{"id":4556,"date":"2021-04-26T11:21:00","date_gmt":"2021-04-26T09:21:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:31","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:31","slug":"23-25-27-e-outros-dias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/26\/23-25-27-e-outros-dias\/","title":{"rendered":"23, 25, 27&#8230; e outros d\u00edas"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Os n\u00fameros, a m\u00e1is do seu significado de cantidade ou orde, poden admitir m\u00e1is significados simb\u00f3licos. O de data \u00e9 un dos posibles, e, dentro da data, a simbolox\u00eda da lembranza. No mes de abril os s\u00edmbolos multipl\u00edcanse. Collamos o d\u00eda 27. Para moita xente non ter\u00e1 un significado especial. Para min si \u00e9 moi particular: representa a data na que nac\u00edn hai xa moito tempo.&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O 25? Tam\u00e9n \u00e9 moi particular para min por outra raz\u00f3n, mais ten un significado que celebra a lembranza de todo un pobo, o pobo portugu\u00e9s, coa vista posta na s\u00faa revoluci\u00f3n. Pac\u00edfica, simbolizada polo caravel, mais emerxendo na memoria como un forte s\u00edmbolo polo que antes de conseguilo houbo que (houberon de) traballar e sufrir. Agora mir\u00e1molo como unha data festiva, con m\u00e1is ou menos simpat\u00eda, pero o s\u00edmbolo est\u00e1 a\u00ed, con vida propia, xa independente dos seus factores, dos que o fixeron posible, moitos xa mortos e esquecidos, e mesmo de cada un de n\u00f3s que estamos a contemplalo, a\u00ednda que cada un infl\u00faa na s\u00faa interpretaci\u00f3n e memoria nun conxunto social que o incorporou na s\u00faa traxectoria compartida.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; O 23 \u00e9 unha conmemoraci\u00f3n doutro tipo. Si, \u00e9 social tam\u00e9n, cun forte significado, mais doutro tipo. A\u00ednda que o seu reco\u00f1ecemento sexa meirande a nivel mundial que o 25, foi un acordo de oficina&nbsp; que o mesmo pod\u00eda terse tomado en favor do, po\u00f1amos, 1 de febreiro. A cabalo entre simb\u00f3lico e comercial, representa unha data que moita xente ancora na s\u00faa vida para mercar e ler alg\u00fan libro. A nivel particular meu, non me representa nada especial, pero \u00e9 un d\u00eda polo que me gusta pasar.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; E hai moitos m\u00e1is. En canto a representaci\u00f3n de data, todos os d\u00edas significan algo. Non fai falta que sexan impares consecutivos, nin que encaixen de xeito natural. Expl\u00edcome. Probemos a montar unha pequena pel\u00edcula, \u00e9 dicir, unha historia. O de menos, neste caso, \u00e9 que corresponda coa realidade. Non estamos nos tempos da fake news? Esta historia non ten nin o interese de amosarse como tal, sen\u00f3n como historia ficci\u00f3n, a\u00ednda que &#8216;ben puidera ter moito de realidade&#8217;. As\u00ed queda, coma unha homenaxe arredor do d\u00eda do libro&#8230; e doutros. Collamos o 6. O 6 de abril. Cel\u00e9brase o Estatuto de Autonom\u00eda de Galicia: 6 de abril de 1981. Que \u00e9 o que se celebra del? Foi o d\u00eda no que a S\u00faa Maxestade Juan Carlos I de Espa\u00f1a (e m\u00e1is t\u00edtulos) plasmou a s\u00faa sinatura xunto \u00e1 do Presidente do Goberno Espa\u00f1ol daquela, Leopoldo Calvo Sotelo, nuns papeis que levaban escrito o documento. E as\u00ed, cel\u00e9brase o 6. Pero&#8230; non foi publicada ata o 28 de abril, no BOE 101 de 1981. \u00c9 dicir, ata o daquela, non foi nin papel mollado. E xa temos outra data con tanta posibilidade de celebraci\u00f3n coma o 6 de abril, o 28. Como o BOE non \u00e9 ning\u00fan borb\u00f3n nin presidente de nada, a pesar de ser a data efectiva de posta en marcha, queda f\u00f3ra das celebraci\u00f3ns. Pero \u00e9 que hai outra data, a\u00ednda no 1980, que non se debe escapar. A celebraci\u00f3n, e aprobaci\u00f3n polo pobo, do referendo que d\u00e1 nacemento \u00f3 estatuto. Foi o 21 de decembro de 1980, sen BOE nin borb\u00f3n. Con baixa participaci\u00f3n, si, pero a ra\u00edz do traballo de formiga de moita xente que ser\u00eda unha idiotez cuantificar en n\u00famero, porque o traballo pode ser de diferentes intensidades, e e diferentes momentos no tempo, herdar o feito polos demais, o Estatuto de 36&#8230; Volvendo \u00f3 tema, que data se celebra?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Seguiremos a celebrar unha data, pero o pobo, soberan, -soberano?- f\u00edxoo posible noutra, tan a celebrar como aquela, pero que se conmemora doutro xeito, aparte, e a aplicaci\u00f3n real foi a partir doutra terceira, que non lembro ter escoitado celebrar nunca. Seguiremos. Isto das datas de celebraci\u00f3n ven ben como lembranza, pero a base diso, de lembrar o feito, rem\u00e1tase por esquecer os antefeitos, o traballo e ideas que levaron a que o feito fora posible. \u00c9 dicir, rem\u00e1tase por esquecer a base, o importante, o que \u00e9 necesario para manter vivo ese feito que celebramos e temos. Moitos outros d\u00edas dos que non escoitamos falar, que non quedaron nin para a lembranza, pero que fan posible que lembremos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; Os n\u00fameros, a m\u00e1is do seu significado de cantidade ou orde, poden admitir m\u00e1is significados simb\u00f3licos. O de data \u00e9 un dos posibles, e, dentro da data, a simbolox\u00eda da lembranza. No mes de abril os s\u00edmbolos multipl\u00edcanse. Collamos o d\u00eda 27. Para moita xente non ter\u00e1 un significado especial. Para min si \u00e9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,13],"class_list":["post-4556","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4556","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4556"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4556\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4556"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4556"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4556"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}