{"id":4553,"date":"2021-04-27T23:57:00","date_gmt":"2021-04-27T21:57:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:27","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:27","slug":"lembranza-emilio-pineroa-lozano-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/27\/lembranza-emilio-pineroa-lozano-pancho\/","title":{"rendered":"LEMBRANZA A EMILIO PI\u00d1EROA LOZANO. Pancho Campos Dorado"},"content":{"rendered":"<p>LEMBRANZA A <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Emilio%20Pi%C3%B1eiroa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">EMILIO PI\u00d1EROA LOZANO<\/a><\/p>\n<p>&nbsp;Pancho Campos Dorado<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Quero mandar desde estas li\u00f1as un grande e sentido p\u00e9same a t\u00faa muller Isabel, os teus fillos Rodrigo e Cristina e a toda a t\u00faa familia. Non sabes ben o que te vou a botar de menos, o que vou botar en falta a t\u00faa presenza os teus co\u00f1ecementos da Historia con mai\u00fascula.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; Mandab\u00e1monos washap todas as semanas para saber de ti desde decembro en que me contaches na habitaci\u00f3n daquel hospital da Coru\u00f1a o que che pasara na t\u00faa operaci\u00f3n de ves\u00edcula. Pasouche \u00f3s 68 anos o que a meu pai \u00f3s 58 anos, un m\u00e9dico que pide desculpas porque isto pode pasar cada 10 mil casos, e precisamente vosoutros f\u00f3stedes ese paciente 10 mil.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; As\u00ed \u00e9 a vida. A familia p\u00e9rdete e chora, e n\u00f3s, os teus amigos, tam\u00e9n choramos por ti, anque de pouco serve.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/emilio.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Emilio<\/a> era un profesor de Historia, xubilado fai nada, que estaba empe\u00f1ado en loitar incansablemente polo patrimonio hist\u00f3rico de Ribadeo, Celeiro, Barreiros, e polo patrimonio de toda a Mari\u00f1a en xeral. Estudaba e buscaba informaci\u00f3n documentada debaixo de mont\u00f3ns de papeis e pergami\u00f1os antigos de todo tipo, escrituras notariais, foros, testamentos, arrendamentos de terras de car\u00e1cter privado, no Arquivo da Catedral e no Diocesano de Mondo\u00f1edo, revisaba os libros de bautismos, casados e defunci\u00f3ns das igrexas da comarca, as actas dos concellos, particularmente no de Ribadeo, e mergull\u00e1base durante horas en bibliotecas privadas e p\u00fablicas para sacar informaci\u00f3n fidedigna de calquera tema que considerara interesante para publicar nos seus libros e artigos de prensa. As\u00ed, todos eles, son un legado de exquisita fonte documental.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Estaba acabando de rematar un magn\u00edfico estudo sobre os mortos nos enfrontamentos dos veci\u00f1os contra as tropas napole\u00f3nicas, o p\u00e9 da Igrexa de Nosa Se\u00f1ora das Virtudes da Ponte de Arante. Buscou todos e cada un dos nomes propios daquela inxusta masacre. Estaba entusiasmado por po\u00f1er unha placa conmemorativa nun dos frontes desta Igrexa das Virtudes e un pebeteiro que ser\u00eda prendido cunha chama en memoria dos heroes das vilas e tam\u00e9n dos mortos franceses o d\u00eda da celebraci\u00f3n da Festa das Cruces (In Memorian&#8230;La Comarca del Eo 02-agosto-2020). Traballo que non puido culminar debido o coronavirus.<br \/>\nEstaba encantado de ensinar ao mundo a Fervenza de Lexoso, un paraxe incomparable de augas fluviais no entorno dun bosque digno dun conto de fadas. Que tranquilidade se respira al\u00ed. Aquel d\u00eda que mo ensinaches quedei impresionado. Pero non che bastou con ensinarme todo aquelo, fomos ver a senda do Encanto, ver as s\u00faas pegadas na pena. Ti eras o mellor gu\u00eda tur\u00edstico que se pod\u00eda atopar na zona, concienciudo profesor que co\u00f1ec\u00eda cada pedra, un experto na s\u00faa historia e na que cada palabra t\u00faa era unha ensinanza a ter en conta.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; N\u00f3s, aquel d\u00eda acabamos a ruta na derru\u00edda igrexa-fortaleza do Bo Xes\u00fas de Ove, e desde aquel outeiro, recordo que nos entristecemos o contemplar a R\u00eda de Ribadeo en baixamar e d\u00e1banos pena ver tanta beleza en mans de tanta desidia da administraci\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Rep\u00edtoche Emilio, voute botar moito de menos, levab\u00e1monos moi ben e o teu \u00faltimo washap do d\u00eda 17 deste mes de abril dic\u00edasme \u201cvou algo mellor pero moi lento\u201d, logo xa non houbo m\u00e1is r\u00e9plica e tiven un mal presentimento.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Esperaba por ti, para seguir cos traballos de investigaci\u00f3n, como aquel que fixemos do henge de A Roda de Reinante (La Comarca del Eo, 10 de marzo de 2020), met\u00edchesme a febre de seguir estudando Historia e documentar sempre cada peza, cada vestixio, cada evidencia.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Estou seguro que como bo profesor, seguir\u00e1s explorando todos os recunchos dese sitio para onde te fuches, nese inmenso mundo das estrelas. Espero que unha noite en que mire \u00f3 ceo, te decates de que estou mirando e fagas un pequeno pestanexo para indicarme onde est\u00e1s. Adeus meu amigo, sempre ter\u00e1s un lugar na mi\u00f1a memoria e creo que na de todos os que te co\u00f1eciamos. Am\u00e9n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>LEMBRANZA A EMILIO PI\u00d1EROA LOZANO &nbsp;Pancho Campos Dorado &nbsp;&nbsp; Quero mandar desde estas li\u00f1as un grande e sentido p\u00e9same a t\u00faa muller Isabel, os teus fillos Rodrigo e Cristina e a toda a t\u00faa familia. Non sabes ben o que te vou a botar de menos, o que vou botar en falta a t\u00faa presenza [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[89,46],"class_list":["post-4553","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-emilio-pineiroa","tag-pancho-campos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4553"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4553\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}