{"id":4562,"date":"2021-04-23T09:12:00","date_gmt":"2021-04-23T07:12:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:41","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:41","slug":"ria-de-ribadeo-pancho-campos-dorado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/23\/ria-de-ribadeo-pancho-campos-dorado\/","title":{"rendered":"R\u00cdA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>R\u00cdA DE RIBADEO<\/p>\n<p>Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Filibusteros \u00e9 a palabra que emprega o dicionario para referirse \u00e1s pragas infecciosas dos piratas do Caribe, xente putrefacta empe\u00f1ada en apropiarse do alleo por v\u00eda mar\u00edtima. Esas cuadrillas de individuos que turran, turran e turran unha e outra vez empe\u00f1ados en apropiarse do alleo, e non cabe d\u00fabida de que o que buscan os patrioteiros do Principado de Asturias \u00e9 o bot\u00edn arqueol\u00f3xico subacu\u00e1tico que hai por miles de pezas no fondo da R\u00eda de Ribadeo. O nome da r\u00eda claro que importa, pois perdida a identidade topon\u00edmica do lugar pasa de ser do Reino de Galicia, a ser un top\u00f3nimo inventado e compartido co Principado, ente xur\u00eddico que se dedica a expandir o seu territorio desde fai s\u00e9culos a costa dos territorios galegos, e para iso vai inventando cousas. Tal exemplo t\u00e9molo en aquel <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_I_de_Asturias\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Afonso I<\/a> \u201co Cat\u00f3lico\u201d, ou sexa, lacaio da igrexa cat\u00f3lica, xenro de Don Pelaio pois estaba casado coa s\u00faa filla Ermesinda, e que un d\u00eda pola ma\u00f1a deulle a turrada, e procl\u00e1mase primeiro rei de Asturias, cando Asturias sempre foi unha provincia da Gallaecia e nunca un reino documentado como tal, por m\u00e1is que aos \u201cespa\u00f1olistos\u201d facedores de historietas o escriban en libros, libretos e na Internet. O seu sucesor <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Froila_I\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fruela I<\/a> (757-768) era tan sumamente malvado que o asasinaron, iso si deulle tempo de fundar Oviedo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Ribadeo \u00e9 un porto estrat\u00e9xico do Cant\u00e1brico desde a \u00e9poca comercial celta-grega de m\u00e1is de dous mil anos de antig\u00fcidade. Todos eses vestixios hist\u00f3ricos patrimoniais est\u00e1n enterrados no fondo da R\u00eda de Ribadeo. A s\u00faa localizaci\u00f3n tan estrat\u00e9xica no Cami\u00f1o de Santiago e no comercio mar\u00edtimo do Atl\u00e1ntico, v\u00edrona no s\u00e9culo XII tanto os bispos de Oviedo e de Mondo\u00f1edo, como o rei <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VII_de_Le%C3%B3n\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Alfonso VII<\/a> \u201co Emperador\u201d (rei 1126-1157, fillo de D.\u00aa Urraca e coroado rei de Gallaecia en Santiago por <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Diego_Xelm%C3%ADrez\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Xelm\u00edrez<\/a> en 1111 e como emperador en Le\u00f3n en 1135) e ampl\u00eda a s\u00faa xurisdici\u00f3n real en detrimento dos intereses bispais de abadengo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Nestes intres do s. XII, o bispado de Mondo\u00f1edo perde contra do bispado ovetense a xurisdici\u00f3n do territorio de Reboredo que se converter\u00e1 no concello de Castropol, punta de lanza do convento ovetense e m\u00e1is tarde do Principado de Asturias, contra os intereses da Galiza e de Ribadeo ata os nosos d\u00edas (por algo seguimos sen Xulgado de 1\u00aa estancia e de outros organismos oficiais).