{"id":4550,"date":"2021-04-29T13:33:00","date_gmt":"2021-04-29T11:33:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-04T09:45:23","modified_gmt":"2024-11-04T08:45:23","slug":"a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/29\/a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo\/","title":{"rendered":"A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO. Evaristo Lombardero"},"content":{"rendered":"<p>A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Anque xa temos tratado este tema anteriormente, \u00edmolo po\u00f1er ao <\/p>\n<p>d\u00eda polas circunstancias que todos co\u00f1ecemos. Tr\u00e1tase de citar alg\u00fan exemplo sobre a colaboura do concello de Ribadeo para extender a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d dende 2008.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00e9xamos en primeiro lugar o libri\u00f1o \u201cR\u00eda del Eo. Naturaleza entre dos aguas\u201d  en versi\u00f3n castel\u00e1 e \u201c<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2013\/06\/ria-de-ribadeo-usos-e-costumes-do-mar.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda de Ribadeo. Natureza entre d\u00faas augas<\/a>\u201d en versi\u00f3n galega. Este libro foi editado en maio de 2009, ou sexa un ano e dous meses despois de que a Comisi\u00f3n Especializada de Nomes Xeogr\u00e1ficos acordase que o nome R\u00eda de Ribadeo era o \u00fanico oficial e R\u00eda del Eo era un top\u00f3nimo err\u00f3neo de recente creaci\u00f3n. Suli\u00f1ar que este acordo non foi recurrido polo Principado de Asturias e pasou a ser de obrigado cumplimento polas administraci\u00f3ns p\u00fablicas do estado espa\u00f1ol.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O devandito libri\u00f1o foi promovido pola Asociaci\u00f3n Puente de los Santos e o CEDER Oscos-Eo, polo tanto financiado con fondos p\u00fablicos, sendo os principais dirixentes os alcaldes de Ribadeo, D. Fernando Su\u00e1rez e o de Castropol D. Jos\u00e9 Angel P\u00e9rez.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O principal obxectivo do traballo era a sua difusi\u00f3n entre os colexios da bisbarra, mesmo da banda de Asturias que na de Galicia e como dixemos ao comezo, unha edici\u00f3n f\u00edxose na lengua castel\u00e1 e outra na lengua galega. Como se pode comprender na lengua castel\u00e1 aparece sempre a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d pero na edici\u00f3n galega aparecen as duas denominaci\u00f3ns, xa dende a cuarta li\u00f1a da Introducci\u00f3n (pax. 11) onde se deixa moi claro que as duas denominaci\u00f3ns son igualmente v\u00e1lidas.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pediremos disculpas ao lector por relembrar que este libri\u00f1o saeu do prelo 14 meses despois do devandito acordo da Comini\u00f3n de Nomes Xeogr\u00e1ficos, de onde se desprende que incumpliu flagrantemente aquela disposici\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Prosigamos: O d\u00eda 18 de Maio do 2009, a media ma\u00f1\u00e1n, nas escaleiras do concello de Ribadeo, o Sr. Alcalde presentaba este libri\u00f1o aos medios de comunicaci\u00f3n e informaba da entrega de 900 exemplares nos colexios. No Pleno Municipal da mesma tarde o concelleiro do PSOE D. Balbino P\u00e9rez Vacas preguntaba ao Sr. Alcalde se hab\u00eda duas edici\u00f3ns de este libro, unha na que po\u00f1\u00eda \u201cR\u00eda del Eo\u201d e outra \u201cR\u00eda de Ribadeo\u201d. Nas p\u00e1xinas 34 e 35 da correspondente acta est\u00e1n as reviravoltas que deu o Sr. Su\u00e1rez antes de reco\u00f1ecer que hab\u00eda duas edici\u00f3ns (castel\u00e1 \u00e9 galega) despois de que o Sr. P\u00e9rez Vacas llo preguntase cinco veces. Ainda ben o Sr. Alcalde puxo a disculpa de que el non pod\u00eda decidir o que se fac\u00eda no concello de Castropol cos seus cartos, tratando de dar a impresi\u00f3n de que el non tivera nada que ver con aquela decisi\u00f3n conxunta dos organisnmos devanditos.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; O que ainda non pod\u00eda saber o Sr. P\u00e9rez Vacas a aquelas horas da tardi\u00f1a era que na edici\u00f3n galega tam\u00e9n figuraba, como d\u00edxemos, na cuarta li\u00f1a da introducci\u00f3n a declaraci\u00f3n rotunda de que a r\u00eda ti\u00f1a dous nomes, en aberta contradicci\u00f3n ca norma topon\u00edmica preceptiva nos documentos oficiais en  todo o estado espa\u00f1ol.