{"id":4675,"date":"2021-03-14T21:27:00","date_gmt":"2021-03-14T20:27:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T10:34:44","modified_gmt":"2024-11-04T09:34:44","slug":"os-propios-deuses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/03\/14\/os-propios-deuses\/","title":{"rendered":"Os propios deuses"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Inmersa na evoluci\u00f3n xeral da humanidade, podemos observar tam\u00e9n unha evoluci\u00f3n na que os humanos comezaron considerando que todo depende directamente dun ou outro &#8216;deus&#8217; para logo ir transformando e relaxando esa dependencia e volvendo \u00e1s persoas m\u00e1is independentes, reforzadas en n\u00f3s mesmas. Ese reforzo colleu \u00e1s coa tecnolox\u00eda, e hoxe tal parece que sexamos os humanos os propios deuses&#8230; dependentes das nosas criaturas tecnol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Recollo unha idea, a de que calquera tecnolox\u00eda abondo avanzada non pode diferenciarse da maxia, e apl\u00edcoa a actualidade. Non \u00e9 xa s\u00f3 que podamos facer cousas como aparecer fantasmas das nosas persoas queridas para falar con elas niso que chamamos videochamada. \u00c9 que podemos facer revivir \u00f3s mortos e moverse, e falar, de xeito artificial&#8230; ou a unha persoa viva facerlle dicir e facer calquera cousa que queiramos, co que iso leva consigo en canto a posibilidades de manipulaci\u00f3n e engano. Facemos maxia e cr\u00e9monos magos. R\u00edome eu do que a\u00ednda son agora as mentiras profundas ou deep fakes en comparaci\u00f3n coas posibilidades cada vez m\u00e1is abertas, xa coa tecnolox\u00eda de hoxe en d\u00eda (a\u00ednda que polo momento s\u00f3 para as entidades con &#8216;posibles&#8217;) e os autoenga\u00f1os de poderes sobrenaturais.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Entre aquel &#8216;a vida \u00e9 so\u00f1o&#8217; de Calder\u00f3n e a distop\u00eda de Matrix imos facendo cami\u00f1o nunha realidade cambiante. non s\u00f3 no cambio normal ata o de agora, dependente do tempo, sen\u00f3n noutro m\u00e1is sofisticado, no que \u00e9 a nosa propia consideraci\u00f3n do que \u00e9 a realidade o que cambia. Se ata o de agora sab\u00edamos que o noso co\u00f1ecemento dos outros \u00e9 s\u00f3 relativo, estamos aproxim\u00e1ndonos a un punto no que o noso desco\u00f1ecemento dos outros \u00e9 tan absoluto que mesmo desco\u00f1ecemos o desco\u00f1ecemento. Hai tempo daquilo do &#8216;teatro da vida&#8217;, que fomos interiorizando, para chegar \u00e1 vida a trav\u00e9s da pantalla: non teatro, sen\u00f3n cine interactivo con todos os recursos tecnol\u00f3xicos que sup\u00f3n a manipulaci\u00f3n dixital.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Deuses. Si, cos p\u00e9s de lama, capaces de comunicarnos co outro extremo do noso planeta cunha ferramenta que sabemos manexar, pero que ningu\u00e9n poder\u00eda constru\u00edr s\u00f3 e dende cero. Capaces de facer aut\u00e9ntica maxia para ollos de hai un par de s\u00e9culos, pero a maior\u00eda capaces de tragarnos calquera feito transmitido polas redes sociais sen pensar en po\u00f1er un filtro con alg\u00fan criterio de veracidade. Cunha interacci\u00f3n social cada vez m\u00e1is intensa pero m\u00e1is difusa, chegando \u00f3 contrario da especializaci\u00f3n: de &#8216;saber todo de nada&#8217; a &#8216;non saber nada de todo&#8217;, ou, o que \u00e9 semellante, non saber nada de nada tendo \u00e1 man un &#8216;algo&#8217; que consideramos &#8216;todo&#8217;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E mentres o futuro vai chegando cada vez menos paseni\u00f1o, sexa a vixilancia exhaustiva (seguro que non te atopaches ningunha c\u00e1mara de vixilancia nas \u00faltimas horas?) ou destruci\u00f3n medioambiental (tranquilo: &#8216;un conto; por unha especie arriba ou abaixo&#8230; mentres non sexa a nosa!). Pasando por pandemias (din os estudos que se est\u00e1n a incrementar as posibilidades), temos as crises econ\u00f3micas para tirar das sociais e as pol\u00edticas e irnos metendo medo e leis protectoras (de quen? de n\u00f3s mesmos?), si, sent\u00edmonos deuses. Ben, m\u00e1is ben, conform\u00e1monos con ser deusi\u00f1os.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Inmersa na evoluci\u00f3n xeral da humanidade, podemos observar tam\u00e9n unha evoluci\u00f3n na que os humanos comezaron considerando que todo depende directamente dun ou outro &#8216;deus&#8217; para logo ir transformando e relaxando esa dependencia e volvendo \u00e1s persoas m\u00e1is independentes, reforzadas en n\u00f3s mesmas. Ese reforzo colleu \u00e1s coa tecnolox\u00eda, e hoxe tal parece que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,40],"class_list":["post-4675","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-tecnoloxia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4675","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4675"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4675\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}