{"id":4568,"date":"2021-04-20T16:30:00","date_gmt":"2021-04-20T14:30:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:51","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:51","slug":"se-queres-ser-cidadan-paga-por-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/20\/se-queres-ser-cidadan-paga-por-unha\/","title":{"rendered":"Se queres ser cidad\u00e1n, paga por unha conta no banco."},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/04\/europersoa.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" height=\"320\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/04\/europersoa.jpg\" class=\"wp-image-4569\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Europersoa escrava<\/span>\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Se queres ser cidad\u00e1n, paga por unha conta no banco<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ata o de agora, chegaba con nacer nun lugar para ser cidad\u00e1n del, ou, alternativamente, nacer de determinados pais para ter a mesma cidadan\u00eda que eles. Ata o de agora. E \u00e9 que est\u00e1 a cambiar a cousa. E non estou nin sequera a falar da compra de cidadan\u00eda por inversi\u00f3n de unha determinada cantidade, que coido que a \u00faltima vez que vin algo do tema, era unha inversi\u00f3n inmobiliaria de medio mill\u00f3n de euros, pero d\u00e1 igual se a cifra \u00e9 dobre ou metade. Estamos nun tempo de cambio onde levando por diante a revoluci\u00f3n dixital como bandeira, unha determinada dixitalizaci\u00f3n, non a \u00fanica posible, est\u00e1 a levarnos por diante a n\u00f3s. Hai m\u00faltiples indicios e non tan s\u00f3 indicios nese sentido, mais pode que o m\u00e1is alucinante -podes atopar outro adxectivo se che peta- sexa o aproveitamento dobre da dixitalizaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Expl\u00edcome. Hoxe, vas a un banco e literalmente non te queren al\u00ed. Demasiado custe para as arcas bancarias, segundo parece. Queren os teus cartos, claro, ou mellor a\u00ednda, que consumas &#8216;produtos&#8217; bancarios, sexan tarxetas ou pr\u00e9stamos, de xeito que te podan cobrar a m\u00e1is de polo mantemento da conta, polo produto en cuesti\u00f3n. Pero \u00e9 que act\u00faan como se xa consideraran os cartos coma seus antes de que entres pola porta&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Ent\u00f3n, vas e pensas cousas referidas \u00f3 banco e \u00e1s contas que poidas ter nel como &#8216;non me fan falta&#8217;, ou &#8216;podo prescindir deles&#8217; e semellantes. Pero resulta que est\u00e1s trabucado. Se non usas os seus produtos, ent\u00f3n c\u00f3branche m\u00e1is por manter unha conta. E se anulas as contas bancarias? Pois ent\u00f3n non podes nin pagar impostos nin recibir subvenci\u00f3ns, a\u00ednda descontando que podas cobrar en man o salario correspondente e outra morea de cusas. Non \u00e9 xa s\u00f3 que te podas sentir marxinado, sen\u00f3n que ou pagas ou te expulsan do sistema. Ou sexa, te\u00f1en os teus cartos secuestrados para sacarlle r\u00e9ditos: os inconvenientes, para ti, chega con que lle pagues as cotas que che pidan.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Chegados a este punto, lembro unha vella co\u00f1a que circulaba hai tempo e que vexo en parte materializada no que expo\u00f1o. A cousa \u00eda m\u00e1is ou menos as\u00ed, nunha conversa entre un labrego e un entendido no tema:<\/p>\n<p><em>&#8211; E logo, cal \u00e9 a diferencia entre o comunismo e o capitalismo?<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Pois&#8230; ti tes unha vaqui\u00f1a que coidas, alimentas e che d\u00e1 leite, non?<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Te\u00f1o.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Pois os comunistas qu\u00edtanche a vaqui\u00f1a.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Ai, non! E os capitalistas?<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Os capitalistas d\u00e9ixanche a vaqui\u00f1a para que mante\u00f1as.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; Ah! Ben.<\/em><\/p>\n<p><em>&#8211; &#8230; logo qu\u00edtanche o leite.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E mentres, ent\u00e9raste pola prensa de que hai pa\u00edses que queren desfacerse dos cartos en papel: m\u00e1is negocio para os bancos, m\u00e1is posibilidade de control para o estado ou quen o controle. E lembras que os bancos p\u00fablicos, \u00e9 dicir, con vocaci\u00f3n de servizo como obxectivo, desapareceron salvo para actuar como reguladores e imprimir moeda&#8230; a\u00ednda que sexa virtual!<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Nota final: outro d\u00eda podemos falar dun tema lateral neste caso e central na econom\u00eda actual, o que \u00e9 o que son os cartos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Europersoa escrava Se queres ser cidad\u00e1n, paga por unha conta no banco &nbsp;&nbsp; Ata o de agora, chegaba con nacer nun lugar para ser cidad\u00e1n del, ou, alternativamente, nacer de determinados pais para ter a mesma cidadan\u00eda que eles. Ata o de agora. E \u00e9 que est\u00e1 a cambiar a cousa. E non estou nin [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4569,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,13],"class_list":["post-4568","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4568","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4568"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4568\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4569"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4568"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4568"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4568"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}