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; No s\u00e9culo XIII Ribadeo \u00e9 s\u00e9 episcopal con Igrexa Catedral-Colexiata e chega a ser o Porto comercial m\u00e1is importante do Cant\u00e1brico como consecuencia tam\u00e9n do seu rango de Vila e do privilexio de Carta Puebla con dereito a celebrar mercado, que lle concedera <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Fernando_II_de_Le%C3%B3n_e_Galicia\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Fernando II<\/a> (rei 1157-1188 da Galiza, de Le\u00f3n e doce anos tam\u00e9n de Toledo, durante a minor\u00eda de <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Afonso_VIII_de_Castela\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Afonso VIII<\/a>, o das Navas de Tolosa).<br \/>\nRibadeo no s\u00e9culo XIII \u00e9 bocado territorial moi apetecible para moitos intereses, cuxo valor chega aos nosos d\u00edas, e se no s\u00e9culo XII tivo o bispado de Oviedo o atranco dos interese do rei e non consegue facerse coas Terras de Ribadeo e de Miranda, volven a turrar e turrar unha e outra vez, sempre que atopan unha debilidade no goberno do Reino de Galicia. Hai varios preitos anuais desde primeiros do s\u00e9culo XVI contra os intereses do comercio do sal que chega ao porto de Navia e cuxas alcabalas cobraba o Conde de Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Turrar, turrar, turrar esa \u00e9 a cuesti\u00f3n, ata que fan a falcatruada no s\u00e9culo XVI, cando chega a ser VI Conde Ribadeo e II Conde de Salinas de A\u00f1ana (\u00c1lava), Diego G\u00f3mez de Sarmiento e Villandrando, un personaxe que vende ao Principado de Asturias en 1551 en Medina del Campo (vamos, ao lado de Ribadeo!) as Terras de Ribadeo e as s\u00faas servidumes intre Eo-Navia por 8500 ducados. Esas terras eran do Reino de Galiza e non eran propiedade do conde, pero por aquelas datas o menosprezo sementado polos reis cat\u00f3licos cara a Galiza, que hab\u00eda que queimala e arrasala como fora, matar, aforcar e despanzurrar antes de morrer a todo individuo con asomo de fidalgu\u00eda galega, era un momento moi axeitado para os intereses do Principado, que fac\u00eda un s\u00e9culo que exist\u00eda e ti\u00f1a ga\u00f1as de chegar canto antes co territorio \u00e1 Coru\u00f1a (na Internet, mapas de Asturias cos marxes territoriais na Coru\u00f1a, Lugo, Ourense e Pontevedra, hai uns cantos exemplos). As\u00ed se escribe a historia confeccionada da Hispania-espa\u00f1olista.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; A estratexia secular dos gobernos de Asturias por conseguir gobernar o Porto de Ribadeo nunca se perdeu, e volven turrar no ano 1958, aproveitando a ditadura franquista, xa que Franco estaba casado cunha asturiana e \u00e9ralles f\u00e1cil chegar a el, pois na \u201cCorte de Oviedo\u201d non o pod\u00edan ver e parece ser que el quer\u00eda granxearse o seu favor. Pois ben, neste ano 1958 a administraci\u00f3n franquista fixo a delimitaci\u00f3n interprovincial que lle deu a gana, trasladando a \u201cli\u00f1a de marcos\u201d da ribeira asturiana ata o medio da R\u00eda de Ribadeo, pasando polo arte de \u201cbirlibirloque\u201d miles de hect\u00e1reas da provincia de Lugo, para a provincia de Oviedo, cando a marcaci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo foi sempre en ambas ribeiras do territorio do Reino de Galiza. Pero non cabe d\u00fabida de que aqueles do goberno da provincia de Oviedo, foron falcatrueiros listos, e aqueles gobernadores da provincia de Lugo non mov\u00edan un dedo por nada que puidese desacomodalos do posto onde tan ben viv\u00edan. Aquela trapallada franquista quedou tapada para os