{"id":4746,"date":"2021-02-25T08:53:00","date_gmt":"2021-02-25T07:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T12:41:16","modified_gmt":"2024-11-04T11:41:16","slug":"sobre-obligatoriedade-das-vacinas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/25\/sobre-obligatoriedade-das-vacinas\/","title":{"rendered":"SOBRE A OBRIGATORIEDADE DAS VACINAS. Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O d\u00eda 11 de febreiro de 2021 o Sr. Alcalde de Ribadeo colgaba unhas declaraci\u00f3n na p\u00e1xina web do concello (ver a parte final deste <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/02\/coronavirus-onde-non-debera-haber.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">post<\/a>) onde ped\u00eda \u00e1 Xunta de Galicia que acelerase os tr\u00e1mites para facer obrigatoria a vacina anticovid e acusaba de \u201cnegacionistas e ego\u00edstas\u201d aos familiares de unha usuaria da nova residencia da terceira idade de Ribadeo que rexeitaron a vacina exercendo a sua opci\u00f3n legal de vacinarse ou non dacordo ca normativa vixente en todo o estado espa\u00f1ol.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No d\u00eda de onte, o Parlamento Galego, cos votos exclusivos do PP aprobou a reforma da Lei de Sa\u00fade que esixia o Sr. Alcalde de Ribadeo e a partir de agora a obligatoriedade das vacinas anticovid poderase implantar en Galicia deixando tranquilo e satisfeito a este alcalde do BNG dende 2007.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Namentras, a Asociaci\u00f3n Galega para a Defensa da Sanidade P\u00fablica emit\u00eda un comunicado o d\u00eda 22 de febrero rexeitando a devandita obligatoriedade, o d\u00eda 20 faciao a Plataforma Sanitaria de A Mari\u00f1a e  o d\u00eda 18 pronunci\u00e1base en contra a Plataforma SOS Sanidade P\u00fablica de Galicia. Asemade a deputada nacionaista Mar\u00eda Albert pronunci\u00e1base en contra do proxecto do PP por \u201crestrinxir dereitos fundamentais creando un estado de alarma permanente\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En realidade a rexeita da obligatoriedade \u00e9 pr\u00e1cticamente un\u00e1nime no estado espa\u00f1ol, en Europa, entre as autoridades sanitarias, nomeadamente na OMS e mesmo entre os profisionais do ramo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ao marxen do debate sobre a restricci\u00f3n de deritos individuais que ten abondas referencias nos medios e nas redes imos suli\u00f1ar brevemente os aspectos mais salientables para rexeitar a vacina obrigatoria.<\/p>\n<p>1\u00ba Non se co\u00f1ece ainda con certeza cal vai ser a eficacia das vacinas que se est\u00e1n aplicando hoxend\u00eda. Non se co\u00f1ece o grado de inmunidade que van conferir en distintas edades, en diferentes estados da situaci\u00f3n inmunol\u00f3xica de cadaqu\u00e9n, non se sabe canto tempo pode durar a inmunidade, nen se ser\u00e1 necesario seguir vacin\u00e1ndose peri\u00f3dicamente.<\/p>\n<p>2\u00ba Non se co\u00f1ece o posible efecto raba\u00f1o. Se vai ser pequeno ou grande ou neng\u00fan. Seguramente dentro de poucos meses xa haber\u00e1 mais evidencias sobre esta cuesti\u00f3n nas distintas vacinas, pero ate agora \u00e9 un asunto desco\u00f1ecido a\u00ednnda que sexa moi desexable que se confirmen as expectativas mais optimistas.<\/p>\n<p>3\u00ba Non hai abonda experiencia para saber as posibeis complicaci\u00f3ns ou efectos secundarios nos diferentes grupos de idade, sobre todo a medio e longo prazo por raz\u00f3ns obvias.<\/p>\n<p>4\u00ba Calquer medida coercitiva suscita un efecto bumer\u00e1n que pode ser moi perxudicial para os obxectivos inicias. Particularmente nun pa\u00eds onde as vacinas tradicionais te\u00f1en unha aceptaci\u00f3n voluntaria superior ao 98 % e a vacina do Covid est\u00e1 tendo unha aceptaci\u00f3n superior ao 95 % nos colectivos prioritarios carece de sentido prantexarse a obligatoriedade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Con estes condicionantes non hai que esmagarse a cabeza para entender que a vacinaci\u00f3n obrigatoria non \u00e9 necesaria, pode ser perxudicial e non \u00e9 esaxerado cualificarla de medida publicitaria, demag\u00f3xica e dictatorial.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Finalmente conv\u00e9n lembrar que sobre o dia 22 de decembro de 2020 iniciouse un brote de coronavirus no Hospital Asilo de Ribadeo (a antiga residencia da terceira idade) no que resultaron afectadas unhas 30 persoas entre persoal e usuarias, das cales catro resultaron falecidas e moitas delas foron trasladadas a outros centros de Galicia. E debe suli\u00f1arse que o primeiro caso dese brote foi unha persoa que entraba e sa\u00eda acot\u00edo nas instalaci\u00f3ns do Hospital Asilo e a s\u00faa actividade ou profesi\u00f3n (que ti\u00f1a numerosos contactos sociais e amplos desprazamentos) non estaba inclu\u00edda nas que prevee o regulamento aprobado pola Xunta de Galicia o d\u00eda 17 de setembro de 2020 para o control e prevenci\u00f3n da infecci\u00f3n por coronavirus nos centros da terceira idade. Folga crarexar que o concello de Ribadeo \u00e9 o \u00fanico responable da xesti\u00f3n do Hospital Asilo de Ribadeo e que neste caso concreto non se aplicaron as medidas de control de acceso de persoas e profesionais que establece a norma devandita de 17 de setembro de 2020. Pola s\u00faa banda o concello de Ribadeo non reco\u00f1eceu estes datos amplamente contrastados e negou a existencia do primeiro caso, perfectamente referenciado por numerosas testemu\u00f1as. Asemade compre suli\u00f1ar que dende o comezo deste brote as actividades do profieional que puido ser o causante do brote no Hospital Asilo foron suspendidas e agora fanse polo televexo.<\/p>\n<p>Evaristo Lombardero Rico<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; O d\u00eda 11 de febreiro de 2021 o Sr. Alcalde de Ribadeo colgaba unhas declaraci\u00f3n na p\u00e1xina web do concello (ver a parte final deste post) onde ped\u00eda \u00e1 Xunta de Galicia que acelerase os tr\u00e1mites para facer obrigatoria a vacina anticovid e acusaba de \u201cnegacionistas e ego\u00edstas\u201d aos familiares de unha usuaria da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,27],"class_list":["post-4746","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-sanidade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4746"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4746\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}