{"id":4563,"date":"2021-04-22T15:23:00","date_gmt":"2021-04-22T13:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:44","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:44","slug":"novidades-sobre-o-acceso-publico-illa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/22\/novidades-sobre-o-acceso-publico-illa\/","title":{"rendered":"NOVIDADES SOBRE O ACCESO P\u00daBLICO A ILLA PANCHA. Nota de prensa Por Nuestro Faro"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/04\/portaillaPancha.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"483\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2021\/04\/portaillaPancha.jpg\" class=\"wp-image-4564\" width=\"587\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Aspecto actual do acceso \u00e1 illa Pancha\n<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>NOVIDADES SOBRE O ACCESO P\u00daBLICO A ILLA PANCHA<\/p>\n<p>Por Nuestro Faro<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Como xa temos informado ata a saciedade, o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de actividade para os apartamentos tur\u00edsticos da illa Pancha o d\u00eda 1 de decembro de 2017, despois de que a inspecci\u00f3n t\u00e9cnica comprobase que naquela data, \u00e1s d\u00faas da tarde a porta de acceso \u00e1 Illa Pancha estaba aberta \u201cde par en par\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Tam\u00e9n temos publicado repetidamente que unha das condici\u00f3ns que po\u00f1\u00eda o concello era que o acceso p\u00fablico \u00e1 toda a illa estivese garantido para os ribadenses e visitantes.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Asemade lembraremos que nin a porta, nin a a ponte, nin os accesos aos apartamentos entraban dentro da concesi\u00f3n aprobada pola Autoridade Portuaria o d\u00eda 30 de Xu\u00f1o de 2015. A devandita concesi\u00f3n s\u00f3 inclu\u00eda uns cincocentos metros cadrados a car\u00f3n do antigo faro e pequenas parcelas colindantes. Ou sexa, non inclu\u00eda os 4300 metros cadrados con vexetaci\u00f3n da illa.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Mesmo temos reproducido a publicidade da empresa concesionaria que anunciaba \u201ctoda la isla a disposici\u00f3n exclusiva\u201d ou \u201cuna isla con acceso restringido\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Seguindo cos feitos comprobados, en xaneiro de 2019, despois de seis meses d\u00e1ndonos voltas no concello e tras recorrer \u00e1 lei de Transparencia diante da Valedora de Pobo Galego, que obrigou ao concello a facilitarnos o acceso a esa documentaci\u00f3n, puidemos consultar a parte do expediente que se refer\u00eda \u00e1 concesi\u00f3n da licenza de apertura e por primeira vez comprobamos, negro sobre branco, que unha condici\u00f3n b\u00e1sica para conceder esa licenza era que a porta estivese aberta ao p\u00fablico. Xa pasara mais de un ano, o concello ti\u00f1a agochada esa informaci\u00f3n e a porta segu\u00eda pechada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Os d\u00edas once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha segu\u00eda pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en co\u00f1ecemento da opini\u00f3n p\u00fablica. S\u00f3 suli\u00f1ar que o Sr. Alcalde non respondeu.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O d\u00eda 24 de xu\u00f1o de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscal\u00eda do Xulgado de Mondo\u00f1edo polo recorte dos dereitos democr\u00e1ticos dos veci\u00f1os, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos mais significativos que avaliaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscal\u00eda confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha d\u00fabida. Pero a porta segu\u00eda pechada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; E houbo que agardar ao 3 de outubro de 2019, ou sexa 21 meses, para que o concello de Ribadeo notificase por escrito \u00e1 empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao p\u00fablico a porta de acceso \u00e1 Illa Pancha. En todo ese tempo o concello non moveu peza para defender os dereitos lex\u00edtimos dos veci\u00f1os e estivo dando largas e apoiando o interese particular dunha empresa privada. E non s\u00f3 iso, ocultouse a informaci\u00f3n e todo seguir\u00eda no segredo dos papeis se non fose polas denuncias do noso colectivo. Folga suli\u00f1ar que en abril de 2021, tres anos e catro meses despois de conceder a licenza a porta segue pechada.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O motivo desta longa introduci\u00f3n \u00e9 que nas \u00faltimas horas tivemos acceso a unha nova documentaci\u00f3n, que non podemos publicar integramente por condicionantes legais, na que se constata que o concello est\u00e1 obrigado a tomar medidas eficaces para garantir aos veci\u00f1os o libre exercicio do seu dereito a facer uso dos terreos non concesionados da Illa Pancha. Neste novo expediente, que por certo obra en poder do concello sen que o te\u00f1a comunicado \u00e1 opini\u00f3n p\u00fablica, aparece  \u00a119 veces!, negro sobre branco que a lexislaci\u00f3n vixente esixe que o vecindario te\u00f1a acceso libre a un espazo p\u00fablico e n\u00f3s engadimos que o concello de Ribadeo non fai nada para beneficio e aproveitamento privado.  En concreto tr\u00e1tase de un proceso xudicial, no que o noso grupo non tivo unha participaci\u00f3n directa e do que non podemos dar mais datos polas limitaci\u00f3ns anteditas, pero debemos informar de que temos o texto \u00edntegro do mesmo, que solicitamos ao Xulgado n\u00ba 2 do Contencioso Administrativo de Lugo e recibimos no d\u00eda de antonte e que confirma plenamente que a porta da Illa Pancha debe estar aberta ao p\u00fablico sin ning\u00fan tipo de restrici\u00f3ns. Entendemos que o concello de Ribadeo ten a responsabilidade institucional e democr\u00e1tica de dar conta aos veci\u00f1os de esta informaci\u00f3n por tratarse dun asunto p\u00fablico de interese xeral. E non se trata de compensar sen\u00f3n de cumprir a lei diante da veci\u00f1anza.<\/p>\n<p>COLECTIVO POR NUESTRO FARO<\/p>\n<p>Ribadeo 22 de Abril de 2021<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aspecto actual do acceso \u00e1 illa Pancha NOVIDADES SOBRE O ACCESO P\u00daBLICO A ILLA PANCHA Por Nuestro Faro &nbsp;&nbsp;&nbsp; Como xa temos informado ata a saciedade, o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de actividade para os apartamentos tur\u00edsticos da illa Pancha o d\u00eda 1 de decembro de 2017, despois de que a inspecci\u00f3n t\u00e9cnica [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":4564,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[37],"class_list":["post-4563","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-illa-pancha"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4563","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4563"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4563\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4564"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4563"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4563"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4563"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}