ribadenses, que non se decataron de nada, pois aquel agosto de 1958 foron inaugurados por Franco o Parador de Turismo e o Instituto Laboral \u201cCarlos Mar\u00eda Rodr\u00edguez de Valcarcel\u201d, ambos establecementos moi desexados por todos os veci\u00f1os de Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Outra sibilina turrada, e non cabe d\u00fabida que de \u201cxente lista\u201d que est\u00e1 a todo o que se menea, foi a denominaci\u00f3n no ano 2011 do espazo da Biosfera \u201cOscos, Rio Eo e Terras de Bur\u00f3n\u201d onde toda a toponimia das Terras de Ribadeo e de Miranda se asolagou dun plumazo. Que pasaba en Ribadeo no ano 2011? Hab\u00eda elecci\u00f3ns municipais. Levaban gobernando en coalici\u00f3n PSOE e BNG (2007-2011) e aquel ano ga\u00f1ou o BNG por maior\u00eda absoluta (2011-2015). Que lles pasou a estes dous partidos para permitir isto? Sinto moit\u00edsimo dicilo pero coment\u00e1ronme que  \u201cnon pensaban que tivera importancia pois non se nomeaba tampouco a Asturias\u201d. Eu escrib\u00edn denunciando esta barbaridade topon\u00edmica en dous artigos sobre a \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2017\/09\/buronlandia-e-buronlandia-ii-francisco.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Buronlandia<\/a>\u201d que se acababa de crear (tam\u00e9n en La Comarca del Eo 1-outubro-2011 e 2-novembro-2011), pero igual deu, non entenderon o que leron, si \u00e9 que os leron.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Agora volve o goberno do Principado de Asturias a turrar co nome da R\u00eda de Ribadeo, con sa\u00f1a por sacar un bo bocado, coma sempre. Por que agora?. Sen lugar a d\u00fabida porque quere ter o control dos p\u00e9cios e dos restos arqueol\u00f3xicos da R\u00eda de Ribadeo para encher as vitrinas dos seus museos ata rebousar. Agora van a chegar fondos europeos para a recuperaci\u00f3n econ\u00f3mica de Espa\u00f1a, na inxente cantidade de di\u00f1eiro de 140 mil mill\u00f3ns de euros que ser\u00e1n repartidos entre as comunidades. Veredes como aparecer\u00e1 a beata santurrona con pantal\u00f3ns, que nos loubar\u00e1 o ben que o fai o PP no goberno da Xunta de Galiza e cuxo modelo deber\u00eda ser extrapolable ao resto do Estado, pois hai que ver o ben reparte migallas de calderilla por Ribadeo.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Seguro que sabe traballar mellor a cuesti\u00f3n monetaria o Principado que a Xunta, s\u00f3 hai que ver o impulso que lle deu aos Oscos, a Taramundi, etc. pero na R\u00eda de Ribadeo non podemos deixarnos cabalgar por tama\u00f1os veci\u00f1os que nos tocaron en sorte, pois o que cabalga ten dominio da cabalgadura, tena amestrada, domada, sometida, e non \u00e9 o caso cos veci\u00f1os de Ribadeo. Asturias aliouse con Le\u00f3n, Castela ou Santander para destripar e esquecerse da Gallaecia ou Reino de Galiza de onde eran provincias e condados. Chegaran farfallando a onde queiran chegar, pero neste lado da R\u00eda de Ribadeo nin somos primos nin irm\u00e1ns deles, somos ribadenses, algo xenu\u00edno que s\u00f3 se atopa na boa xente.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O Porto de Ribadeo \u00e9 nestes momentos gracias a \u201cbenevolencia\u201d (ou incompetencia?) da Xunta de Galiza, o porto occidental de Asturias por excelencia. De aqu\u00ed saen case 500 mil Tm. \u00f3 ano de pasta de papel cuxa papeleira da postos de traballo \u00f3s asturianos. Todos os montes da nosa comarca galega plantan eucaliptos para esa papeleira asturiana que tam\u00e9n establece os prezos de compra, cuxo monto da escasamente para repoboar a maior\u00eda das pequenas fincas que est\u00e1n plantadas. Os cami\u00f3ns