{"id":4698,"date":"2021-03-09T11:21:00","date_gmt":"2021-03-09T10:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T10:35:22","modified_gmt":"2024-11-04T09:35:22","slug":"18-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/03\/09\/18-anos\/","title":{"rendered":"18 anos"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/estat25C325ADsitcasGalipedia.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"100\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/03\/estat25C325ADsitcasGalipedia.jpg\" class=\"wp-image-4699\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; 18 anos. Maior\u00eda de idade. Cando isto escribo, d\u00eda da reivindicaci\u00f3n dos dereitos e celebraci\u00f3n da muller, este feito ocupa as primeiras p\u00e1xinas nos xornais, tendencia que tende a consolidarse estes anos e que tenta responder a unha necesidade que considero evidente nun movemento que ten historia abondo como para ter acadado a maior\u00eda de idade, \u00f3 tempo que permanece ligado a unha expresi\u00f3n de minor\u00eda de idade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O mesmo d\u00eda, vexo aparecer nun xornal un estudo da USC que manifesta que no conxunto dos dous campus da universidade, s\u00f3 unha quinta parte das clases se dan en galego. O castel\u00e1n \u00e9 hexem\u00f3nico, ocupando un oco o ingl\u00e9s (1 cada 40 clases). Especif\u00edcase que nos \u00faltimos anos a porcentaxe de clases impartidas en galego ten pouca flutuaci\u00f3n, mant\u00e9ndose abondo m\u00e1is baixo que o estaba hai 10-15 anos. \u00c9 dicir, tal parece que o galego est\u00e1 acadando non a maior\u00eda, sen\u00f3n a minor\u00eda de idade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E miro, pero non vexo, unha nova que considero importante resaltar, non por ser un aniversario, que o \u00e9, sen\u00f3n polo que representa: tam\u00e9n se cumpren 18 anos do nacemento da Galipedia, a versi\u00f3n galega da Wikipedia, e hai anos xa a maior enciclopedia en galego, que ademais \u00e9 libre e colaborativa. Podemos sumarlle que \u00e9 moi posible que sexa a web en galego m\u00e1is visitada (sen considerar o conxunto web da Xunta), que ten proxectos irm\u00e1ns que medran d\u00eda a d\u00eda, como a calidade e cantidade dos artigos da Galipedia&#8230; ou que \u00e9 unha ferramenta para a supervivencia e independencia da cultura e da lingua galegas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Coido que nese aniversario hai abondo que celebrar con esperanza. A esperanza nas posibilidades que ofrece algo que hoxe chega \u00e1 maior\u00eda de idade legal, a\u00ednda que para a Galipedia non te\u00f1a sentido, non tanto por non afectarlle o sistema legal de maior\u00eda de idade para as persoas como porque xa leva sendo grande dende hai anos. E diversa. Po\u00f1er o fincap\u00e9 nas m\u00e1is de 2000 revisi\u00f3ns feitas na entrada &#8216;Deportivo da Coru\u00f1a&#8217; poder\u00edan dar unha imaxe distorta de que temas trata a Galipedia, se &#8216;Reino de Galicia&#8217; &#8216;Lista das aves de Galicia&#8217; ou &#8216;Rosal\u00eda de Castro&#8217;, entre abondas outras, non estiveran todas con m\u00e1is de 1000 revisi\u00f3ns, ou non tivera m\u00e1s de 100 artigos con m\u00e1is de 500 revisi\u00f3ns cada un -cabe especificar que &#8216;revisi\u00f3n&#8217; pode equipararse a &#8216;mellora&#8217;-. Ou as 2900 visitas de usuarios realizadas en xaneiro \u00e1 entrada &#8216;Kobe Bryant&#8217; ou as case 700 a &#8216;Ricardo Carballo Calero&#8217;, ou as 12000 en febreiro a &#8216;Acta \u00danica Europea&#8217;, ou os 11 mill\u00f3ns de p\u00e1xinas vistas o mes pasado, ou os douscentos mill\u00f3ns vistas nos \u00faltimos dous anos, ou as 50 novas p\u00e1xinas que se crean cada d\u00eda&#8230; Por cifras non vai quedar. E, no coraz\u00f3n de moitos de n\u00f3s xa ten asemade o seu lugar. Iso non significa que non te\u00f1a eivas. Volvendo \u00f3 comezo do artigo, a participaci\u00f3n da muller como editora est\u00e1 en porcentaxes moi baixos, e, sendo a principal fonte de informaci\u00f3n sobre temas galegos, que o \u00e9, queda moita Galicia por estar presente, tanto como contido como en participaci\u00f3n. Pero, dende cando a maior\u00eda de idade representa ter todo feito?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; 18 anos. Maior\u00eda de idade. Cando isto escribo, d\u00eda da reivindicaci\u00f3n dos dereitos e celebraci\u00f3n da muller, este feito ocupa as primeiras p\u00e1xinas nos xornais, tendencia que tende a consolidarse estes anos e que tenta responder a unha necesidade que considero evidente nun movemento que ten historia abondo como para ter acadado a maior\u00eda [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4699,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[63],"class_list":["post-4698","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-galipedia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4698","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4698"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4698\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4699"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4698"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4698"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4698"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}