{"id":4659,"date":"2021-03-21T13:20:00","date_gmt":"2021-03-21T12:20:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T10:34:17","modified_gmt":"2024-11-04T09:34:17","slug":"competicion-entre-sociedades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/03\/21\/competicion-entre-sociedades\/","title":{"rendered":"Competici\u00f3n entre sociedades"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A sociedade pode ama\u00f1arse sen n\u00f3s. N\u00f3s sen a sociedade t\u00e9molo cru.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Estamos metidos en, vivimos en, sociedade. Un invento noso que nos fixo como somos a medida que a fomos facendo como \u00e9. Non fai falta ser soci\u00f3logo para reco\u00f1ecer a importancia do feito social para todas e cada unha de n\u00f3s como persoas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E, \u00f3 igual que as persoas, as sociedades, as agrupaci\u00f3ns baixo estruturas estatais, calquera dos conxuntos sociais que conforman a sociedade humana, tam\u00e9n te\u00f1en enfermidades e desaxustes. Feitos que non son diagnosticados co mesmo punto de vista que as persoas, por m\u00e9dicos, sen\u00f3n mirando doutros xeitos por estudosos diversos que non te\u00f1en por que ser soci\u00f3logos de formaci\u00f3n. Pero que si deben ter unha compo\u00f1ente de visi\u00f3n xeral, social ou\/e empat\u00eda polos demais para comprender as interacci\u00f3ns m\u00e1is al\u00f3 do abstracto, na s\u00faa afecci\u00f3n \u00f3 sentimento das persoas. \u00c9 dicir, para ir m\u00e1is al\u00f3 do abstracto.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E nestas, chegou a pandemia. Como expresi\u00f3n da enfermidade das persoas, mais tam\u00e9n como manifestaci\u00f3n de desaxuste social. Por causa e efectos. Sociais, si. E m\u00e1is al\u00f3 de se a orixe da pandemia tivo causa natural forzada pola fatiga da natureza ante tanto cambio que lle estamos a impor ou os cambios de costumes impostos polas normativas (tam\u00e9n impostas).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E \u00e9 que, \u00f3 igual que o futuro dunha persoa enferma depende do tratamento, de xeito parello nunha pandemia o futuro da sociedade que a sufre depende do tratamento seguido. Remarco o de seguido en troques de recibido porque unha cousa \u00e9 que un m\u00e9dico receite determinada beberaxe e costumes de vida (repouso, longos paseos, dieta&#8230;) a unha persoa e outra que a enferma tome a menci\u00f1a do xeito pautado e se ate\u00f1a \u00e1 dieta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; A pandemia -est\u00e1 comezando a albiscarse- pode actuar como unha desvantaxe para unhas sociedades en relaci\u00f3n a outras, non s\u00f3 polo custe das vacinas ou as m\u00e1scaras ou pola incomodidade de levalas e efectos que podan ter de empeoramento de condici\u00f3ns de vida. Quizais estamos centrados nos custes inmediatos do &#8216;aqu\u00ed e agora&#8217; e iso non nos permite ver ben os custes diferidos, como se ten visto coa discusi\u00f3n que con diversos matices houbo entre &#8216;matar a econom\u00eda&#8217; e &#8216;deixar que morran as persoas&#8217;. Ou entre o &#8216;erradicar a pandemia&#8217; e &#8216;mantela controlada&#8217;. Alternativas con efectos a curto prazo diferentes, pero tam\u00e9n con evoluci\u00f3ns diferentes entre eles a medio e longo prazo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mentres, as persoas tam\u00e9n temos unha mentalidade como individuos e como<br \/>\nintegrantes da sociedade. E cada quen procura un equilibrio entre a dedicaci\u00f3n a si propio e \u00f3s demais. E unha enfermidade afecta a<br \/>\n ese equilibrio: \u00e1s veces temos que gardar cama, o que nos impide<br \/>\nrelacionarnos do xeito \u00f3 que estamos afeitos, ou sinxelamente gardar repouso, afectando \u00f3 traballo (e \u00e1 diversi\u00f3n), levando consigo uns custes internos e<br \/>\n uns custes externos, en diferente proporci\u00f3n para cada persoa. Algu\u00e9n que<br \/>\nviva \u00f3 d\u00eda, sen aforros, nin despensa non ter\u00e1 a mesma tranquilidade nin<br \/>\n necesidade de sa\u00edr dun repouso que outra persoa con aforros e a neveira<br \/>\n chea.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; De xeito semellante, a procura do equilibrio entre &#8216;custes externos&#8217; e &#8216;internos&#8217; en cada pa\u00eds foi (\u00e9) diferente en funci\u00f3n de variables como o xeito de control da pandemia, pero tam\u00e9n da densidade de poboaci\u00f3n, illamento posible, tama\u00f1o, dependencia internacional, necesidade de movemento das persoas (viaxes internos e internacionais) ou distancia social acostumada. As\u00ed, na competencia entre sociedades, xa podemos ver as consecuencias dos diferentes impactos da pandemia segundo esas variables. Ou ten afectado o mesmo \u00e1 China que \u00e1 Uni\u00f3n Europea?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Moitas cousas a considerar, m\u00e1is al\u00f3 dunha charla de bar&#8230; das que se dan moito nesta \u00e9poca (a\u00ednda que parece que se te\u00f1en trasladado tam\u00e9n \u00f3s lugares de decisi\u00f3n).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Miraremos algo m\u00e1is al\u00f3 dos nosos foci\u00f1os? Dos nosos intereses\/apetencias persoais\/posibilidades?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; A sociedade pode ama\u00f1arse sen n\u00f3s. N\u00f3s sen a sociedade t\u00e9molo cru. &nbsp;&nbsp; Estamos metidos en, vivimos en, sociedade. Un invento noso que nos fixo como somos a medida que a fomos facendo como \u00e9. Non fai falta ser soci\u00f3logo para reco\u00f1ecer a importancia do feito social para todas e cada unha de n\u00f3s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[75,18,32,9],"class_list":["post-4659","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-coronavirus","tag-educacion","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4659","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4659"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4659\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4659"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4659"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4659"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}