{"id":4702,"date":"2021-03-07T11:27:00","date_gmt":"2021-03-07T10:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T10:35:34","modified_gmt":"2024-11-04T09:35:34","slug":"demasiadas-reivindicacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/03\/07\/demasiadas-reivindicacions\/","title":{"rendered":"Demasiadas reivindicaci\u00f3ns?"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Onte en Ribadeo tiveron lugar a inauguraci\u00f3n dunha estatua na praza oito de marzo e a concentraci\u00f3n dos primeiros s\u00e1bados de mes polas pensi\u00f3ns. Non ter\u00eda nada de raro sen\u00f3n porque houbo unha coincidencia de horas. A concentraci\u00f3n polas pensi\u00f3ns leva celebr\u00e1ndose varios anos os primeiros s\u00e1bados de mes \u00e1 mesma hora, as 12 da ma\u00f1\u00e1. A inauguraci\u00f3n da estatua, l\u00f3xicamente, \u00e9 un evento \u00fanico, que ademais, cel\u00e9brase f\u00f3ra do d\u00eda 8 de marzo, central da celebraci\u00f3n arredor da muller e no que hai convocada outra actividade a outra hora diferente das 12. Independentemente de cousas como as medidas anti Covid, que en Ribadeo non soe ser dif\u00edcil cumprir pola pouca asistencia, o que houbera unha coincidencia horaria \u00e9 unha falta de coordinaci\u00f3n que expresa o que cada un vai polo seu lado, como se fora unha secuela do c\u00e9lebre &#8216;en Ribadeo cada un paga o seu&#8217;. E \u00e9 que est\u00e1 moi ben que se organicen actividades polo concello, pero o que non o est\u00e1 \u00e9 que non se miren as actividades que fan outros colectivos. Sobre todo porque unha porcentaxe significativa de xente dunha reivindicaci\u00f3n tam\u00e9n poder\u00eda estar na outra. Non, non son demasiadas reivindicaci\u00f3ns. \u00c9 invisivilidade das reivindicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Deixo unha foto da estatua na praza do 8M coa <a href=\"http:\/\/ribadeo.gal\/actualidade\/nova.php?id=3845&amp;lg=gal\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">nota do concello<\/a> a continuaci\u00f3n, e de Suso da concentraci\u00f3n sobre as pensi\u00f3ns, e o documento lido nesta.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/Foto_escultura_Ribadeo_2_-_copia.jpeg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"240\" height=\"180\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/Foto_escultura_Ribadeo_2_-_copia.jpeg\" class=\"wp-image-4703\" \/><\/a><\/p>\n<p><em>HABER\u00c1 MAIS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE MARZO<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nHomenaxe \u00e1 muller<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n06\/03\/2021<\/em><\/p>\n<p><em><\/p>\n<p>A escultura &#8220;Son o poder dentro de min&#8221;, en homenaxe \u00e1 muller, foi inaugurada este mediod\u00eda na Praza 8 de Marzo. Dese\u00f1ada pola artista Ana Vidal Su\u00e1rez foi realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Este \u00e9 un dos actos organizados pola Concellar\u00eda de Igualdade para conmemorar o D\u00eda Internacional das Mulleres.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nProfesores da Escola Municipal de M\u00fasica e Danza interpretaron tres pezas no acto desta ma\u00f1\u00e1 no que Ana Vidal explicou a idea e o significado do dese\u00f1o desta escultura e os Ferreiros de Mazonovo refer\u00edronse ao proceso de creaci\u00f3n. A concelleira de Igualdade, Mariluz \u00c1lvarez Lastra, na s\u00faa intervenci\u00f3n dixo que &#8220;\u00e9 unha escultura en homenaxe a todas as mulleres  do Concello, \u00e1s novas, \u00e1s adultas e \u00e1s maiores. Todas elas son  dignas de ter unha figura que as represente. Porque como reza o titulo da escultura Son o poder dentro de min, as mulleres somos poderosas.  Facemos sen ser conscientes do que somos capaces, dobre, triplas xornadas laborais, criamos solas \u00e1s veces, enfront\u00e1monos a aqueles que nos queren limitar polo simple feito de sermos mulleres. Loitamos no d\u00eda a d\u00eda contra o patriarcado que se resiste a que formemos esa sociedade igualitaria&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nA edil ribadense sinalou que &#8220;temos moito m\u00e1is poder do que pensamos ou \u00e1s veces do que n\u00f3s cremos, porque o noso poder a maior\u00eda das veces est\u00e1 invisibilizado e devaluado. Dende a Concellar\u00eda de igualdade levamos anos intentando po\u00f1elo en valor e damos un paso m\u00e1is na feminizaci\u00f3n de espazos da vila, despois dos rueiros, de darlles nomes de mulleres a aulas  dos Centros de Primaria e agora coa visibilizaci\u00f3n de figuras femininas ou de mulleres&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n\u00c1lvarez Lastra tam\u00e9n se referiu ao momento polo que atravesa a cultura e \u00e1s relaci\u00f3ns entre Asturias e Galicia: &#8220;tam\u00e9n quer\u00edamos  amosar o noso  apoio con este pequeno signo \u00e1 cultura, un sector moi castigado nestes momentos e moi necesario para sobrevivir tanto como pobo como persoas.Se algo  ti\u00f1a claro desde o principio \u00e9 que deb\u00eda ser unha muller a que dese\u00f1ara ou creara a obra. Non pod\u00eda ser doutra maneira. Cando Ana me presentou o bocexo da obra e a idea de facela en ferro mesturando as\u00ed as diferentes artes e po\u00f1endo en valor o tradicional non puiden resistirme.  