{"id":476,"date":"2024-06-20T13:29:00","date_gmt":"2024-06-20T11:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:44:44","modified_gmt":"2024-10-23T08:44:44","slug":"50-m-de-porcillan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/06\/20\/50-m-de-porcillan\/","title":{"rendered":"50 m de Porcill\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Escrito para o libro das Festas do Carme 2024:<\/p>\n<p>50 m de Porcill\u00e1n<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai veces que <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=porcill%C3%A1n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Porcill\u00e1n<\/a> ant\u00f3llase tranquilo, mesmo dir\u00edase aburrido. 29 de maio a media tarde: a r\u00eda iluminada, boa temperatura, pouca xente, a m\u00e1is dela sentada no mari\u00f1eiro ou nos bancos fronte \u00e1 r\u00eda, embarcaci\u00f3ns deportivas por medio. Ser\u00eda un deses d\u00edas. Mais chega con mirar \u00e1 fronte, ou a unha beira, ou detr\u00e1s, ou \u00e1 auga, ou \u00f3 ceo. E xa tes unha visi\u00f3n que enche.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un pequeno lugar que, tam\u00e9n \u00e1s veces, parece o centro do mundo. E non s\u00f3 para quen por al\u00ed viva ou traballe, sen\u00f3n tam\u00e9n para quen pase con calma, saboreando o lugar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O lugar, o sitio. A s\u00faa importancia foi reco\u00f1ecida en abstracto -a importancia de \u2018un\u2019 lugar- pero tam\u00e9n, neste caso, en concreto -o lugar de Porcill\u00e1n-.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E non fai falta remont\u00e1rmonos \u00e1s orixes do \u2018Portus Iulianus\u2019 que nos poder\u00eda ilustrar <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Jos%C3%A9%20M%C2%AA%20Rodr%C3%ADguez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Jos\u00e9 Mar\u00eda Rodr\u00edguez<\/a>, entre outros, ou \u00e1s vivencias que nos poder\u00eda lembrar <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Pancho%20Campos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Pancho Campos<\/a>, tam\u00e9n entre outros, ou \u00e1s primeiras fotos tomadas do lugar que nolo refiren cheo de vida, ou as varias referencias que fai <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Francisco+Lanza\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Paco Lanza<\/a> nos seus escritos, ou\u2026 Non, non fai falta. Chega con aproximarnos e recorrer uns cincuenta metros dende que rematan as instalaci\u00f3ns do Mari\u00f1eiro ata a baixada para embarcar a xente que vai na lancha de pasaxe. Al\u00ed, neses poucos metros, hai indicaci\u00f3ns abondas da querencia, relevancia ou mesmo da historia do lugar. Por suposto, non est\u00e1 todo, nin moito menos, pero para ser instalaci\u00f3ns case todas de medio s\u00e9culo ac\u00f3, pode dar unha idea do por que Porcill\u00e1n pode parecer \u2018o centro do mundo\u2019, o centro dun pequeno mundo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>As\u00ed, baixando do pobo, e na mesma li\u00f1a que separa o paseo mar\u00edtimo para caer \u00e1 auga, se miramos \u00e1 nosa esquerda, atopamos a Virxe. E xusto antes, un conxunto de sinais con diferentes direcci\u00f3ns que apuntan distancias con Porcill\u00e1n como centro. Si, \u00e9 un poste indicativo do \u2018Cami\u00f1o Natural da ruta do Cant\u00e1brico\u2019 que fixa o tal cami\u00f1o en relaci\u00f3n \u00f3 lugar no que se atopa, Porcill\u00e1n. Que existan postes semellantes en moitos outros lugares non quita que este en concreto apoie esa centralidade para n\u00f3s do antigo Portus Iulianus.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/1_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"480\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/1_.jpg\" class=\"wp-image-477\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como dixen, xusto \u00e1 s\u00faa beira, a Virxe. A Virxe cuxa festa no 2024 d\u00e1 lugar \u00e1 publicaci\u00f3n desta publicaci\u00f3n que tes nas mans, nunha efixie que \u00e9 unha homenaxe de \u2018o CASIP aos homes e mulleres do mar\u2019, lembrando a s\u00faa relaci\u00f3n secular das xentes coa patroa dos mares. [CASIP: Centro de Actividades Subacu\u00e1ticas Illa Pancha]<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ao p\u00e9 da Virxe, un banco. Orientado case \u00f3 sur, permite recibir o Sol pracidamente. Mais a\u00ednda que ten boa vista, outro compa\u00f1eiro m\u00e1is adiante faille a competencia con avantaxe.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Seguindo un par de metros m\u00e1is despois da Virxe, na mesma parede na que o banco recala, unha placa lembra unha tripulaci\u00f3n. Nela aparecen nomes, mais sendo particular \u00e9 unha de tantas que se poder\u00eda reco\u00f1ecer. E a placa pasa as\u00ed, m\u00e1is que a ser un reco\u00f1ecemento espec\u00edfico, que tam\u00e9n, a ser un s\u00edmbolo de homenaxe \u00e1s xentes que durante s\u00e9culos al\u00ed se botaron \u00e1 mar.