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Pero a cousa non remata aqu\u00ed. Como antes dixemos, e as\u00ed consta nas suas p\u00e1xinas, aqueles libri\u00f1os estaban destinados ao colexios. Eso significa que nos 12 anos trancurridos ate hoxe e nos que ve\u00f1an detr\u00e1s, centos de nenos e nenas e tam\u00e9n centos de profesores e profesoras, tanto nos concellos galegos como nos asturianos, ter\u00e1n ao seu dispor un libro de unha calidade editorial insuperable, con centos de fotograf\u00edas de t\u00f3dolos elementos naturais da r\u00eda e onde aprender\u00e1n \u201cpara sempre e dende a escola\u201d que esta r\u00eda ten dous nomes equivalentes e ademais que foi promovido polos concellos de Castropol e Ribadeo, de mutuo acordo e consenso, sen problemas de ningunha clase. E o mesmo que nos colexios, estar\u00e1 nas bibliotecas p\u00fablicas ao dispor de veci\u00f1os, vistantes, estudosos, turistas etc. etc. Disc\u00falpeme de novo o lector por suli\u00f1ar a inestimable colaboura do Sr. Alcalde de Ribadeo para o mantemento da campa\u00f1a pol\u00edtica, mediat\u00edca e colonizadora que agora se volve a po\u00f1er de actualidade.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Por non extendernos excesivamente comentaremos brevemente os documentos da Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos e Terras de Bur\u00f3n, onde aparece 18 veces a denominaci\u00f3n R\u00eda del Eo e unha vez a f\u00f3rmula R\u00eda del Eo o de Ribadeo. Lembraremos que foi aprobada definitivamente en 2013, cando o Sr. Fernando Su\u00e1rez xa levaba seis anos como alcalde de Ribadeo e polo tanto formando parte dos \u00f3rganos directivos da devandita Reserva.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; En fin, para rematar suli\u00f1ar que no medio e medio da escollera, leva varios anos un cartel que anuncia o \u201cRio Eo\u201d, pero so ten metro e medio de alto por un metro de ancho. Como o feito que se repite anos tras ano, das exposici\u00f3ns de cadros, fotograf\u00edas, carteis etc. en locais do concello de Ribadeo, promovidas e financiadas  con fondos p\u00fablicos onde aparece unha e outra vez a denominaci\u00f3n ilegal \u201cR\u00eda del Eo\u201d (para uso polas administraci\u00f3ns p\u00fablicas do estado espa\u00f1ol).<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;<a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Evaristo%20Lombardero\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\"> Evaristo Lombardero Rico <\/a><\/p>\n<p>Ribadeo, 28 de abril de 2021&nbsp;<\/p>\n<p>A serie:&nbsp;<\/p>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/pleno-do-parlamento-de-asturias-do-27.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">PLENO DO PARLAMENTO DE ASTURIAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2019. RIA DEL EO VS RIA DE RIBADEO<\/a>.<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-de-ribadeo-vs-ria-del-eo-nas.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DE RIBADEO vs R\u00eda del Eo nas pol\u00edticas do Principado de Asturias (II)<\/a>.&nbsp;<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/05\/a-ria-del-eo-na-politica-do-principado.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A R\u00cdA DEL EO NA POL\u00cdTICA DO PRINCIPADO DE ASTURIAS (I)<\/a>.<\/h3>\n<h3 class=\"post-title entry-title\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2021\/04\/a-ria-del-eo-no-concello-de-ribadeo.html\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO<\/a>.<\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A RIA DEL EO NO CONCELLO DE RIBADEO &nbsp;&nbsp;&nbsp; Anque xa temos tratado este tema anteriormente, \u00edmolo po\u00f1er ao d\u00eda polas circunstancias que todos co\u00f1ecemos. Tr\u00e1tase de citar alg\u00fan exemplo sobre a colaboura do concello de Ribadeo para extender a denominaci\u00f3n \u201cR\u00eda del Eo\u201d dende 2008. &nbsp;&nbsp;&nbsp; V\u00e9xamos en primeiro lugar o libri\u00f1o \u201cR\u00eda del [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[34,11,56],"class_list":["post-4550","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-evaristo-lombardero","tag-historia","tag-ria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4550","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4550"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4550\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4550"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4550"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4550"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}