f1eiros de colexio que xa mandaban nas profundidades do franquismo.\u201d E non, o titular non se refer\u00eda \u00e1 princesa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; M\u00e1is cousas se poder\u00edan dicir a\u00ednda non entrando no que sup\u00f3n para a rede p\u00fablica o sentir que non ten a confianza real (e non ser\u00e1 por que en Madrid non haxa bos institutos) ou na formaci\u00f3n na princesa dunha idea de rede p\u00fablica como \u2018rede educativa de segunda\u2019.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Non, non ten por que ser as\u00ed. Por exemplo, hai xente formada na privada que avoga pola educaci\u00f3n p\u00fablica. Pero non me fai falta unha estudo en profundidade para ver que somos minor\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un castelo para unha princesa &nbsp;&nbsp;&nbsp; A comparaci\u00f3n de titulares estase a converter nun pasatempo divertido. A \u00faltima quenda deuma a nova dos estudos dunha princesa. Como non pod\u00eda ser menos, hab\u00eda que comunicarlle \u00e1 prensa que \u00eda formarse f\u00f3ra, seguindo a tradici\u00f3n familiar, para facerse mundana. E, quizais para minimizar alg\u00fan aspecto, hab\u00eda que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-4775","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4775","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4775"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4775\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4775"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4775"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4775"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}