E ademais, quer\u00edamos rachar esas fronteiras que nunca existiron coas vilas lim\u00edtrofes de Asturias, ag\u00e1s neste \u00faltimo ano coas que nos obriga a pandemia,  porque  queremos que en Ribadeo tam\u00e9n haxa esa irmandade entre culturas como  a que existe na realidade desta vila entre Galicia e Asturias&#8221;.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPor outra banda, a Concellar\u00eda de Igualdade desenvolver\u00e1 ao longo deste mes diferentes iniciativas como talleres nos centros educativos de Secundaria e a creaci\u00f3n do Espazo de autocoidados en tempos de pandemia, que ten como obxectivo fomentar o empoderamento e a autoestima das mulleres adultas. Ser\u00e1 dinamizado pola psic\u00f3loga Marina L\u00f3pez de Prado en sesi\u00f3ns reducidas de 5 persoas. Levaranse a cabo 10 sesi\u00f3ns dunha duraci\u00f3n de 1 hora e 30 minutos. O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro venres, 12 de marzo, e actividade comezar\u00e1 o 16 deste mes.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8212;<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><\/em><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/20210306pensionistas_2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"577\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/20210306pensionistas_2.jpg\" class=\"wp-image-4704\" width=\"637\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/20210306pensionistas_1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"925\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/20210306pensionistas_1.jpg\" class=\"wp-image-4705\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p><em><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/concentraci25C325B3npensi25C325B3ns20210306.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"361\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/concentraci25C325B3npensi25C325B3ns20210306.jpg\" class=\"wp-image-4706\" width=\"642\" \/><\/a><\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em>&nbsp;<\/em><em>A pr\u00f3xima xuntanza, o 3 de abril.<\/em><\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A guinda. Non importa que se estean a aplicar as medidas anti Covid ou outra cousa, sempre haber\u00e1 comentarios como o que escoitei cami\u00f1o do Cant\u00f3n, diante de Casa Arango. Algo as\u00ed como &#8216;Que ser\u00e1 aquel grupo?&#8217;. &#8216;Non sei. Pode que os xubilados&#8217;. &#8216;Pois ben poucos son&#8217;. Sen importar, claro, os tres anos cos altibaixos de asistencia, as reivindicaci\u00f3ns en si, que non son &#8216;os xubilados&#8217;, sen\u00f3n que son xente que tenta defender as condici\u00f3ns de traballo e de xubilaci\u00f3n de todos, sen importarlles \u00f3s comentaristas (neste caso, \u00e1s comentaristas) que era o defendido, ou a outra concentraci\u00f3n, a de mulleres, que tampouco \u00edan para al\u00ed nin aparentemente, con pr\u00e9sa para outro sitio determinado.<\/p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Onte en Ribadeo tiveron lugar a inauguraci\u00f3n dunha estatua na praza oito de marzo e a concentraci\u00f3n dos primeiros s\u00e1bados de mes polas pensi\u00f3ns. Non ter\u00eda nada de raro sen\u00f3n porque houbo unha coincidencia de horas. A concentraci\u00f3n polas pensi\u00f3ns leva celebr\u00e1ndose varios anos os primeiros s\u00e1bados de mes \u00e1 mesma hora, as 12 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4703,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[103,22,9,19],"class_list":["post-4702","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos","tag-pensions","tag-sociedade","tag-suso-fernandez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4702","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4702"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4702\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4703"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4702"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4702"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4702"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}