{"id":474,"date":"2024-06-20T19:11:00","date_gmt":"2024-06-20T17:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T10:44:32","modified_gmt":"2024-10-23T08:44:32","slug":"10-anos-e-un-dia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/06\/20\/10-anos-e-un-dia\/","title":{"rendered":"10 anos e un d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p><span><\/p>\n<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/Felipe_VI_2023.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/06\/Felipe_VI_2023.jpg\" class=\"wp-image-475\" width=\"470\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Felipe VI, lic. <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by\/2.0\/deed.gl\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">CC BY SA 2.0<\/a> dende <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Felipe_VI_2023.jpg\">https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Felipe_VI_2023.jpg<\/a><\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>&nbsp;<\/span><\/p>\n<p><span>10 anos e un d\u00eda<br \/>\n<\/span><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>&#8216;X m\u00e1is un d\u00eda&#8217; te\u00f1o entendido que \u00e9 a expresi\u00f3n dun tempo en clave xur\u00eddica para que non se lle poda rebaixar de golpe unha sentencia a algu\u00e9n, quedando como posibles s\u00f3 rebaixas parciais, encadradas dentro da mesma categor\u00eda de gravidade que o feito penado co de &#8216;X m\u00e1is un d\u00eda&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Pois onte, 19 de xu\u00f1o, o rei actual da monarqu\u00eda espa\u00f1ola cumpriu 10 anos de monarca. Cabe resaltar que accedeu a ese posto por herdanza, por suposto, pero ademais, non por morte do seu predecesor, sen\u00f3n por abdicaci\u00f3n. Algo que, din, salvou unha monarqu\u00eda desprestixiada por diversas acci\u00f3ns do monarca. E onte mesmo, un diario revela que o actual rei mantivo contactos co plut\u00f3crata presidente emir comandante supremo emirat\u00ed acolledor do abdicado monarca antecesor, nas datas anteriores e posteriores a ir vivir \u00f3s soleados lugares do golfo. Mentres, de portas a f\u00f3ra o monarca fac\u00eda acto de cortar comunicaci\u00f3n co seu antecesor na cadeira real. Iso, hai xa anos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Case vinte e nove anos antes dese 19 de xu\u00f1o de 2014 que se lembrou onte, era o agora em\u00e9rito quen era coroado rei \u00e1 morte do ditador, en cumprimento da lei de sucesi\u00f3n na xefatura do estado de 1947. Tres anos m\u00e1is tarde estar\u00eda inscrito na constituci\u00f3n xa democr\u00e1tica que o estado espa\u00f1ol \u00e9 unha monarqu\u00eda parlamentaria. Texto, por certo, que comeza co seu nome a t\u00edtulo de rei de Espa\u00f1a, precedendo a calquera outra afirmaci\u00f3n constitucional, inclu\u00edda a citada antes do art\u00edculo 1\u00ba da Constituci\u00f3n. Despois de varios anos residindo f\u00f3ra, e non cotizando aqu\u00ed, o pasado ano recomezou as visitas a alg\u00fan dos seus antigos vasallos en territorio peninsular.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A<\/span>gora, na celebraci\u00f3n dos dez anos de reinado do segundo rei despois de Franco, somos informados de que a princesa Leonor levaba un vestido de Roberto Verino, galego el, e de que puxo unha nota entra\u00f1able de paso que lle daba as grazas \u00f3 pai (non en nome do pobo, sen\u00f3n como filla) polas ensinanzas recibidas. Creo lembrar que no seu momento, o actual rei fixo algo parello&nbsp; (dar as grazas) co rei anterior (o que dimitiu), antes da serie de esc\u00e1ndalos que dez anos despois de dimitir e unha labor continuada de propaganda, parece que vai chegando atenuada \u00f3s nosos o\u00eddos. Cabe lembrar que a princesa ser\u00e1 a pr\u00f3xima monarca? Si, cabe lembrar que est\u00e1 a prepararse o cami\u00f1o para unha monarca entra\u00f1able. Quizais sexa o adxectivo elixido para caracterizar ese per\u00edodo futuro de monarqu\u00eda, entra\u00f1able, como para o anterior foi &#8216;campechano&#8217;. Coido que o actual non tivo unha preparaci\u00f3n semellante (preparaci\u00f3n de adxectivo, digo) por falta de tempo \u00f3 ser unha transici\u00f3n precipitada pola abdicaci\u00f3n; o termo &#8216;preparado&#8217; aplicado \u00f3 actual monarca foi algo do momento, asegurando un valor para os primeiros tempos, que despois foi esquec\u00e9ndose.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Agora estamos xa no segundo decenio de reinado. Pasamos pois a outra categor\u00eda: de a\u00ed os festexos celebrados.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Quedar\u00eda moito por dicir, as vidas dos reis pasados enchen colecci\u00f3ns de libros. E a preparaci\u00f3n indica que tam\u00e9n quedar\u00e1 moito por saber e dicir no futuro.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Un detalle final: o dicionario da RAG axusta que Rei se escribe con mai\u00fascula cando se trata de nomear \u00f3s Reis Magos, pero non noutro caso.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Felipe VI, lic. CC BY SA 2.0 dende https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:Felipe_VI_2023.jpg &nbsp; 10 anos e un d\u00eda &nbsp;&nbsp;&nbsp; &#8216;X m\u00e1is un d\u00eda&#8217; te\u00f1o entendido que \u00e9 a expresi\u00f3n dun tempo en clave xur\u00eddica para que non se lle poda rebaixar de golpe unha sentencia a algu\u00e9n, quedando como posibles s\u00f3 rebaixas parciais, encadradas dentro da mesma categor\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":475,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/474","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=474"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/474\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/475"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}