que traen a pasta \u00f3 muelle de Ribadeo son de compa\u00f1\u00edas asturianas conducidos por asturianos. Do porto de Ribadeo viven escasamente unha ducia de persoas galegas a d\u00eda de hoxe, cando antes viv\u00edan m\u00e1is da metade das familias da poboaci\u00f3n de Ribadeo. A Capitan\u00eda Mar\u00edtima estivo comandada desde a d\u00e9cada de 1980 ata fai un ano, por un mari\u00f1o mercante asturiano, incluso o Pr\u00e1ctico do Porto de Ribadeo \u00e9 asturiano. A Xunta reparte prebendas para que sigan vindo cargar a Ribadeo a pasta da empresa privada ENCE, e reb\u00e1ixalles as taxas do porto para que estean contentos, en vez de sacar avante as infraestruturas necesarias para que o porto sexa rendible. Levantar ou peraltar a t\u00e1boa da Ponte dos Santos ata os 45 ou 50 metros cunha ponte colgante ou atirantada pois hai que tirar as pilastras centrais que estorban ao tr\u00e1fico e a manobra polo canal, dragar a r\u00eda ata os sete ou dez metros de calado cribando a area para salvar as pezas arqueol\u00f3xicas que aparecer\u00e1n por centos ou miles a esa profundidade, desescombrar a obra incivil que desde 1980 os \u201cenxe\u00f1eiros\u201d de Cami\u00f1os, Canales e Portos de mentalidade obtusa e faltos de toda pr\u00e1ctica competente, foron incorporando a r\u00eda e transformaron un porto comercial nunha marisma para cullaretos de ras. Hai que limpar todo o escombro desa escollera e levar por diante todos os diques do porto deportivo e situalo na Vilavella para deixar di\u00e1fano o canal para o tr\u00e1fico mar\u00edtimo. Para que queremos os ribadenses nestas condici\u00f3ns o noso porto? Que se vaian, que carguen a pasta no porto \u201cdel Navia\u201d, no de Castropol, no de Figueiras, no da Veiga, que a leven en trens ou en tractores a cargar a Avil\u00e9s, \u00f3 Musel de Xix\u00f3n. Non nos est\u00e1n ameazando constantemente con esa verborrea vergo\u00f1enta?. Pois que se vaian dunha puta vez da R\u00eda de Ribadeo que con ese mediocre comercio mar\u00edtimo te\u00f1en \u00f3s da Xunta de Obras de Portos da Galiza obnubilados e pasmados. En Portos de Galiza te\u00f1en que po\u00f1erse a traballar por Ribadeo e deixarse de alugar ao mellor postor o Faro da Illa Pancha ou deixar de percibir dereitos de amarre que autofinanciar\u00edan o dragado da r\u00eda e a s\u00faa rehabilitaci\u00f3n. Que se po\u00f1an a traballar como fixeron os vascos na R\u00eda de Bilbao que transformaron aquela porcallada de r\u00eda en un magn\u00edfico centro tur\u00edstico de proxecci\u00f3n internacional. Vaian por al\u00ed e aprendan algo \u00a1\u00a1Viva Galiza Naci\u00f3n!! \u00c9rguete que te tan pisando!!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; R\u00cdA DE RIBADEO Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp;&nbsp; Filibusteros \u00e9 a palabra que emprega o dicionario para referirse \u00e1s pragas infecciosas dos piratas do Caribe, xente putrefacta empe\u00f1ada en apropiarse do alleo por v\u00eda mar\u00edtima. Esas cuadrillas de individuos que turran, turran e turran unha e outra vez empe\u00f1ados en apropiarse do alleo, e non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[11,46,56],"class_list":["post-4562","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-historia","tag-pancho-campos","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4562","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4562"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4562\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4562"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4562"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4562"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}