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/2_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/2_.jpg\" class=\"wp-image-478\" width=\"480\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Uns metros m\u00e1is e o caleado p\u00e9 dunha casa inf\u00f3rmanos mediante unha peza de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Sargadelos\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Sargadelos<\/a> que estamos no peirao de Porcill\u00e1n. E, baixo dela, tam\u00e9n manufactura de Sargadelos, somos informados de que as obras de construci\u00f3n do \u2018actual\u2019 peirao comezaron en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1884\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1884<\/a> e duraron cinco anos. Antes, os barcos fondeaban na r\u00eda e as mercador\u00edas eran trasladas en barcazas ata unha rampla. Preto dela estaba o antigo consistorio, que non en van o lugar foi o centro neur\u00e1lxico de Ribadeo. O citado como \u2018actual\u2019 peirao ten acollido dende aquela varias reformas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/3_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/3_.jpg\" class=\"wp-image-479\" width=\"352\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Seguindo uns cantos pasos, nas mesmas escaleiras que sinalan a baixada a Porcill\u00e1n, somos informados de novo, nunha ambigua menci\u00f3n coa correspondente factura de Sargadelos, de que estamos no Peirao de Porcill\u00e1n <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=V%C3%ADctor+Moro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">V\u00edctor Moro<\/a>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/4_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"506\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/4_.jpg\" class=\"wp-image-480\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E non temos m\u00e1is que dobrar a esquina para atopar o mural que sobre a vida de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Leopoldo+Calvo+Sotelo\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Calvo Sotelo<\/a> espera a quen queira mirar. Inaugurado o 3 de maio de 2009, un ano despois do seu pasamento, e constru\u00eddo \u2018por subscrici\u00f3n popular\u2019, o que foi Presidente do Goberno e \u00e9 alcalde honorario enfila a r\u00eda dende el. E faino tam\u00e9n sobre outro banco, este orientado cara \u00e1s Figueiras, r\u00eda por medio. Banco das mentiras? De seguro que si, al\u00ed se te\u00f1en contado moitas. E verdades. Mirando \u00e1 r\u00eda e \u00f3 mar, con avantaxe de miras fronte \u00f3 anterior citado.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/5_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"286\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/5_.jpg\" class=\"wp-image-481\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tirando para embarcar nesa r\u00eda, na protecci\u00f3n da antiga enseada protexida no 1884, outra placa de Sargadelos inf\u00f3rmanos outra vez m\u00e1is de que estamos no Peirao de Porcill\u00e1n. \u00c9 dicir, no lugar dende, antes de ser peirao, <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Raimundo+Ib%C3%A1%C3%B1ez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Ib\u00e1\u00f1ez<\/a> trafegaba coas s\u00faas mercador\u00edas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/6_.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"328\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/6_.jpg\" class=\"wp-image-482\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>\u00c9 a final das indicaci\u00f3ns que comentaba \u00f3 comezo. Mais un final \u00f3 que se chega tras pasar outra indicaci\u00f3n sinalando que o 20 de xullo de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/1981\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">1981<\/a> o agora em\u00e9rito Rei e Dona Sof\u00eda al\u00ed desembarcaron e fixeron unha visita a Ribadeo, actuando Leopoldo Calvo-Sotelo de anfitri\u00f3n. E final tam\u00e9n onde espera a lancha de pasaxe para se se quere facer un recorrido m\u00e1is al\u00f3 de terra.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Un treito de cincuenta metros que pode levar un bo tempo recorrelos se apreciamos todos os detalles que ofrece. Os ditos e moitos m\u00e1is que se poden observar de vagar.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Escrito para o libro das Festas do Carme 2024: 50 m de Porcill\u00e1n &nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai veces que Porcill\u00e1n ant\u00f3llase tranquilo, mesmo dir\u00edase aburrido. 29 de maio a media tarde: a r\u00eda iluminada, boa temperatura, pouca xente, a m\u00e1is dela sentada no mari\u00f1eiro ou nos bancos fronte \u00e1 r\u00eda, embarcaci\u00f3ns deportivas por medio. Ser\u00eda un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":477,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[25],"class_list":["post-476","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-festas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/476","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=476"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/476\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/477"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=476"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=476"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=476"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}